Pages Navigation Menu

Mariña Atlántica anuncia a súa intención de reiniciar as obras do porto deportivo de Massó

LA VOZ DE GALICIA

Mariña Atlántica reiniciará este mes o porto deportivo de Massó. A promotora afirma que a urbanización que proxecta en terra é «indisoluble» das instalacións náuticas. Os traballos comezaron en outubro do 2005 e paralizáronse trala oposición dun grupo de veciños

Autor: J. Santos

Marina Atlántica anuncia a súa intención de reiniciar as obras do porto deportivo de Massó, obras que foran paralizadas por un grupo de veciños agrupados no Foro Social de Cangas o mesmo día que comezaron, a principios de outubro do 2005.Nesta ocasión, os traballos comezarán pola reconstrución do chamado peirao roto, que está previsto prolongar ata case 600 metros en forma de «L» para abrigar a zona de atracada (uns 312 metros en dirección sur e 287 metros en dirección este).
En outubro de 2005, as obras iniciáronse co recheo anexo ao peirao de Massó
A promotora, que obtivera unha prórroga da Autoridade Portuaria de Vigo para executar o proxecto, está obrigada a reiniciar as obras do porto para non perder a concesión.
A empresa deixa claro que a urbanización que proxecta no Salgueirón é unha actuación «complementaria e indisoluble» co porto deportivo. Marina Atlántica conta con autorización da Autoridade Portuaria para a instalación naútica, pero non do Concello para o proxecto residencial en terra.
O Foro Social avisa que seguirá impediendo a construcción

O Foro Social de Cangas, colectivo que agrupa a asociacións e veciños
da localidade opostos á construción do porto deportivo, está decidido a continuar paralizando as obras desde o mesmo momento en que comecen. Mariña Atlántica adianta que o seu inicio producirase na segunda quincena deste mes. Conta cunha autorización da Autoridade Portuaria que o Foro cuestiona por entender que se produciron diversas irregularidades na súa tramitación, o que nega a promotora. A empresa introduciu algúns cambios no deseño do porto para reducir a ocupación da lámina de auga, do fondo mariño e dos rellenos previstos inicialmente. Mariña Atlántica asegura que realizou un intenso labor de explicación do proxecto aos grupos políticos e á cofradía de pescadores. O porto deportivo, previsto para 450 embarcacións, «dará sentido», engade a promotora, ao proxecto residencial, comercial e de lecer proxectado en Ou Salgueirón

 

One Comment

  1. Parece ser que a empresa Puentes y Calzadas insiste en tomar as decisións pola brava e tentar facer uso da política de feitos consumados, pensamos que a información que manexa é erronea, pode ser que por cegueira propia ou por acreditar a un mentireiro compulsivo como Ubaldino Rodríguez Bello, que lle vendeu parte da súa participación (Caixanova segue a ser maioritaria).
    Na documentación achegada a semana pasada polo Foro Social Pola Defensa do Pobo (plataforma de asociacións legalmente constituídas) aos concelleiros de Cangas figuran as seguintes denuncias:
    · Denuncia do Foro ante a Fiscalía de Medio Ambiente (2 de xuño 2006)
    · Denuncia por enaxenación de terreo público contra a Autoridade Portuaria de Vigo (7 agosto 2006)
    · Denuncia a Enrique Sotelo por presunta prevaricación, falsidade en documento público e tráfico de influencias polos convenios por el asinados (27 febreiro 2007)
    · Denuncia ao Secretario General para la Prevención de la Contaminación por prevaricación no proceso de formulación de Impacto Ambiental (21 setembro 2007)
    · Estudio de irregularidades penais na tramitación da concesión de porto deportivo e a sinatura do Convenio Massó (outubro 2007)
    Coas denuncias figura toda a documentación que corrobora as afirmacións que se fan.
    Hai ademais dous contenciosos presentados pola Confraría de Cangas (25 febreiro 2006)
    Ningunha das denuncias foi rexeitada, arquivada ou sobreseída, e están a percorrer o trámite xudicial normal ( por desgraza lento).
    Hai feitos fora de toda dúbida como:
    · O proxecto de porto deportivo parte dun solo cualificado como rústico de protección de espazos naturais no que está prohibido calquera tipo de edificación.
    · O concurso convocado pola Autoridade Portuaria de Vigo para a construción dun porto deportivo foi ilegal porque en terra existía outra concesión de fábrica de conservas que non foi recuperada e no mar unha autorización marisqueira da Confraría que non foi expropiada.
    · É IMPOSIBLE recibir as respostas ás consultas sobre un anteproxecto un 29 de xullo e EN UN DÍA realizar o proxecto que as teña en conta e o estudio de impacto ambiental correspondente para que o 30 de xullo estean a exposición pública (En marzo estivo na exposición pública o expediente administrativo, non o proxecto básico).
    · Entre esas respostas había un informe da Consellería de Pesca desfavorable, preceptivo e vinculante que foi totalmente ignorado.
    · O Convenio Massó foi asinado entre Enrique Sotelo e o representante de Frigoríficos do Morrazo o 6 de agosto de 2004, cando seis días antes, o 30 de xullo, a Autoridade Portuaria de Vigo autorizara o cambio de titularidade da concesión que tiña Massó Hermanos a favor de Residencial Marina Atlántico. Frigoríficos, por tanto, xa non era propietaria de parte dos terreos sobre os que asinaba un convenio.
    · Hai unha finca de dominio público marítimo terrestre que figura no Rexistro de Propiedade de Cangas como propiedade privada.
    · Ao tratarse dunha unidade de actuación e atoparse dentro do 500 metros da ribeira do mar, a aplicación da lei 6/2007 de 11 de maio de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral suspende durante dous anos ou ate que figure nun futuro Plan Xeral calquer tramitación urbanística sobre O Salgueirón.
    Con referencia ao auto que di poseer Puentes y Calzadas para que a Garda Civil protexa o inicio das obras do porto deportivo temos que comunicarlle que cando tivemos coñecemento de ese auto xa fixeramos unha comparecencia ante o Xulgado de Cangas para reclamar o cumprimento do artigo 3 da lei de enxuizamento criminal
    Artículo 3.
    Por regla general, la competencia de los Tribunales encargados de la justicia penal se extiende a resolver, para sólo el efecto de la represión, las cuestiones civiles y administrativas prejudiciales propuestas con motivo de los hechos perseguidos, cuando tales cuestiones aparezcan tan íntimamente ligadas al hecho punible que sea racionalmente imposible su separación.

    Por explicalo con un exemplo, si te tiveran que desaloxar dunha presunta propiedade privada, primeiro habería que demostrar que esa propiedade é realmente privada e non un terreo público usurpado no que terías todo o dereito do mundo a permanecer.
    Seguimos solicitando, por tanto, que se cumpra e faga cumprir a lei, e se dean os pasos necesarios para a restitución da legalidade e o inicio dun proceso no que sea o pobo de Cangas o que decida o destino destes terreos de actual cualificación industrial e de protección de espazos naturais.
    FORO SOCIAL DE CANGAS

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.