MEDINDO A FELICIDADE
Onde vivimos importa: Non é só un tópico nin se pode reducir a slogan dunha Consellería. Á marxe das circunstancias persoais e da nosa propia capacidade para atopar felicidade, o benestar depende incuestionablemente da posibilidade de levar unha vida digna e saudable, e isto é estadísticamente mais probable nuns lugares que en outros. Dende fai moito se tenta facer unha distribución xeográfica da felicidade cuantificando o nivel de benestar dos estados: Ata fai pouco se facía cun único parámetro, o crecemento económico, que reflectía a riqueza destes e se concretaba nas cifras do PIB e a renta per cápita. Actualmente este indicador está sendo moi cuestionado porque non expresa moitas das variables das que depende o nivel de satisfaccións dos cidadáns. De feito, o PIB pode aumentar, e nomeadamente o fai, en situacións de guerras e catástrofes naturais, e pode tamén ser moi elevado en estados onde non se respectan os dereitos civís ou onde existen diferencias económicas extremas. Ademais, as cifras do PIB se nutren de actividades económicas positivas tanto como da industria armamentísta e outras de moi dubidoso beneficio social.
O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) elaborado pola ONU introduce na medición, ademais do PIB, outros dous importantes indicadores do benestar social: A esperanza de vida e a educación (taxa de alfabetización de adultos, taxa de matriculación nos distintos niveis de ensinanza e anos de duración da educación obrigatoria). Este medidor revela xa (informe IDH 2008) que os índices elevados de PIB non se corresponden sempre coas outras variables do IDH, mesmo en EEUU.
Ata a Coca-Cola, despois de vender durante décadas felicidade embotellada (con e sen cafeína), realizou un amplo informe (aquí) sobre a felicidade onde se establece que a xente lle outorga ao nivel de renta menos importacia que a outros factores, como a saúde, ás relacións persoais e o xeito de vida. Neste estudio (moi contestado, entre outras cousas por anecdótico), as persoas que se declaran felices, teñen traballo, si, e tamén chegan a fin de mes, por suposto, pero tamén se din valoradas no seu posto de traballo e tardan en chegar a el menos de 15 minutos, entre outras cousas.
Ao marxe da Coca-Cola, actualmente se empeza a considerar a necesidade de crear un indicador que pondere tamén como elementos do benestar humano, a cultura, o coñecemento, a calidade do traballo e o nivel de realización persoal. Un dos factores recentemente considerado como determinante na satisfacción do cidadán é a eficiencia e transparencia na xestión pública das administracións. Existen xa organismos como Transparencia Internacional (TI) que avalían estes factores para desvelar os niveis de corrupción dos estados (e que, por certo, no último informe (Corrupción en España 2008) deixou en bastante mal ao noso).
Pero isto non é suficiente: Ademais é imprescindible considerar os custes sociais e ambientais das actividades que fan crecer a economía, a chamada pegada ecolóxica, na medida en que afecta de xeito directo á calidade do entorno. En definitiva, a sustentabilidade do modelo económico é un índice imprescindible para medir a calidade de vida. O Happy Planet Index realizado pola New Economic Foundation ofrece un cálculo estadístico da felicidade das nacións que introduce, xunto ao índice de benestar (IDH) e a esperanza de vida, a pegada ecolóxica como parámetro determinante. O mapa elaborado con estas cifras reflicte unha realidade que a moitos lles pode resultar sorprendente (aquí informe global): Moitos países considerados como pobres están moitos puntos por riba dos mais ricos en índice de “felicidade”. Así encabezan a clasificación sobre 178 países o archipiélago Vanuatu, no Pacífico, seguido de Colombia, Costa Rica, Panamá e Cuba, por este orden, países todos eles de baixo nivel económico pero con altos índices de satisfacción e esperanza de vida e unha puntuación moi baixa no apartado de pegada ecolóxica. A moitos puntos de distancia, no posto 87 do ranking, está España que con unhas lamentables cifras de incumprimento do protocolo de Kioto conseguiu un suspenso en pegada ecolóxica (4,8). Claro que peor é o caso de EEUU que se atopa no posto 150 invertendo as súas boas cifras de satisfacción e esperanza de vida cun dos peores índices ambientais do mundo (9,1), e baixando aínda mais no ranking, nun tamén vergonzoso posto 172 atopamos a Rusia. Nembargantes, os peores baremos son , non podía ser doutro xeito, para países cunha case ausente pegada ambiental que non compensa as cifras de mortaldade, á fame, ás constantes guerras e ao insoportable avasalamento das súa poboacións, todos eles no continente africano (Congo, Burundi, Swaziland e Zimbabue en último lugar): Son os países mais infelices do mundo.
Aínda que non sexan absolutos, estes números son alomenos moi reveladores porque subverten a relación entre felicidade e consumo ata fai pouco tempo incuestionada e orixe das políticas de todos os estados, tendentes a mellorar de calquera xeito as taxas de crecemento económico (aumentando o consumo) e a xustificar con iso actuacións que descoidan por completo os mais elementais principios de conservación ambiental, saúde pública e incluso a continuidade das actividades económicas no tempo. Fanse necesarias outras políticas encamiñadas a favorecer un entorno saudable e habitable. Non falamos deses grandes investimentos en infraestructuras que seguen centrando a propaganda institucional, senón de racionalidade e conservación da escala humana na planificación urbanística: Onde vivimos importa; a Consellería debería empezar a tomarse en serio o seu propio slogan. Falamos da preservación dos espacios naturais e da promoción de modelos de sustentables en todos os ámbitos, dende o transporte ata o turismo. É posible que deste xeito esteamos mais preparados para afrontar a previsiblemente longa e profunda crise económica que se anuncia e as restriccións que probablemente a acompañen sen que iso se teña que traducir necesariamente en infelicidade. O demais corre da nosa conta.
Feliz verán
Informe da ong WWF sobre este tema:
http://www.nodo50.org/cesc/Documentos/Cuba.DesarrolloSostenible.241006.pdf
Informe do Programa Mundial da Alimentación:
http://www.nodo50.org/cesc/Documentos/PMA.Cuba.0206.pdf
Informe da CEPAL sobre a economía cubana:
http://www.nodo50.org/cesc/Documentos/Cepal.Cuba.2005.pdf