Medio Ambiente e Industria aproban o Estudo Estratéxico Ambiental do litoral español
Os Ministerios de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e Industria, Turismo e Comercio aprobaron o Estudo Estratéxico Ambiental do litoral, cuxa finalidade é acoutar e definir as zonas aptas e as non aptas para a instalación de parques eólicos mariños. O chamado “Mapa Eólico Mariño” está subscrito mediante unha resolución conxunta das Secretarias Xerais do Mar e de Enerxía, respectivamente, con data 16 de abril.
O obxectivo deste estudo é determinar as zonas do dominio público marítimo-terrestre que, aos sos efectos ambientais, reúnen condicións favorables para a localización de instalacións eólicas mariñas. Para iso, delimitáronse as zonas de exclusión e as zonas aptas. Á súa vez, para as zonas aptas estableceuse unha gradación para a implantación de parques eólicos mariños en función dos condicionantes ambientais.
No gráfico do final móstrase a zonificación definitiva en tres cores, as “zonas de exclusión” (en vermello), as “zonas aptas con condicionantes” (en amarelo) e as “zonas aptas” (en verde).
España ocupa, con preto de 17.000 MW, o terceiro posto do ranking mundial de potencia eólica instalada, toda ela terrestre. A enerxía producida polos parques eólicos españois supuxo un 11,6% da demanda en 2008, cifra só superada por Dinamarca.
Estamos ante un dos peores Plans,o que remataría co noso mar, a sús biodiversidad, riqueza pesqueira e marisqueira e ca paisaxe costeira, despois de encher de “muiños” por todas partes e dun xeito agresivo nos montes do litoral onde non se respectaron numerosos espazos protexidos ou de enorme valor paisaxístico.
Os ecoloxitas tentamos parar esta desfeita sen precedentes que machacaría tamén o turismo e a economía tradicional e acabaría cas nosas rías no ano 2005 cando nos enteramos en xaneiro de toda unha serie de proxectos para a ocupación de terreos con plataformas de medición de parámetros ambientais (paso previo) en PEDRA RONCOSA, xunto a costa protexida de Carnota e Muros, (antes xa saira un xunto a praia e lagoa de Baldaio), outros xunto a costa protexida de Ferrol en Covas, e casos como BAIXO XIMIELA, tamén en Carnota, PEDRA TOMASA xunto ao Parque Natural de Corrubedo, PEDRA ARONCADOIRA (Xuño)e BAIXO AIROSO (Aguiño) pendentes de tramitación.
Así que tanto por parte deste Comité como dun compañeiro que está agora en Verdegaia alegamos e participamos nos expedientes de solicitudes de concesión, presentamos denuncias e escritos, informes, fotos aéreas, estudos científicos ante tanta documentación que non tiña prácticamente nada en conta os efectos medioambientais, paisaxísticos, culturais, económicos, socias que desexaban empresas como Norvento, Gamesa etc. Tamén alegaron en contra distintas Confradías (que alertamos nalgúns casos) e algúns concellos implicados.
Lembramos que cando vimos as fotomontaxes deles, de 60 a 70 ou máis metros de altura ( unha media de 15 a 20 ) ocupando a plataforma marítima nunhas extensións de case 3 Qm. a máis de 5 Qm, as previas plataformas de medición, A DESTRUCIÓN DAS MELLORES ZONAS DE MARISQUEO E CALADOIROS, os cables submariños, os brutais impactos severos sobre as paisaxes e os espazos protexidos xa dentro dos L.I.C. s na zona terrestre ARRASANDO PRAIAS E COSTA VIRXE A CAUSA DA EVACUACIÓN DA ENERXÍA, edificios de controis e auxiliares, subestación eléctrica, tendidos elécticos ao longo de máis de 20 Qm.etc. producindo unha agresión brutal e imperdonable nuns hábitas terrestres e mariños tan sensibles e únicos … a algúns” temblounos as pernas” e daquela o Xefe de Demarcación véndoas comentaba unha e outra vez que aquilo era unha “barbaridade e que non se podía consentir”.
O tema creou unha enorme alarma social, specialmente ao longo da Costa da Morte, Rías Baixas e Ferrol e nunha xuntanza crucial en Fisterral sobre o tema descubrimos o que había detrás e as verdadeiras consecuencias de todo tipo, baseándonos, entre outros nun artigo que limos parcialmente do catedrático, Sr. Guitián sobre o tema eólico: O PELOTAZO EÓLICO, publicado na Voz o 6 de xaneiro dese ano.HOUBO UN REIXENTAMENTO MASIVO DE TODAS AS CONFRADÍAS DAS RÍAS E DA FEDERACIÓN DAS MESMAS, DOS CONCELLOS, ORGANISMOS DIVERSOS E MOI ESPECIALMENTE DA POBOACIÓN EN XERAL E O “EXPERTO” que falou e tentaba convencer das “bondades” desta enerxía, o “bo que sería para a pesca e o marisqueo” e que ata que se ofreceu para liderar un bo estudo para o litoral comprobou como todo o mundo estaba en contra.
Decidiuse tomar medidas contundentes e organizar unha PLATAFORMA liderada polas Confradías.
En agosto do 2005, o MMA, a través da D.X.COSTAS decide que a Demarcación tramite eses proxectos sen ter en conta todo o alegado, denunciado e o enorme rexeitamento social sen un Plan EStratéxico, estudos de Impacto Ambiental mínimamente seios, todas as consecuencias…, e a Xunta daquela “tragaba” ata que viu o que lle viña enriba e uns días antes das eleccións a CONSELLERÍA DE PESCA envía un informe negativo que chegou xa tarde manifestando “que se opón taxantemente á instalación tanto de plataformas de medición como de parques eólicos no mar..” Tivo un varapalo enorme nas elección especialmente na Costa da Morte e nas rías en xeral recoñecendo que este tema tivo moito que ver. Entón seguimos denunciando e organizándonos todos e denunciamos ante o Ministerio esta “cacicada” e o seu “dobre xogo” advertíndolle que non íamos permitir a destrución do noso litoral e a súa riqueza, que estabamos radicalmente en contra deste tipo de proxectos, que só destruirían as nosas rías e a economía e servía como di o informe do experto eólico coruñés, Manuel Lara,que presentou a Xunta só” a codicia dos seus promotores”.
Nese informe se fundamentea moi ben todos os impactos,sinalando que este tipo de enerxía provocaría un “grave deterioro ambiental a las áreas más próximas a la costa, tanto por daños paisajísticos severos como por afecciones a los ecosistemas marinos y a las actividades asociadas (pesca y marisqueo). E o estudo conclúe ” que deben desestimarse este tipo de iniciativas incluso en las zonas más favorables como podrían ser los arenales de Corrubedo, Carnota o Cobas” e propón como alternativa viable para a nosa costa en lugares axeitados a enerxía maremotiz, unha alternativa de negocio viable que podería chegar a ser “unha opción estratéxica a medio prazo”.
O tema parouse mais nós sabiamos que o Ministerio retomaría o tema logo duns anos e o advertimos. Agora nos presenta un Plan para encher de muiños o 75% do noso litoral, onde só responde aos intereses desas promotoras, algunhas do mundo do ladrillo, e, por iso, temos que retomar “o espírito de Fisterra” . e a Xunta que non tente enganar a ninguén que ten un bo informe e se non dá a autorización da evacuación da enerxía e permisos urbanísticos esta salvaxada non se poide levar a cabo.
eu son partidario no caso de parque eolicos mariños que estos sexan móviles, para corexir posibles erros, evitar movimentos migratorios estacionais de aves sen que a sua ubicacion sexa definitiva e asi incluso sexa posible melloralo rendimento se é necesario.