Méndez Ferrín: “Unha das grandes satisfaccións da miña vida política”
Unha das grandes satisfaccións da miña vida política foi a producida polo éxito (para moitos non desexado) da manifestación de GALIZA NON SE VENDE do pasado domingo, 15 de febreiro de 2009.
Dicimos unha e outra vez (estamos en campaña) que a pluralidade ideolóxica, intelectual e política de Galicia é moito máis rica do que deixan ver os tres (só tres) partidos con representación parlamentaria. No mundo obreiro organizado, no asociacionismo cívico, na área de debate ecolóxico, no universo da cultura crítica, na reflexión para a acción, Galicia é moito máis diversa, plural do que se ve no espello parlamentario. Vai máis alá, como quería Manuel Antonio, da cativeza caquéctica dos programas e prácticas do PP, do PSOE e do BNG. E vai máis alá do panorama misérrimo que nos ofrece algunha da imprensa escrita e audiovisual (fagamos un aparte ao nos referir á dixital) de consigna.
Galiza Non Se Vende levantou unha manifestación unitaria amalloando unha porción de movementos varios. Por primeira vez, a pulsión nacional-popular, democrática, ecoloxista, ceibe e verdadeiramente socialista, manifestou a súa xenuína faciana desenvolvendo o pergamiño onde figura unha inmensa decepción polo goberno bipartito.
O manifesto da concentración non foi dun naturismo etéreo ou ideal: chantou os pés na Terra como planeta e como patria de todos e de todas. A crítica á ausencia de dimensión social e ao neoliberalismo do bipartito foi central no discurso. E uniuse coherentemente á crítica da destrucción da natureza, especialmente nos puntos negros chamados Reganosa, Sogama, Eólicas, Plan Acuícola, Ence-Elnosa, parques naturais, predación mineira (Courel, Terra Cha,..), etc. As propostas positivas pasaban todas por un novo modelo de participación popular no poder e de políticas mediadas polas masas intelixentes. Estamos de acordo!
O máis lúdico, creativo e teatral do “espírito de Seattle” tamén estivo alí. E iso nos fixo máis lúcidos ao tempo que nos divertía.
Podo decer que a FPG, felicitando os manifestantes de Galiza Non Se Vende felicítase a si mesma por ter o privilexio de os seus membros achárense no multiforme interior da Plataforma. Que non vai parar eiquí, non.
Xosé Luís Méndez Ferrín
17/02/2009
“a FPG, felicitando os manifestantes de Galiza Non Se Vende felicítase a si mesma por ter o privilexio de os seus membros achárense no multiforme interior da Plataforma.”
Ferrín a achegar a brasa à sua sardinha eleitoral.
Non pode estar de acordo contigo signatus. Eu agradezo profundamente as palabras de Ferrín.
O teu e desconfiar por desconfiar. Somos galegos, pero non tanto.
Estamos acostumados a que os políticos nos desprestixien. ¿Imos tamén a criticalos cando falan ben?
¿Non é esto o que pretendemos? ¿Non queremos que os políticos comecen a ter sensibilidade social, ecolóxica, patrimonial, etc?
Eu só podo aplaudir e dar as grazas ao Sr. Ferrín.
Estou moi de acordo co señor Ferrín. E alégrame saber que considera unha das súas maiores satisfaccións persoais a plataforma GNSV pois co seu pasado de loita estas palabras non están baleiras.
Agradécese tamén que, de vez en cando, alguén do mundo da política, aínda que sexa ben pequerrecha, se faga eco das reivindicacións dos movementos sociais.
Lembrade que Ferrín é o autor do manifesto fundacional e isto son poucos quen o saben. Pero foi no seu acto de homenaxe onde unha persoa o dixo publicamente.
Parabés, señor Ferrín, e moita sorte na súa andaina, que agardemos sexa de motios anos máis.
Tamém IU, Nós-UP e Isca! achegárom a brasa à sua sardinha eleitoral/partidista (porqué nom, se até o BNG pede o voto à gente de GNSV) e nom lembro que aqui fosse publicado (nem falta que lhe fai).
A frase citada por mim mais arriba é, dito finamente, “pouco elegante” por parte do senhor Ferrín. Na Rede GNSV haverá gente que milita em diferentes partidos ou os vota, igual que haverá quem nom o faga, mas ninguém está em representaçom de nengum partido, nom é? Logo está feio (e nom é de todo certo) dizer que hai membros da FPG a trabalhar na Rede. A intençom do candidato Ferrín é bem clara.
Doutra banda: Que Ferrín é autor do manifesto fundacional de que!!!???
Todo o que cae na rede… é peixe!
Benvido ó rego dos que sentimos a Terra coma nosa e como algo máis cun pretexto para chegar a gobernarla de costas á súas xentes e ó seu territorio milenario.
Sempre soñei un alba de Gloria dende o Courel ó Mar… e se desta vez deixamos Patrias e Matrias e miramos pola Terra e a defendemos unidos coma Sociedade Civil Galega cos nosos dereitos e coas nosas obrigas… sen dúbida outro Parlamento teríamos e outro futuro sustentabel podería chegar a ser REALIDADE.
Ben se nota que andamos en campaña electoral máis se cabe é o momento de limpar do Parlamento a quenes demostraron a súa INCOMPETENCIA para Gobernar Galicia.
Alégrome que desta vez, para Ferrín, GNSV deixe de proxectar aquela ‘luz rara’ de fai un ano.
http://galizanonsevende.org/?p=226#comment-171
GALEGOS E GALEGAS SOMOS TODOS !!!
E todos compren para construir a Nación en Liberdade…!
Erasmo, vai-lhe contar isso aos teus companheiros de UPyD e GB.
Xa llo contei fai tempo… pero agora téñollo que dicir ós compañeiros da FPG e non sei se serán tan receptivos coma o seu xefe…?
O señor Ferrín, non ten ningunha necesidade de arrimar sardinhas, non.
Está dicindo o que todos pensamos, que hai más de 3 partidos, e que Galicia non se vende é un bo movemento, que espero que siga adiante.
Gracias Sr Ferrín, as súas verbas intelixentes e lúcidas sempre son ben recibidas, incluso se delas se deduce certa critica (como puido ter acontecido neste escrito referido a un evento q si ben é do máis importante q esta a pasar en Galicia a nivel social non tivo a repercusión social algunhas persoas agardabamos…) pero si, GNSV merece todo o meu respecto ao igual que vostede.
Gracias Sr Ferrín, por ser e por estar.
Rx
P.D. Os abstencionistas tamén falamos.
Levo tempo sen entrar nesta web. E quero decir que respetando o pensamento de cada quen, a o Sr. Mendez Ferrín e a súa organización política, aos amigos e amigas de cada quen, etc., non me parece apropiado, coherente e oportuno que na web de Galiza non se vende, alguén se permita o luxo de colgar propaganda electoral. Se estou equivocado, por favor dademe unha palmada no cu, que collo o pouco que teño e voume, pero se estou acertado, por favor o/s responsable/s que colla/n a/s maleta/s e que se vai/an. ´
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Redondela
Pensaba que Ferrín era escritor.
Francisco, non te pases de listo, que Quintana é enfermeiro. O Sr. Ferrín, é escritor, mestre retirado e candidato dunha lista electoral, o que é moi respetable, pero pensoq ue se alguén quería colgar algo deste escritor tivo toda a vida de ferrín para facelo e non 5 días antes das elección na web da Rede. os autore sxa o están quitando, porque non fala mal deles, senon do colectivo enteiro, e non todos consentimos que se colgue na web da REDE propaganda electoral. Non tedes web en Fusquenlla?. Non ten blog persoal Méndez Ferrín? Xa ves que non valeu de moito colgar esta propaganda na web da Rede, epro si pode serbir para mandar todo ao carallo e que se quede Fusquenlla soa, así que fusquenlla retira esta propaganda eletoral de inmediato; sexas quen sexas.
Galicia non se vende, REGALASTELA!!!!!!! Noraboa Sr. Ferrín.
Xa, Quintana é un enfermeiro candidato ao premio nobel, e Ferrín un escritor nos seus ratos libres.
Victor Manuel, eu non puxen o post, pero se se puxo nesas datas foi porque Ferrín fixo esas declaracións nesas datas. E o que puxera o post en GZNSV me imaxino que sería para pór de relevo que unha autoridade da cultura (e non un político) se poñía do lado da rede GZNSV, cousa que tamén se fixo cando se recolleron apoios da comunidade en xeral á hora de se constituir a Rede.
E imaxino que vostede non protestaría porque Ferrín asinara o manifesto, xa que, ou moi parvo é vostede, ou pensa que Ferrín é máis coñecido por político que por escritor.
¿Pensa vostede que se a FPG (se así se chama o seu partido) estivera liderada por un enfermeiro (moi digna profesión, dende logo) había saír esta mensaxe de apoio na rede GZNSV? A resposta é non.
Eu o que penso e que calquera pode asinar o manifesto da Rede galiza non se vende, e somos da mesma importancia os asinantes do manifesto, nos chamamos Ferrín ou Fuentes ou se queres ata Quintana, sexamos enfermeiro, escritores, premios noveles ou incluso nos adiquemos a recoller lixo, pero sen protagonismos. O que non atopo oportuno, éuqe un colectivo se permita o luxo de colgar 5 días antes dunhas eleccións un artigo relacionado cun candiadato a unha eleccións. Me da igual que sexa candidato tamén aun premio novel, e que sexa nin máis nin menos que Ferrín. A rede non é apolítica, pero si non partidista, pero algúns aproveitanse ou pretenden aproveitarse para facer electoralismo, xusto uns días antes dunhas eleccións. Peor eu non son quen, que aquí somos máis e eu só son un, o sábado espero ques e aclare, unha magoa que non poida asitir eu, que traballo. Con todos os meus respectos, hacia quen non ten culpa de nada, Nin Ferrín, nin Dios!
Estimado sr don xose luis ,foi para min un verdadeiro pracér chocar a sua mán cando nos visitou perante a campaña ,na que cetamente eramos , xa sabedores que sria unha utopia ,case podér accedér o “parlamentiño”
do que falamos , facereille chegar pola ,persoa que de feito dende ,o 1983 ,ano no que lois Pena ,nos traizou o “arte sano
rañeiras ,do xa finado meu pai asi como liñas da faneca que penso quedara ,satisfeito nas sua mans ,espero que canto sexa posible facerillas chegár unha aperta serafin-bloqueador cangas
” Podo decer que a FPG, felicitando os manifestantes de Galiza Non Se Vende felicítase a si mesma por ter o privilexio de os seus membros achárense no multiforme interior da Plataforma”
Que xeito máis retorcido de dizer que a FPG “apoia” a RGNSV… Máis penso que a FPG non apoia á rede, senón que anda na procura do apoio (eleitoral) da rede.
Persoalmente, non penso voltar a berrar iso de ” BNG, PSOE, PP: a mesma merda é” porque vexo que baixo esta consigna se poden agochar ate os UPyD… e engadir todolos partidos na lista suporía prolongá-los berros ate quedar tod@s afónic@s… Así que, a partires dagora berrarei só:
O POBO UNIDO, FUNCIONA SEN PARTIDO
O POBO ORGANIZADO, FUNCIONA SEN ESTADO…
Victor Manuel: andas bastante acertado ;_)
A anarquía tamén é do zoon politikon, así que podería pensar que baixo a rede GZNSV se agochan anacoretas. Por outra banda, non gusto do nihilismo cara o connotativamente negativo “polotikeo” que equipara a todo humán politicamente pensante, xa que usando o dito na primeira sentenza, o mesmo nihilismo se pode aplicar ao anarquismo na súa procura de implantación.
Sexamos responsables, todos sabemos o que é apoiar algo por principios ou apoialo por interese electoral. Polo de agora recibimos o desapoio por interese electoral, e non podemos deixar de apoiar as iniciativas que se promulgan na rede porque haxa intereses encontrados con rivais/amigos políticos. Non era esa a finalidade.
Fala o caso, meu!
Anarquía será do ” zoon politikon”, máis a nós non nos verás pedindo o voto, e menos dun xeito tan descarado, e instrumentalizador, como fai Ferrín…
Anacoreta e nihilista son termos que nada teñen que ver con anarquista,non manipules ti tamén.
Certo que somos responsabeis, máis nós non apoiamos nada por ” interese eleitoral” porque non temos “interese eleitoral”… Xa sabes,somos desa xente que ten principios.
Claro que non hai interese electoral na anarquía, pero para implantala fai falta o apoio popular. E aí tamén hai un interese, do anarquista, en obter apoios, coa diferencia de que non teñen campaña electoral 20 días antes das eleccións.
Non sei qué discutimos, a verdade …
Na Rede temos uns intereses moi claros e por eles loitamos, independentemente de que a nosa orientación sexa galeguista, libertaria, feminista…
O que pasa é que os nosos intereses non coinciden cos de Fernando Blanco, Touriño e compañía e eso fódelles moito aos preas que trouxeron de volta á dereita coas súas políticas reaccionarias.
Sen valentía para romper e ser fieis ao nunca máis.
Coas ataduras dos poderes fácticos aos que obedeceron no goberno.
Pois ben, aquí está a oposición. Benvidos ao “partido” da oposición.
“… coa diferencia de que non teñen campaña electoral 20 días antes das eleccións.”
@s anarquistas non andan na procura do apoio popular, @s anarquistas procuran unha democracia, directa e real, onde cada quen se represente somentes a si mesm@.
E é certo: nós non temos campaña 20 dias antes das eleizóns, temos campaña todo o ano, todolos anos, porque o que pretendemos é afondar nesa democracia directa e real.
O que da moito que pensar é a xente que despois de ser traizoada dunha volta, doutra volta e doutra máis… segue aferrada a idea dun partido ou dun goberno… que trinta anos non son nada pero dan para aprender un rato largo, e xa sabemos en que consiste esta democracia (bipartidista ou cuatripartidista, pouco máis dá), alternancia de partidos, continuidade de políticas… chiringuitos, corruptelas, clientelismo…
A ver se nos ai entrando na cachola que o único xeito de mudar estas políticas é mudando de sistema.
O PP?, xa sabemos tod@s o que hai
O Psoe? Otan,Insubmisos presos, ETT’s, reformas laborais ( a pior sempre, claro)…
O BNGas? Pois iso, Gas, chiringuitos…
EU? en canto chegaron ao concello de Ferrol, a primeira medida foi subirse os soldos…
Seguimos coa listaxe?
E non so iso, non só a traizón dos politicuchos vendidos ao capital, senón a destrucción que implica esa venda.
Que imos cara a destrucción total. Que nuns anos este sistema baseado no creciemento continuo nun planeta de recursos finitos vai chegar o seu final e imos tod@s a tomar vento…
Vai sendo ora de que abramos os ollos e nos deamos conta de que hai outros xeitos de organizarse, e de que podemos decider por nós mesmos sen tutelas políticas de ningunha clase. Que podemos botá-los a tod@s e gobernar-nos nós mesm@s… Que o noso futuro depende de nós mesm@s…
As veces , e para sér do xeito mais que obxetivo ,todos són corruptos ?caseque un99,99%, pero non por eso imos deixár ,que naide nos confunda , e eso coa cantidade de podér e tendo en conta que En fort spain , xa somos sabedores de quen manda , o debér de cada quen e aportár , ideas a republica ,coido que tamén e unha das solucións ,ainda que todós os pobos cando fan o que leva facendo moita xente que creeu no bng +psoe +pp +papa…da picha un nudo ,xa que esto e ó que tare a ,avaricia posto que somente se acordán do pobo cada catrto anos ,”NON PENSÁR PELIGRO DE MORTE”
Como membro de Fusquenlla e por alusións. A V. Manuel. Non comparto os plantexamentos políticos do sr. Ferrín, non estou dacordo con moito do que escribe, non temos por costume colgar na nosa páxina os seus escritos. Pero se temos que estar orgullosos neste país, pola súa coherencia, a súa traxectoria e á súa honestidade e, por suposto, a súa literatura, é do sr. Ferrín. As miñas opinións poden estar de máis, e tamén as túas. As súas, desde logo, non.
As palabras de Ferrín a prol de GNSV son de agradecer e paréceme lexítimo que con este texto tentase favorecer a súa campaña como candidato á presidencia da Xunta pola FPG. O que me parece un erro é que se colgue na web de GNSV un texto tan de campaña electoral. A imaxe de independencia da rede viuse así un pouco prexudicada.
Estamos de acordo co que di o anterior internauta porque ademais o ouimos na radio na mesma campaña e dixo unha frase referíndose á Rede preocupante que non se corresponde á realidade aínda que nos valora.
A REDE É INDEPENDENTE, QUE NINGUÉN O DUBIDE MAIS SEMPRE HAI QUEN TENTE ACHEGAR Á SÚA BRASA A SARDIÑA ELECTORAL, COMO INDICOU OUTRO COMPAÑEIRO aínda que se trate dunha persoa culta e dun grande escritor e poeta que non podemos criticar xa que non governou na nosa terra.
Na Rede ninguén está ou pode estar en representación de ningún partido ou sindicato, ten unha organización horizontal e as decisións da Asemblea tómanse por unanimidade ou maioría absoluta.
Seguro que haberá mais casos así,non estsamos libres de manifestacións que non son acertadas, manipulacións e incluso calumnias mais o importante é que sigamos na liña independente e defensora do noso patrimonio que se decidiu e traballemos como ate o de agora con ética e transparencia total.
Brasilia, por que non te calas un pouco?