Pages Navigation Menu

Minas de cuarzo na Terra Cha

 

O Sindicato Labrego Galego fainos chegar o seu rexeitamento á concesión para a extracción de cuarzo  no corazón da Terra Cha (concellos de COSPEITO, PASTORIZA, CASTRO DE REI, ABADIN, VILALBA E RIOTORTO).

Fai un ano que sabemos das concesión e os recursos non diron resultado. O que promoveu Adega  con varios colectivos foi desestimado por fora de plazo. Un de revisión  dun Afiliado do SLG está no Contencioso, o do SLG sen contestar (2007). E recentemente iniciamos unha campaña maxiva entre os gandeiros/as e a que se van sumar os colectivos que se opoñen as concesións.

En maio do 2008 a conselleria lanzou a proposta de reducción  da concesión nun 50%, e reuniuse cos alcaldes para presentarllela. Non presentou a proposta aos afectados. Os únicos que nos opuxemos publicamente fomos os do SLG.
O día 1 de agosto Industria firma definitivamente o “protocolo” con Erimsa, vendendo como a gran solución do conflicto a reducción do 70% a afectación pasando de preto de 6000 ha a 1700.
Nunha reunión celebrada o 6 de agosto, as asociacións  que nos opoñemos as minas da Terra Cha, acordamos que  manter a oposición e non dar como válido o ocordo con Erimsa para solucionar o conflicto.
O Sindicato Labrego Galego, considera realmente inaceptábel a solución ao conflicto a concesión mineira de cuarzo da Terra Chá plantexada pola Consellaría de Industria, decisión da cal tivemos coñecemento hoxe polos medios e comunicación , xa que en ningún momento foi explicada ás organizacións sociais da  comarca.
A reducción a 2.528 ha. non pode ser unha solución cando xa en concentracións parcelarias están afectadas 2572 ha., máis 800 ha. de regadíos, sen contar cos montes comunais e o resto das fincas que, non estando en concentración, son de protección agropecuaria.
Ademáis, en ningún momento se está falando de modificar a concesión, o cal plantexa dúbidas de cara a que xurídicamente haxa garantías de facer valer no tempo os compromisos que se acaden.
Para o Sindicato Labrego Galego, a solución conleva obrigatoriamente a anulación da concesión, por non terse avaliado no procedemento os impactos na actividade agrogandeira e a prevalencia de intereses (utilidade pública das concentracións parcelarias, regadíos, montes comunais, etc.) Ademáis, autorizar a explotación do cuarzo en suelo rústico de protección agropecuaria (que é a maioría do chan da concesión) é unha ilegalidade xa que a actividade extractiva en SRPA está prohibida pola actual Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural.
Dende a nosa organización imos empregar tódolos medios ao noso alcance, tanto xurídicos coma no plano da acción social, para que esta concesión se anule, facendo un chamamento aos colectivos que dende o principio se teñen oposto a esta concesión para que traballen na mesma dirección, xuntando esforzos na defensa dos intereses colectivos, dos intereses sociais, económicos e culturais da Terra Chá.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.