Pages Navigation Menu

Mobilización convocada pola Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) e a Rede Anticapitalista galega (Rá!).

Con motivo do Día Internacional da loita labrega, a Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Anticapitalista Galega levaron a cabo unha acción representativa da desaparición da agricultura tradicional a mans das empresas multinacionais da alimentación.

Tras a celebración do enterro na Praza Roxa de Santiago de Compostela, e o conseguinte veloiro-manifestación, procedeuse ao reparto de información denunciando os longos percorridos que recorren actualmente os alimentos, producidos a baixo custo polas multinacionais en países onde as leis permiten condicións de traballo que serían ilegais na Unión Europea, para logo poñelos á venta tras seren gravados con grandes marxes comerciais.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.