Pages Navigation Menu

Mobilización ecoloxista contra a mina de andalucita

Unha recente plataforma de colectivos ecoloxistas oponse á mina de andalucita que unha empresa de capital anglo-surafricano vai comezar a explotar. Despois de ver o seu proxecto denegado pola Xunta do bipartito, o goberno do PP decidíu dar vía libre a unha explotación que porá en perigo non só o parque natural das Fragas do Eume senón o mesmo río Belelle. Os grupos ecoloxistas integrantes da plataforma organizarán un roteiro polas fragas de Pico Vello como xeito de denuncia do que sen dúbida é un dos atentados ecolóxicos máis graves aos que se enfronta o noso país.

Reportaxe da Sexta sobre a mina (premer sobre a imaxe)

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.