Pages Navigation Menu

Mofa e befa

Nunha clara burla á cidadanía, a Comisión de Honras e Distincións da Deputación da Coruña acordou designar fillo predilecto da provincia ao presidente do Grupo Voz, Santiago Rey, e concederlle a medalla de ouro da institución ao empresario Roberto Tojeiro. A decisión será ratificada polo pleno o próximo venres co acordo unánime de tódolos grupos políticos con representación no órgano provincial: PSOE, BNG e PP.
Do primeiro destácase o seu firme apoio ao desenvolvemento da provincia coruñesa, a súa incondicional defensa dos dereitos dos galegos e o seu compromiso coa democracia, a dignidade humana, a xustiza social e os intereses de Galicia. De Tojeiro saliéntase a súa traxectoria profesional, a capacidade de traballo e a súa “perseveranza no esforzo desde que, aínda sendo moi neno, compaxinaba a súa asistencia á escola coas tarefas no negocio familiar de ultramarinos”.
Fermosa semblanza de dous empresarios que sempre souberon moverse cerca do poder, mostrando unha avidez sen escrúpulos na procura do beneficio propio e xestionando empresas que representan en Galicia a faz máis oscura e despreciábel do capital.
As empresas de comunicación do Grupo Voz, en especial o diario La Voz, foron, desde finais do século XIX, a voz do caciquismo rancio, apoiaron sen escrúpulos o réxime franquista e quixeron enmudecer as voces críticas de aqueles que, como Ignacio Ramonet e Ramón Chao, nunca aceptaron doblegarse ante o poder.
O Grupo Tojeiro é hoxe unha das peores ameazas para a supervivencia da ría de Ferrol e a súa comarca. Favorecido por acordos inconfesábeis coa Xunta de don Manuel, logrou, contra toda razón e dereito, colocar unha bomba de reloxería no corazón da ría.
A vergoñenta entrega destas “distincións” por parte do PSOE e do BNG é outra nova mostra da retorcida deriva que están a seguir en Galicia estes dous partidos e un verdadeiro insulto para todo galego de ben.

2 Comments

  1. Esta distinción se aprobó hoy en la comisión de honores y distinciones, por unanimidad de todos los grupos políticos de la cámara provincial –PSdeG, PP y BNG- a propuesta del presidente de la Diputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda.
    (Lido en Europa Press)

  2. “Touriño destaca que o poder político e os medios de comunicación viaxan todos na mesma nave” Tamén os xornalistas desprazados a Irak viaxaban empotrados nos tanques de USA para dar unha visión máis parcial da guerra. Agora Touriño aposta por esa viaxe cos medios para eludir as críticas que a sociedade civil lanza contra a destrución do territorio. Ao mesmo tempo distingue ao grupo Voz. Así, o presidente da Xunta subliñou a vocación de “factor de cohesión social e de identidade colectiva” deste medio de comunicación, sempre “comprometido con Galicia”.
    Podedes ler o comunicado da presidencia en
    http://novas.xunta.es/node/8205

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.