Pages Navigation Menu

MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS, DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN CONXUNTA POR UNHA AUTOCONVOCATORIA POSÍBEL

Non son poucos os movementos sociais do país que pensan que falamos moito e facemos pouco, ou que o que facemos non se ve. Co ano 2009 ás portas cómpre organizármonos nunha alianza galega para dar resposta á ofensiva do capital, que indubidabelmente será máis forte nos vindeiros meses. É precisa unha marea de colectivos e persoas que busquen puntos comúns, pois son moitos nos que coincidimos, que programen un plan de acción conxunto, poderoso, e que poñan enriba da mesa a solución á pregunta que todos temos en mente: que imos facer?Durante as últimas semanas xurdiron propostas concretas ás que cómpre respostar. Mais seguramente existen outras moitas que todos e todas quereríamos valorar. Seremos os e as integrantes de movementos sociais galegos antihexemónicos, dende os que orbitan no independentismo aos que se dedican ao desenvolvemento, dende os ecoloxistas aos anarquistas, dende os campesiños aos centros sociais… quen de confluír en accións e campañas conxuntas para opoñérmonos á deriva autoritaria de gobernos e poderes económicos?

Esta mensaxe trata de cotexar se os movementos galegos de índole anticapitalista, sen exclusión, estarían dispostos a manter unha xuntanza para falarmos dese, que imos facer? Trátase de realizar unha reunión en réxime de autoconvocatoria, sen líderes nen xerarquías, na que os colectivos expoñan propostas de acción concretas para tentar asumir cando menos algunhas delas e facer forza entre todos durante 2009. Trátase de construír, de unir, de atopar interseccións, de falar e de escoitar, de propor alternativas, mobilizacións, campañas, rebelións… sen condicións previas nin freos a calquera tipo de ideoloxía ou condición.

MECANISMO:
Por non existir unha listaxe de correo nin unha organización, a proposta é que as persoas e colectivos interesados resposten a este correo (alianzas@forosocialgalego.org / Nota: malia que este enderezo de correo está no servidor do foro social galego, esta autoconvocatoria non parte en ningún caso de aí, tan só é un préstamo para facilitar un primeiro contacto. Se sae adiante, serán despois os movementos quen decidan a súa vía de comunicación) manifestando a súa disposición a asistir a unha xuntanza aberta na que se debatan propostas concretas, que os colectivos ou persoas a título individual deben levar elaboradas. Cada tres días, todos recibirán un correo con todas as respostas recibidas e de aí sacarán a conclusión se a xuntanza se pode facer.
A data proposta para a xuntanza é a do 20 de decembro, sábado, pola mañá. Por equidistancia en Compostela, mais loxicamente calquera pode propor outra opción que se fará saber a todo o mundo.
Se alguén propón outro mecanismo adiante…

POR UNHA ALIANZA SOCIAL GALEGA

2 Comments

  1. O sinto, pero non teño confianza no foro social galego. As organizacións de partida deste foro, danme demasiada desconfianza (CCOO, UGT, CIG etc.) Igual o que me pasa é unha enfermidade, pero é o que sinto. Teño o presentimento ou sensación, de que hai intereses escuros de organizacións realmente non independentes, que defenden, amparan e son complices do capitalismo, a patronal, etc. e das súas practicas. Non o tomedes a coña. Digoo moi en serio, por se o queredes ter en conta ou se algunha outra persoa ou organización sinte o mesmo.

  2. Outro Foro Social é posibel.

    http://reganosademolizon.org/?p=200

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.