NARRATIVAS DIXITAIS Aguiño 2010 (13,14,15 xullo)
Confraría de Aguiño , Asociación Sagres e ANPA Leliadoura
colaboran activamente co proxecto
AGUIÑO
NarraTIvas Dixitais
2010ecoarte
13, 14 e 15 xullo
Do 12 ao 15 de xullo en Aguiño no Salón da Confraría de Carreira Aguiño iniciarase o programa Narrativa Dixitais. Un proxecto que comezou a súa andaina en Cairú (Brasil) e continúa estes días en Aguiño.
Narrativas dixitais enmárcase dentro do proxecto de Ecoarte 2010, cuxo obxectivo principal se centra na idea de que os medios dixitais poden permitir ás comunidades costeiras desenvolver as súas propias narrativas sobre a súa vida e o seu uso dos ecosistemas costeiros.
NarraTivas Dixitais está dirixido aos rapaces da comunidade costeira de Aguiño e Carreira para difundir as novas tecnoloxías como medio de coñecemento e exploración do seu medio.
A actividade iníciase cun taller na Confraría, no que os alumnos deben decidir en grupo que tema queren tratar e en que forma.
Despois de se organizaren en pequenos equipos, estarán listos para cámara en man saír á rúa e relatar en primeira persoa a súa realidade máis próxima, compartir algunha experiencia, dar visibilidade ao seu medio…
Para facelo aprenderán a:
– Traballar con imaxes: editar, manipular, corrixir color e montar de imaxes (taller de foto).
-Traballar co son: editar, manipular e montar audio (taller de audio).
-Editar un vídeo e manipular e corrixir color (taller de vídeo).
Estas narracións dixitais proxectaranse diariamente ás 21:00 h no Salón da Confraría para todos os público xunto coas narracións brasileiras, a seguir abrirase un debate que nos conectará a unhas realidades distantates pero tamén comúns.
Os obxectivos deste proxecto continuarán de forma online nas plataformas desenvolvidas con ese obxecto.
Narrativas dixitais é un proxecto dos grupos de traballo do Laboratorio do Procomún en colaboración con Medialab Prado, coordinado por Juan Freire e Karla Brunet ao fronte dun numeroso grupo de investigadores que veñen traballando dende hai un ano nun proxecto de investigación sobre narrativas dixitais.
A experiencia servirá para facer unha análise desta realidades costeiras pero tamén permitirá identificar as metodoloxías e temáticas para o desenvolvemento dun proxecto futuro de maior escala nestas e outras comunidades costeiras.
Este grupo de profesionais (12) leva consigo o soporte técnico para poder gravar e sacar adiante as distintas iniciativas. Os materias empregados son de baixo custo, evitando as firmas importantes ou os elevados prezos do material audiovisual. Empregan software libre, cámaras dixitais de baixo custo “porque non buscamos tanto a calidade no acabado, senón a historia e cos materiais máis alcanzables pódense facer cousas boas.
Comentarios recentes