NIGRÁN: 7º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
Sábado 27 de Febreiro:
Ás 20:00 hh. Concerto na Sala Clandestino en A Ramallosa, Nigrán.
Actuarán:
* Abóbriga Música tradicional/contemporánea
* Cabesa de boi Monólogo de humor
* Los del barro Versións – Baiona
* Kallaikoi Punk/rock – Baiona
Colaboración 3 Euros
Esta Caravana, que está percorrendo as principias vilas e cidades de Galiza, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela, que sairá ás 12 da mañan da Alameda, en contra da destrución do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.
Por un Plan do litoral que protexa toda a nosa costa.
Por unha ordenación racional do terrtorio.
Pola defensa dos sectores primarios: Soberania alimentaria e enerxética.
Por outro modelo de transporte.
Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod@s
http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
Esta páxina parece o programa das festas do meu pobo