Pages Navigation Menu

NON ENTENDERON NADA

As declaracións dos representantes do goberno galego tras a manifestación do domingo puxeron de releve cal foi o noso maior logro: Ter feito visible a ineludible presenza dun vigoroso movemento social que se manifesta rotundamente crítico coa política medioambiental do bipartito e que xa non lles é posible ignorar. O Presidente Pérez Touriño, o Conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez eo diputado Francisco Rodriguez puxeron en evidencia o seu estupor e desconcerto ante tan contundente resposta cidadá. Touriño reputou aos manifestantes de “incapaces de entender” as actuacións do seu goberno e Vazquez , en lamentables declaracións, calificounos de oportunistas e acusounos de  “non estar cando gobernaba o PP”. Francisco Rodriguez pola sua banda, cualificaba de desleais aos manifestantes ao tempo que, contradictoriamente, eludía as responsabilidades do seu partido nas actuacións de goberno que motivaran as protestas (se pode ser mais desleal?). Tamén é significativo o mutismo de Quintana, simulando que nada ten que ver con el.  Supoño que a memoria non lles falla tanto como para ter esquecido Nunca Mais onde poideron valorar que os gobernados non éramos unha masa acrítica, mais lles costa asimilar que agora son eles a parte demandada. O lamentable é que a súa resposta, descualificadora e desprezativa, non está moi lonxe da arrogante displicencia que amosara entón o PP. Daquela, a cidadanía, aínda esperaba moito do relevo político. Hoxe unha gran parte dela non está disposta a renunciar ao cambio esperado. Despois da desfeita de tantos anos de fraguismo, que puxo ao pais nas mans dos especuladores, non queremos outros tantos de continuísmo, de tibias medidas apaciguadoras, de ineficacia e deleixo da administracción no control do cumprimento das leis e de plans sectoriais feitos sin criterio ambiental nin social. A reaccións do bipartito á manifestación de Galiza non se vende volve a defraudar. Touriño e o seu goberno segue “incapaz de entender”  qué se agarda deles

4 Comments

  1. E logo temos que ser leais? Moita graza me fai o señor Rodríguez. Eu non son crente (o meu maior respecto para os católicos practicantes) mais tampouco son afiliado. Moitos de nós votamos BNG ou PSdG-PSOE nas eleccións do 2005. Que significa “ser leais”? E “oportunismo”?

    Un goberno non está para se durmir nos loureiros, NON. Un goberno ten que actuar de acordo cos intrereses dos votantes, tanto dos que votaron a fovor, como dos que votaron en contra e mesmo dos que votaron nulo. Se o fan MAL, os cidadáns témosllelo que lembrar. Oportunismo é o que fan eles, baseando as súas campañas en padróns publicitarios, vergoña lles tiña que dar.

  2. “Cuenta el abuelo que un día él jugó entre árboles y risas y alcatraces de color.Recuerda de un río transparente sin olor, donde abundaban peces.no sufrían ni un dolor (…)el tiempo pasó y nuestro viejo ya murió y hoy me pregunté despues de tanta destrucción, donde diablos jugarán los pobres niños?”
    Y eso me pregunto yo, donde jugarán nuestros niños, que lugar les estamos dejando, los estamos privando de lo que nosotros pudimos disfrutar de niños y que vemos como poco a poco se va transformando y desapareciendo,pero tal vez estemos a tiempo,levantemos el pie del acelerador y pisemos el freno. Eso es lo que pudimos ver en Santiago, gente que quiere frenar la destrucción de nuestro medio natural y que en el futuro podamos seguir disfrutando lo que tenemos, que no sea un recuerdo para nosotros y un sueño para nuestros niños. Es una tarea de todos.

    (comentario de Virginia (mi novia) para mi blog,me gustó y lo comparto con vosotros)

  3. Pois vicequin non so non entendeu ná de ná, senon que teimapor vender galiza en madrid. pero non a calquer prezo.
    http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_0067.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html

  4. Lóxico que non entendan nada. Os partidos seguen a dar as costas á xente, e a usurpar a súa representación cando lles convén, e cando non, insúltanos ou despreciános. Ate que non eliminemos a súa intermediación espúrea na “res publica” non terá solución nin este tema nin ningún outro. O que fai falta é Democracia Directa dunha vez! Agora a tecnoloxía faino posible, pero eles queren agachalo e seguen xogando a que son a única opción posible para a Política. Reivindiquemos a Política, pero sen políticos. Xa non os precisamos!!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.