Pages Navigation Menu

Nota de prensa do colectivo Bouzas-móvete sobre as desafortunadas declaracións de Corina Porro

Corina Porro xogando aos recheos na r�a de VigoDesde o colectivo Bouzas-móvete, integrado na rede “A Ría Non Se Vende”, as declaracións de Corina Porro sobre a marcha contra os recheos parecennos cheas de cinismo e hipocresía.

Non hai máis que ver a páxina da Autoridade Portuaria de Vigo para comprobar que pretenden rechear 71.500 m2 en Bouzas, 26.250 m2 no porto pesqueiro e 79.190 m2 en Guixar. Un total de 176.940 m2 de recheos aos que Corina chama “cero recheos”. Parece que quen non atina muito é ela:

http://www.apvigo.com/control.php?sph=a_art_iia=383%%a_iap=1385%%a_art_iaa=200

http://www.apvigo.com/control.php?sph=a_art_iia=482%%a_iap=1386%%a_art_iaa=202

http://www.apvigo.com/control.php?sph=a_art_iia=375%%a_iap=1384%%a_art_iaa=214

Parécenos dunha cara dura increibel que fale de recheos cero, cando na actualidade, están aterrando en Guixar, a zona máis contaminada da ría debido á actividade portuaria, obras que provocan a posta en suspensión particulas contaminantes que podem chegar aos bancos de peixe e marisco co perigo de que entren na cadea trófica e afecte ás persoas que consumen os productos da ría.

Corina Porro é a única persoa que estando na presidencia do Porto foi imputada por realizar un recheo ilegal, desgrazadamente por presións políticas foi arquivado o seu caso, mais segue imputado o director do Porto Luis Lara, na mesma causa.

Por outra banda, parécenos un insulto á veciñanza de Bouzas que a señora Porro, ao inagurar un paseo sen saída, e con arbustos de plastico, diga que así o porto paga a déveda que tiña com Bouzas, cando o porto sepultou o banco de ameixa máis produtivo de toda a ría e convertiu unha tranquila vila mariñeira nun irracional polígono industrial con naves alleas a actividade portuaria, que non tiñan que estar en solo portuario.

Corina Porro demostra unha vez máis que non está capacitada para ocupar un posto de responsabilidade na administración pública.

One Comment

  1. Se queredes seguir soñando aquí podedes facelo.

    Outra cousa será o que suceda ao día seguinte das votacións… pero as ideas sempre son boa cousa e poden mover o mundo (ou mover do mundo aos que nunca teñen IDEAS!)

    http://euparticipoenvigo.org/info/euparticipoenvigo/

Trackbacks/Pingbacks

  1. Os veciños de Bouzas protestan polas declaracións de Corina Porro - [...] Os veciños de Bouzas protestan polas declaracións de Corina Porro galizanonsevende.org/?p=1086  por belay o 14:40 CET [...]
  2. Reganosa Demolizón » Nota de prensa do colectivo Bouzas-móvete sobre as desafortunadas declaracións de Corina Porro | Contra reganosa - [...] Tirado da web de galizanonsevende.org: [...]

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.