Novas
Á medida de quen dará Medio Ambiente as axudas a colectivos do sector?
O novo criterio para a recepción de axudas coincide no tempo coa aparición da chamada Federación Galega do Medio Ambiente, integrada á súa vez por máis de trinta colectivos que, na práctica maioría, desde as asociacións con máis longa traxectoria no ecoloxismo do país, din descoñecer. Vieiros
Os delitos urbanísticos proliferan na zona costeira entre A Coruña e Ferrol
O fiscal especializado en delitos urbanísticos do Tribunal Superior de Xustiza acudiu onte a falar sobre este tema á Fundación Caixa Galicia e alí apuntou que nun ano, o número de denuncias aumentou un 50%. “Hai tres concellos que acumulan a maior parte as denuncias deste tipo na provincia”, continuou Roma. Estes tres concellos son: Arteixo, Pontedeume e Mugardos. Diario de Ferrol
Galiza alónxase do tren de proximidades ao contrario do resto de España
Cando entre os anos 95 e 98 trazouse sobre o mapa de Galiza o tren de alta velocidade (300 quilómetros por hora, entre Santiago e Ourense) e o de velocidade alta (220, no Eixo Atlántico), pintouse a raia practicamente sobre a liña férrea que existía, aniquilando o futuro do tren de media distancia, o convencional de longo percorrido e un probable proximidades como os que discorren por moitas vías do Estado. O AVE será entre 2 e 3 veces máis caro que todos eles.
Este desmantelamento da vía vella non se produciu en ningún outro lugar El País
Iberdrola insiste en perforar o canón do Sil para construír outro encoro
O proxecto contempla excavar un túnel nun lugar de Interese Comunitario integrado na Rede Natura 2000. A Consellaría de Política Territorial xa deu permiso para a obra “xa que non ten prexuizo para a oredenación do territorio”, segundo explicou María Xoisé Caride. El País
‘Pachi’ Vázquez recúa e elimina da Rede Natura a Laxe Brava para facerlle sitio á macropiscifactoría
Co polémico Plan Acuícola a piques de ser aprobado polo Consello da Xunta, todo apunta a que Corrubedo terá macropiscifactoría, malia ser capital dun parque natural.
Achandar o camiño para instalar a futura piscifactoría de 315.000 metros cadrados prevista para a Laxe Brava. Este é, para o movemento ecoloxista galego e a Plataforma Medioambiental de Corrubedo, o motivo polo que a consellería de Medio Ambiente decidiu excluír a Laxe Brava, no litoral de Corrubedo, da futura ampliación da Rede Natura. Galicia-Hoxe
O modelo de crecemento baseado na construción pasou factura
As emisións de CO2 de Madrid, Andalucía, Baleares, Canarias, Valencia e Murcia aumentaron máis dun 75% desde 1990, cando o obxectivo era do 15%. Galiza aumentou un 20,6%. A central das Pontes (Galiza), unha das 30 centrais máis contaminantes de Europa. El País
Prevista unha mina a ceo aberto de 770 hectáreas en Cabana
A empresa canadense Kinbauri que acaba de comprar os dereitos de investigación mineira no xacemento aurífero de Corcoesto, en Cabana, investirá “entre 30 e 40 millóns de euros” na mina de ouro que prevé pór en marcha en 2010, unha vez complete as prospeccións e os trámites administrativos. Xa tiveron contactos con responsables da Consellería de Industria que se mostraron “receptivos” co seu proxecto mineiro. Hai menos dun mes Kinbauri comprou as tres licenzas de investigación que desde 2005 tiña outra empresa, Río Narcea, para facer sondaxes xeolóxicas en 777 hectáreas do municipio coruñés. La Opinión
A Xunta recorre a licenza de obra dos edificios previstos fronte ao Parque de Lugo
Segundo publica este venres o diario El Progreso, os servizos xurídicos da Xunta -a instancias da Consellería de Cultura- presentaron o pasado 22 de maio un recurso contencioso administrativo contra a licenza de obra da urbanización prevista ao carón do Parque de Rosalía de Castro. Vieiros
A Unión Europea admite a trámite a denuncia de IU contra Reganosa
A Comisión de Peticións da Unión Europea admitiu a trámite a petición presentada polo eurodiputado de Esquerda Unida (EU) Willy Meyer en decembro de 2007, na que esta formación solicita que se investigue a legalidade da planta de gas de Mugardos.
Así o confirmou hoxe esta formación política, quen explicou que a Comisión solicitará información sobre a planta de gas e considerou que esta decisión é “un paso adiante” en “a loita pola seguridade e a riqueza da ría de Ferrol”. Europa Press
Stolt solicita o permiso de vertedura para dúas granxas abertas nos 90
A multinacional acuícola Stolt Sea Farm solicitoulle a principio de mes ó organismo público Augas de Galicia o permiso de verteduras para dúas granxas postas en marcha hai máis de quince anos. Así o deron a coñecer onte os veciños da localidade de Quilmas (Carnota), tras ter acceso ó documento nos que a firma luxemburguesa solicita autorización para as piscifactorías de Quilmas e Lira, ambas as dúas no concello de Carnota, e que estivo a exposición pública ata o día 25 deste mes para poder presentar calquera tipo de alegación. Galicia-Hoxe
O goberno galego apraza o plan de protección do litoral á próxima lexislatura
Dento dun ano volverá a construírse na franxa costeira dos 500 metros. Con este aprazamento deixa de protexerse e conservar os espazos naturais e favorécese a cosntrución masiva e insostíbel. El País
Conselleiro de Medio Ambiente: “Non somos ecoloxistas, somos o Goberno”
Amósase partidario do traslado de Ence a As Pontes. Afirma que o lema “Galiza Non SE Vende” non é o apropiado. E non se corta ao asegurar: “Cando chega unha grande emprensa con 400 millóns é difícil invocar ao medioambiente”. El País
Piden o peche inmediatop das minas do Courel
Varias asociacións ecoloxistas asinaron un manifesto para pedirlle á Consellería de Medio Ambiente o “peche definitivo” das louseiras situadas no Courel denunciadas pola Unión Europea e a “declaración inmediata” da zona como parque natural. El País
Medio Ambiente pretende pechar as minas do Courel ofrecendo postos de traballo alternativos
A Conselleira de Medio Ambiente anunciou onte a súa intención de, nun prazo aproximado de 10 anos, “habilitar un carril socioeconómico para que a xente deixe de traballar nas minas de lousa” do Courel. O conselleiro fai pública a súa iniciativa apenas 20 días despois de que a Unión Europea emitise un informe denunciando o incumprimento de varios artigos sobre protección do medioambiente por parte de catro concesións de explotación de lousa no Courel. El País
Vázquez descarta Ferrol e A Coruña para situar Ence, pero ve As Pontes “posible” á espera do proxecto industrial
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, asegurou hoxe que é “inviable” situar Ence nos portos exteriores da Coruña e Ferrol e interpretou que As Pontes (A Coruña) “reúne os requisitos”, aínda que descartou confirmar o traslado “ata ver como se presenta o proxecto”. “É falar en abstracto”, apostilou.
“No Goberno galego que eu coñezo, ninguén puxo enriba da mesa a posibilidade de levar Ence aos portos exteriores”, insistiu, ao tempo que engadiu que é “absolutamente imposible”, posto que a empresa necesita caudais de auga de máis de 500 litros por segundo. “Faría falta tanta auga case como para todo Ferrol ou para a metade da Coruña”, resolveu. Europa Press
Atila en Galiza
Visto dende fóra, o ecoloxismo galego atravesa horas baixas, dos partidos mellor esquecer. Tan só “Galiza non se vende” parece ter algo que dicir, en definitiva, unha plataforma cidadá aglutinadora de sensibilidades pero que ten diante un muro. Así que non se pode ser optimista. De Xabier Vázquez en Vieiros
Polémica sobre a ubicación da planta de celulosa
Segundo La Voz de Galicia os portos exteriores da Coruña e Ferrol serían as posibles localizacións para instalar apalnta de celulosa de Ence, actualmente en Pontevedra. Pola súa parte Anxo Quintana amósase partidario de o ciclo produtivo da compañía ENCE “siga en Galicia” tras o seu traslado da ría de Pontevedra nos próximos anos. Ademias con respecto a que a planta se instale na Coruña, o dirixente nacionalista asegurou que “se está a traballar por buscar unh solución definitiva a ese problema” e incidiu en que hai que traballar “en silencio. A resposta do alcalde de A Coruña non se fixo esperar: O Concello da Coruña di que “Ence non é aceptábel baixo ningún punto”
A Xunta aprobará o Plan Acuícola antes do verán
O líder dos socialistas galegos respondeu anunciando a aprobación definitiva do Plan que permitirá a instalación de novas granxas acuícolas no litoral, iniciativa a que se opoñen veciños e ecoloxistas da plataforma Galiza non se Vende. A Nosa terra
A UE ve irregularidades na concesión de catro explotacións de lousa no Courel
A Unión Europea (UE) alertou da existencia de catro concesións de explotación de lousa no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Ancares-Courel, incluído na Rede Natura 2000, que incumpren varios artigos da normativa sobre a protección do medio ambiente que ten que acatar de forma obrigatoria todos os estados membros. Trátase dunha canteira situada no Courel e doutras tres situadas no municipio de Quiroga. El Progreso
Portos de Galiza somete a exposición pública o plan director de portos deportivos
Tal e como se recolle no anuncio, todas as Administracións, colectivos e persoas que estean interesadas poderán examinar o documento e formular as observacións que consideren oportunas durante os vindeiros 60 días . Xunta.es
Protesta en Quilmas pola ocultación das verteduras de Stolt
Quilmas volveu saír onte á rúa nunha mobilización sorpresa contra o Plan Acuícola para protestar pola falta de información sobre a vertedura da piscifactoría que Stolt Sea Farm ten na localidade e que foi denunciada pola plataforma de afectados e Adega o pasado 3 de marzo. Galicia-Hoxe
Mentres tanto a Conselleira de Pesca Carmen Gallego afirma: “Os ecoloxistas saben que as piscifactorías non agriden o medio” Galicia-Hoxe
Pontevedra maniféstase contra a celulosa
Ao redor de 3.000 persoas manifestáronse onte en Pontevedra, convocados pola Asociación pola Defensa dá Ría, para esixir o traslado do complexo industrial antes de 2018, data en que vence a concesión da planta de celulosa que contamina a cidade. A mobilización de onte prodúcese en “un momento de especial transcendencia” neste longo proceso de loita, tal e como destacou Celso Bugallo na lectura do manifesto que puxo punto final ao percorrido. El País GZnación
Comunicado da Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes
Un corremento de terra na gabia da Mourela ameaza unha mámoa. O monumento megalítico atópase a tan só tres metros do talud. A pasada semana producíase un corremento de terras no marxe Norte das obras da autovía AG-64 ao seu paso polo lugar da Mourela no concello eumés das Pontes de García Rodríguez. Ao redor duns quince metros de terreo, víñanse a baixo producindo un considerábel desprendemento de firme que ía a parar ao fondo da gabia. Amigus.org
Os veciños das Encrobas afectados polos depósitos de carbón rachan as negociacións con Unión Fenosa
Máis de tres décadas despois, os desencontros entre veciños das Encrobas (Cerceda) e a empresa Unión Fenosa continúan. Coma nos anos 70, as poucas familias que viven a carón da central térmica de Meirama denuncian que seguen a sufrir abusos da compañía eléctrica. O último episodio protagonízano os veciño da aldea da Lousa que dende hai anos denuncian que os depósitos de carbón, o ruido e incluso as “folerpas” de residuos que de cando en vez cuspe o complexo industrial fan imposíbel unha vida digna. Logo de meses de negociacións, os afectados anunciaron este martes que rompen as negociacións coa empresa até que esta teña “unha vontade real de chegar a acordos”. Vieiros
O Plan Director de Portos Deportivos vai triplicar en 12 anos o número de amarres en Galiza
Actualmente hai 11.600 amarres na nosa comunidade e espérase aumentar estas até a cifra de 32.000 no ano 2020. Ler en Xunta.es
Endesa solicitou permiso para instalar plantas de almacenamento de gas en 17 concellos
Endesa aproveitará a posta en marcha da planta de regasificación de Mugardos (Reganosa) para instalar redes de abastecemento de gas cidade en 17 municipios galegos. A compañía eléctrica anunciou onte un investimento de 10 millóns de euros e a instalación de 75 quilómetros de gasodutos para vender gas natural nos concellos das Pontes, Cedeira, Noia, Melide, Monforte, Sarria, Chantada, Burela, Viveiro, Foz, O Barco, Verín, Xinzo, Lalín, A Estrada, O Grove e A Guarda. El País
Máis de 200 persoas únense contra a liña de alta tensión Boimente-Pesoz
Douscentos veciños de Fonsagrada (Lugo) e Santa Eulalia de Oscos constituíron onte a asociación Camín Grande , en contra da macrolíña eléctrica de alta tensión Boimente-Pesoz que vai construír Rede Eléctrica Española (REE). “Esta liña o que está favorecendo é os procesos especulativos relativos aos parques eólicos” afirmou un representante do colectivo. La Voz de Asturias
Galiza triplica o número de campos de golf a pesar das protestas ecoloxistas
En 1997, a Federación Galega de Golf tiña 3.600 socios e, en toda a comunidade, había oito clubs. Hoxe, os federados son 11.500 e os campos, 22 El País
Os ecoloxistas mobilizaranse contra novos recheos no porto de Vigo
No espazo portuario da ría de Vigo hai 960 concesións que tiveron a súa orixe na necesidade de suplir durante os últimos 25 anos a carencia de chan industrial. Resolver a súa situación debería ser un paso previo a calquera iniciativa para obter espazo a través de recheos, segundo a plataforma ecoloxista A ría non se vende, que declarou a guerra á pretensión da Autoridade Portuaria de Vigo de obter máis de 230.000 metros cadrados con recheos e que se sumarían aos máis de dous millóns de metros xa obtidos por ese sistema. El País
O director do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC, Vidal Romaní, advirte dos perigos do enchido das minas de As Pontes e Meirama
En entrevista a Vieiros o catedrático de xeoloxía analiza as consecuencias destes lagos artificiais
Pretenden cultivar millo transxénico en oito concellos de Galiza
Dúas multinacionais de biotecnoloxía preparan ensaios de millo transxénico en oito municipios galegos. Aínda que a autorización para estes cultivos depende do Ministerio de Medio Ambiente, nalgúns casos é competencia da Consellería de Medio Rural, que xa advertiu de que “non entra na súa estratexia” apoiar este tipo de plantacións. Tamén se opoñen quince organizacións ecoloxistas, culturais e agrarias que mañá presentarán en Compostela a Plataforma Galega Antitransxénicos Galicia-Hoxe
O FMI asegura que o prezo da vivenda está sobrevalorado en España ata un 20%
O prezo da vivenda está sobrevalorado entre o 15% e o 20%. Así o afirmou hoxe Roberto Cardarelli, experto do Fondo Monetario Internacional (FMI) nos mercados inmobiliarios, quen cualificou o actual nivel de prezos como “insostenible” e augurou “unha contracción”. El País
Os biocombustibles perden a etiqueta ecolóxica
Aos biocombustibles cada vez resúltalles máis difícil levar colgada a etiqueta de fonte de enerxía ecolóxica. A culpa é do crecente número de expertos, investigadores e ecoloxistas que cuestionan a súa capacidade para reducir as emisións de CO2, e falan os efectos de deforestación e de aumento das desigualdades que poden causar. La OCDE admite preocupación polo seu impacto no prezo dos alimentos.
Máis risco de sismos por mor dos lagos artificiais en As Pontes e Meirama
Os xeólogos consideran que as masas de auga con que se cubrirán eses ocos provocarán o que denominan “sismicidade inducida”, é dicir, engade un peso enorme sobre o terreo que nun lugar activo como ese, “pode xerar por si só un movemento”, explica Javier Álvarez Pulgar, doutor en Xeoloxía e catedrádico de Xeodinámica Interna da Universidade de Oviedo. O lago das Pontes, que será o máis grande de Galicia, terá seis quilómetros de lonxitude e dous de ancho, con 200 metros de profundidade, e os traballos de enchente poderían estar rematados no horizonte do ano 2012. Galicia-Hoxe
Ence fará unha “gran planta” de celulosa en Galicia
O obxectivo das negociacións que manteñen Ence e a Xunta é pechar a fábrica de Pontevedra no ano 2012 (a concesión administrativa caduca en 2018) e, simultáneamente, abrir a nova factoría galega. A cotización internacional da celulosa de eucalipto alcanzou en 2007 o prezo máis alto desde 1995, un sector no que Ence pesa cada vez máis xa que produce un 41% de toda a pasta de eucalipto europea e, mundialmente, só é superada polos grandes grupos brasileiros. El País
O Porto de Vigo cubrirá con cemento 270.000 metros cadrados da ría. O proxecto recupera o polémico recheo do Areal, en pleno centro urbano
Ademais dese recheo, a proposta portuaria prevé outros 81.341 metros cadrados de ocupación de ríaa en Bouzas, 22.353 en Beiramar, 36.000 na estación de trasatlánticos, 21.194 en Chapela -que se poñerán a disposición de Pescanova- e 30.881 en Duchess. El País
O presidente da Xunta destaca que a Lei de Protección da Paisaxe, a terceira deste tipo en España, recoñece xuridicamente o valor da paisaxe galega
“Unha lei que ten un obxectivo preciso, recoñecer xuridicamente a paisaxe e promover as políticas necesarias para garantir a súa conservación, a súa protección, a súa xestión e a súa ordenación”. A lei obriga a que todo proxecto que teña que someterse ao trámite de declaración de impacto ambiental inclúa un estudo de impacto paisaxístico e de integración paisaxística. Xunta.es
Touriño asegura que o embalse do Navia nunca se construirá
Hai uns días denunciabase aquí a intención de construír un encoro no río Navia. Hoxe El País anuncia que este encoro non vai ser consentido polo goberno galego
O Goberno central limita a instalación de parques eólicos mariños nas rías galegas pero ve “aptas” dúas franxas na Guarda e A Mariña
O Goberno central excluirá ás rías galegas da posible instalación de parques eólicos mariños, aínda que considera “aptas” dúas zonas situadas nas proximidades dos concellos da Guarda, O Rosal e Oia (Pontevedra), e ao norte da Mariña oriental de Lugo, segundo reflicte o Estudo Estratéxico Ambiental de litoral español elaborado polos ministerios de Industria e de Medio Ambiente. A Peneira Dixital
O Foro Social de Cangas anuncia mobilizacións ante a inminente chegada das máquinas a Massó
Esta semana comezarán as obras do porto deportivo de Massó, en Cangas. Así o anunciou a empresa que se fixo cos terreos da antiga fábrica conserveira durante o mandato do Partido Popular en Cangas, Marina Atlántica, promotora que quixo desbotar calquera posibilidade de que unha mobilización cidadán poida retrasar o inicio das excavacións. As máquinas levan meses paradas no peirao cangués debido a que o colectivo ‘Foro Social pola Defensa do Pobo’ non deixou de estar apostado ás portas da antiga fábrica. As máquinas levan meses paradas no peirao cangués debido a que o colectivo ‘Foro Social pola Defensa do Pobo’ non deixou de estar apostado ás portas da antiga fábrica. GZnación
Monsanto volve cultivar transxénicos en Galiza. Alarma entre ecoloxistas y lebregos de Arteixo polos experimentos
A empresa multinacional de agricultura e biotecnoloxía Monsanto traballou en 2007 con cultivos transxénicos en Val do Dubra e este ano probará tres variedades de millo xenéticamente modificado noutras tantas parcelas do concello coruñés de Arteixo. Para emprender os ensaios só está pendente de recibir o permiso do Ministerio de Medio Ambiente, que dirixe Cristina Narbona. El País
Declaracións do concelleiro de medio ambiente Manuel Vázquez
“Os ecoloxistas son utópicos” En relación ao descontento mostrado polos ecoloxistas dende a chegada do bipartito, o conselleiro de Medio Ambiente analizou que “segue habendo cousas que nos separan, porque formulan unha política moi utópica, moi de máximos, pero é que a vida é doutro xeito”.
Ence, fóra de Pontevedra. Ao ser preguntado sobre un posíbel traslado de Ence á localidade das Pontes, o conselleiro admitiu que “sería unha opción que se á empresa lle vale, habería que analizar ambientalmente a súa viabilidade”.
O PXOM de Vigo cumpre as garantías ambientais‘ Europa Press
Biólogos galegos ven “crucial” o uso sostible da auga porque algúns ríos están “lonxe” do “bo estado ecolóxico”
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) mostrou hoxe a súa “preocupación” polo estado dos ríos e dos lagos galegos, xa que, segundo os seus estudios, “un grande número” de tramos fluviais da comunidade están “lonxe” do concepto “bo estado ecolóxico” que define a Directiva Europea da Auga e, por iso, considerou “crucial” o uso sostible dos recursos hídricos. Con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebra mañá día 22 de marzo, o COBGA reclamou un “novo modelo de xestión do auga” co “aforro” como obxectivo principal. Europa Press
A depuradora de Vigo ten 75.000 metros menos que o chan comprado
O Concello de Vigo non só comprou para construír a depuradora terreos que resultaron ser de dominio público, senón que máis da metade dos 772 millóns de pesetas que pagou perdéronse no camiño desde a casa consistorial á xunqueira do Lagares. O solar que ocupa a depuradora mide 59.600 metros cadrados, isto é, bastante menos da metade da superficie que teóricamente correspondería aos 772 millóns de pesetas desembolsados para ese fin. El País
Iniciativa lexislativa popular de blindaxe da costa galega
Galiza non se Vende promove unha ILP para a protección da primeira liña de costa, que impida desenvolver e tramitar proxectos sectoriais ata que se aprobe o seu Plan de ordenamento Galicia-Hoxe
La Xunta localiza 18 acuíferos para levar auga ás poboacións
A inusual seca deste outono-inverno puxo en evidencia que Galiza non está preparada para a falta de choiva. O país dos mil ríos destina os seus encoros sobre todo a producir enerxía e a escaseza de precipitacións dos últimos meses chegou a poñer en perigo o abastecemento doméstico. El País
Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de autorización de parques eólicos
Segundo unha adicional publicada no DOG, poderanse presentar solicitudes de proxectos de parques eólicos situados fóra das áreas de desenvolvemento eólico do actual Plan Sectorial Eólico de Galicia sempre que vaian incluídas nunha proposta de nova ADE formalizada segundo o previsto no parágrafo anterior DOG
Pages: 1 2
Comentarios recentes