O 31 de Maio tod@s a Vigo, o 5 e Xuño tod@s a Ferrol
Desde Galiza Non Se Vende queremos denunciar os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, fruto da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento economico, que equipara medre e benestar social.
Por desgraza, todos os gobernos que pasan pola Xunta seguen unha política “desarrollista” de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil. Os costes deste desenvolvemento económico son a destrucción da natureza.
A privatización e venta da nosa costa, das nosas rías, do noso vento, dos nosos montes, dos nosos rios, do Courel, supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en beneficio de só duns poucos. Privatizando beneficios e socializando as perdas.
Deste modelo cego e xordo non se libra o litoral onde se construen recheos dentro das rías que estragan a súa grande riqueza; onde se instalan polígonos industrias sobre o terreo gañado ao mar ou en primeira liña de costa realizando desmontes; onde se instalan as industrias mais perigosas como Reganosa ou máis contaminantes como Ence; onde empresas e industrias de todo tipo verten os seus refugallos directamente ao mar xunto coas aguas residuais urbanas, as veces pasando por depuradoras deficitarias ou que non funcionan contaminando as rías e facendoas incompatíbeis coa pesca e o marisqueo; onde se promoven piscifactorias nos lugares mellor conservados da nosa costa artificializandoos com formigón e contaminando o mar com antibióticos para proveito de empresas transnacionais; onde se privatiza o mar e a costa com portos deportivos a esgalla que soen levar aparellados proxectos urbanisticos especulativos; onde se produce a máis salvaxe especulación urbanistica; onde se construen a meirande parte das irracionais infraestructuras de transporte; onde se destrue a identidade dos pobos e vilas mariñeiras erradicando o noso patrimonio marítimo; onde máis se turistifica a nosa cultura e o noso território; onde se crean máis campos de golf arrasando com grandes superficies de monte e contaminando com herbicidas; onde menos se respetan os espazos protexidos….
Non é necesaria, nen imprescindible a destrucción do noso fogar común para acadar medios de vida, nin debemos basar o benestar na explotación das persoas nen a terra que habitamos, porque si asi fora estaríamos correndo o camiño do suicidio colectivo.
Todas e todos xuntos temos que porlle freo a esta locomotora desvocada, deste falso progreso, que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures. Esta “valorización” do territorio ten que distinguir xa os bens de uso, os modos de vida, do expolio e despoxo da nosa terra. Tratase en suma dunha nova mentalidade que trate o medio non como un negocio, do que se pode quitar beneficio, senon coma a nosa terra común da que todas e todos formamos parte. Vainos nelo a preservación da civilización que queremos legar ás persoas que veñan detrás de nós, non podemos tolerar máis o intolerabel.
Por isto convocamos A unha grande manifestación nacional en Vigo o 31 de maio ás 12:00 que sairá desde a praza do concello e rematará na Praza da Estrela.
E a un grande roteiro contra Reganosa polas ruas de Ferrol o vernes 5 de Xuño ás 20:00 desde o edificio da Xunta de Galiza.
ESTE MODELO TEN ALTERNATIVA
DEFENDAMOS O LITORAL
GOBERNE QUEN GOBERNE
GALIZA NON SE VENDEl
É un erro reiterado tentar intervir nos procesos electorais por parte de GNSV con estes temas, que pasan máis desapercibidos, sobre todo con chamados tan “inconcretos” como este, aínda que estou de acordo que a situación merecería unha manifestación diaria.
Non é por desanimar pero cheiro certa frustración política dos que tiveron a idea de manifestarse neste momento. Cada cousa a seu tempo, porque aínda que teñas toda a razón hai que ter en conta os ciclos políticos, que son tan obxectivos e inesperados como a Revolución do 17.
Precisamente do que se trata é rachar os ciclos políticos.