O bipartito pide discrección: nós transparencia

Xa se decataron de que non vai ser doado. Pontevedra rexeita o complexo de Lourizán e o seu traslado é un compromiso político ineludible para o bipartito. Pero tamén hai un compromiso manifesto coa empresa: ENCE debe reubicarse no país. En Galicia, si, di Touriño. E o discurso político atopa malabarísticamente o xeito de conciliar as incontrovertibles razóns de Pontevedra para desterrar a papeleira en incontestables vantaxes polas que a localidade X debería acollela.

Pero non está sendo doado. Polo momento a simple mención a título de rumor de A Coruña, porto exterior, como ubicación de acollida, ven de provocar unha excitada reacción por parte do seu alcalde, que a cualifica de brincadeira. Non andou polas ramas o alcalde Losada: Non hai como abortar algunhas ideas antes de que se convertan en posibilidade. E que sexan outros os que liden coas vindeiras APDRs, con manifestacións e litixios nos tribunais. Irisarri non se queda atrás e lle sae ao paso: En Ferrol tampouco. E xa son dous os representantes do PSOE os que cualifican a celulosa de grave risco para a costa e instalación indesexable para a súas localidades. “Si ENCE non contamina que quede en Pontevedra”, di Losada sen ambaxes.

Que Touriño, Quintana e Blanco expliquen ao mundo por qué en Pontevedra non, por qué non en A Coruña nin en Ferrol pero sí á beira do Eume. O bipartito toma nota: Non hai que alporizar as pitas. Quintana demanda discreción: A administración seguirá a buscarlle o sitio a ENCE en nome do interese público, pero coidando que os cidadáns non se enteren moito. Obxectivo: disolver a posible contestación social nunha espesa desinformación. Garantir o interese da empresa e procurar o menor impacto…electoral.

Porque o impacto ambiental dunha pasteira xa non se pon en dúbida: De ser asentada en As Pontes, a Xunta recoñece que se faría necesario construír unha longa e custosa canalización das súas tóxicas verteduras ata o mar (ría de Ferrol) para non provocar o envelenamento do río que da vida ao parque natural das fragas do Eume. As novas tecnoloxías de producción de celulosa poden reducir as emisións pero non é suficiente para facer desexable para ningunha localidade a súa instalación, nomeadamente tendo en conta que non hai unha compensación social que a xustifique: As novas tecnoloxías, menos contaminantes, tamén consisten nunha maior mecanización da producción e unha necesidade menor de man de obra. A actual ENCE da traballo directo a 300 persoas, a próxima factoría colocará a pouca mais xente que unha carpintería industrial. Eso si, consolidará o cuestionable modelo forestal que ten hipotecados os nosos montes e obstaculizará o desenvolvemento sustentable deste sector.

Pero o bipartito ten pechado este debate e asume os intereses da empresa como propios. Agora, pola vía do escurantismo pretende colocar á cidadanía ante os feitos consumados. Como se fixo con REGANOSA: Pero aínda non se decataron que esas cousas acaban por estoupar, esperemos que sexa soamente na carreira política de alguén.

20 Comments

  1. Nin en Pontevedra, nin en Ferrol, nin en As Pontes, nin na Coruña…

    ENCE-ELNOSA, REGANOSA : DEMOLIZÓN, ÚNICA SOLUZÓN!

    UNIÓN, ACZÓN, DEMOLIZÓN!

    http://www.reganosademolizon.org

  2. Un dilema co que se atopa o nacionalismo do BNG.Quere industria en Galiza ao prezo que sexa e ao mesmo tempo os seus alcaldes non queren contaminar os concellos que dirixen.
    O BNG non é distinto dos outros partidos. Doblégase ao poder das grandes industrias porque para gobernar hai que demostrar antes que se acepta o xogo político da supremacía do poder económico. Doutro xeito, hai que pasar polo aro só risco de quedar marcado como grupo radical e revolucionario. Ademais as grandes corporacións saben ser xenerosas cos sumisos partidos que forman parte da farándula democrática. Son os bancos e caixas os que financian, a baixo interese, as campañas dos partidos. Outros, máis xenerosos, ofrecen importantes donacións.

  3. Dixéronme que ADEGA marchou da Rede Galiza non se vende. Non me sorprende, e demasiado incomoda para os seus camaradas do BNG.

  4. A marcha de ADEGA estaba cantada dende aquela chamada de atención de Paco Rodriguez, Secretario Xeral da UPG, aos ecoloxistas afins que sairon na manifa de Galiza Non Se Vende no mes de febreiro. Supoño que lle costará criticar as posicións do conselleiro blanco no tema das minas ou da industria pasteira.

  5. si e verdade que adega se foi da rede e unha mostra mais do servilismo de esta asociacion “¿ECOLOXISTA?” o poder. O BNG por amarrarse o poder fai en todos os sitios igual, soga coa sua ambiguedade (o tan manido si pero …), o que os delata e que sempre acaba votando o que quere o seu socio de governo (non sin antes aclarar que o malo gracias a eles e menos malo; PERO SIGUE SENDO MALO).
    AHORA SI MIRADE O QUE MANDAN PROS POBOS DOS CONSELLEIROS, PRESIDENTE OU “VICEPRESIDENTE” ¿ CANTOS DE ESTOS SON AGRACIADOS COS PREMIOS QUE TEMOS OS DA REDE?
    DESPOIS ACUSANNOS DE LOCALISTAS

  6. Sogama non se montou en Lalin.Seguro que en Mugardos non tiña ningun conselleiro o seu chalet. A celulosa non ira nin para Carballiño nin para Allariz . Seguro que perto das Pontes non pasa o seu tempo libre Touriño….

  7. Os animo a ver este divertido video muy ilustrativo sobre lo que representa una papelera.
    http://www.youtube.com/watch?v=252fe8Ul-tk

  8. Para os/as despistados/as e non tan despistados/as que interesadamente insisten en ver “bechos” onde non os hai, reproduzo o correo oficial remitido por ADEGA canda as lamentábeis declaracións de Paco Rodríguez, e que recibistes no seu momento:

    “Lamentábeis manifestacións do Sr. Rodríguez que evidencia o seu descoñecemento do que significa a REDE GALIZA NON SE VENDE, así como das razóns da manifestación do 17-F. Fala da falta de lealdade da RGNSV e dos “ecoloxistas afíns ao BNG” ao “apuñalar polas costas ao PSOE” (sic). O Sr. Rodríguez debería saber que a RGNSV non ten compromiso algún nen pactos co PSOE, BNG ou PP, e ningún dos colectivos que a integran son correa de transmisión de partido algún. O noso compromiso está co país, co seu ambiente e coas súas xentes, e por iso nos mobilizamos diante da pasividade dos políticos, sexan do signo que sexan, que poñen os seus pactos e lealdades por riba dos intereses xerais e da terra. E sobre a afirmación de que “non podemos aspirar a que non se faga nada na costa”, só dicir que cheira a demagoxia e non está á altura da intelixencia que o Sr. Rodríguez ten demostrado noutras ocasións”.

    E sobre a saída de ADEGA da RGNSV, o xa dito: coincidindo con moitos dos plantexamentos da RGNSV da que ADEGA foi co-fundadora, non podemos seguir formando parte dunha entidade na que sistemáticamente se insulta e falta ao respecto dende foros como este. E preguntádevos: por que as principais asociacións ecoloxistas de galiza (ADEGA, SGHN, Greenpeace e Amigos da Terra) saíron ou non están integradas xa na RGNSV?
    Resposta para os recalcitrantes: están todas ás ordes de Paco Rodríguez!

  9. ADEGA marcha de GNSV porque é unha rede de colectivos que critica ao goberno da Xunta (sexan ou non as consellerías do BNG as afectadas) desde un ollar ecoloxista. Cousa que ADEGA hai tempo que non fai.

    A marcha de Greenpeace de GNSV non tivo nada que ver coa vosa e ti, Fins, sábelo tan ben coma min.

    Seguides na liña de desprezar a Verdegaia, de acordo coa máxima ESTADES COMIGO OU ESTADES CONTRA MIN. Parabéns, estades no bo camiño.

  10. A este respeito cito un par de párrafos do seguinte artigo:

    “Unha loita sostible?”, de Eliseo Fernández.
    http://reganosademolizon.org/?p=80

    ” Hai anos, unha boa parte da esquerda participaba nas diferentes frontes de loita contra o capitalismo; agora, a experiencia nos ten ensinado que a esquerda parlamentarista ten unha visión completamente instrumental dos movementos sociais, en función da súa rendibilidade electoral”

    ” A desfeita da socialdemocracia (plenamente integrada no sistema capitalista dende hai moitos anos), a decepción do ecoloxismo político (cos verdes alemáns dando un tristísimo exemplo) e a crise do nacionalismo galego (co BNG exercendo de lacaio dos “nosos” caciques, Tojeiro e “La Voz de Galicia”, e das mafiosas electricas de toda a vida), deberían ser exemplos de que o camiño dos movementos sociais e da esquerda parlamentaria é exactamente o mesmo: só que os movementos sociais circulan nun sentido, mentres que a esquerda parlamentaria vai no contrario “.

  11. Da segunda intervenzón:

    ” Doutro xeito, hai que pasar polo aro só risco de quedar marcado como grupo radical e revolucionario”…

    Radical: ” Según el contexto radical puede significar:En política: Radical, alguna posición que busca ir al fondo o raíz de las cosas, como por ejemplo los ácratas” (tirado de wikipedia)

    Revolucionario: ” Revolución es el cambio o transformación radical y profundo respecto al pasado inmediato. Se puede producir en varios ámbitos al mismo tiempo, tales como económicos, culturales, religiosos, políticos, sociales, militares, etc. Los cambios revolucionarios, además de radicales y profundos, y sobre todo traer consecuencias trascendentales, han de percibirse como súbitos y violentos, como una ruptura del orden establecido o una discontinuidad evidente con el estado anterior de las cosas, que afecte de forma decisiva a las estructuras.” ( Tirado de wikipedia).

    A min non me importa seren tachado de radical ou revolucionario, o que realmente me importa é chegar a soluzón real ( e radical) dos problemas dos que estamos a falar.

  12. Esta soluzón non chegará, de seguro, por vía parlamentar. Os movimentos sociais ( a xente) xa caeu na conta disto.

    Por iso trá-la “misteriosa desaparizón” da plataforma nunca máis, a súa utlizazón como plataforma eleitoralista materializada na campaña ” Hai que botá-los” e a consecuente vitoria eleitoral do PSOE-BNG, cando se artellou a RGNSV se excluiron partidos e sindicatos. É lóxico que os seus ” satélites asociativos” se autoexcluian da rede.

    Non hai que esquencer que as 10.000 persoas que se manifestaron no 17 Fev, ampliaran espontáneamente o lema da mani “Galiza non se vende”, engadindo un ” Goberne quen goberne…” ao principio da frase.

  13. Rubén lévache moita razón. RGNSV é crisol do movemento asociativo que non se pon ao servizo de ningún proxecto partidista ou persoal. Sen dúbida o proxecto político do BNG non coincide co proxecto que están levando á pratica na Xunta Bipartita. Pero o que máis traizoa ese proxecto paradoxalmente é o Quintana, que pon ao nacionalismo con representación paerlamentaria ao servizo do capital depredador e agarda que os movementos ecoloxistas e ambientalistas vencellados de sempre a frente nacionalistas fagan seguidismo acrítico da súa aposta. Esto leva a profundas contradicións e mesmo cabreos como o do secretario executivo de ADEGA que ten que nadar e gardar a roupa en asuntos onde están moi implicados os cargos institucionais do BNG, parece que mais preocupados de potenciar a explotación mineira no Caurel, ou a explotación eolica, ou asentamento perpetuo de ENCE na Galiza, ou a mesma turistificación de Galiza reavivando os vellos proxectos fraguistas coma o do XACOBEO. Ante estas cousas non se pode calar un. Calar é facerse complice.

  14. A Fins Eirexas.
    As súas palabras están cheas de erros, e non ortográficos. Atribúe a Adega a resposta que Galiza Non Se Vende publicou cando as lamentables declaracións de Paco Rodríguez.
    Tamén as contradicións parecen fluír polas verbas do Sr. Eirexas. Reprocha a Paco Rodríguez o comentario “non podemos aspirar a que non se faga nada na costa”, cando o secrtario de Adega utilizou o mesmo argumento para xustificar, nestas páxinas, a instalación dun parque de residuos no Ribeiro: hai que deixarse de olladas localistas e atender ás necesidades da nación.
    Pero o que irrita é esa prepotencia propia dos que aínda cren no pedigrí ecoloxista. As principais asociacións ecoloxistas de Galiza non están en GNSV. Que criterio razonábel utiliza para calificar, ou descalificar, ás asociacións ecoloxistas galegas?
    Será o número de socios ou a incidencia social? Será a credibilidade que lles ofreza o goberno galego?
    Tristes declaracions de quen representa unha organización que ten traballado e moito por Galiza. Lamentábel actitude de quen debería procurar o necesario entendemento entre os ecoloxistas, evitando trasladar a este colectivo as trifulcas políticas propias dos partidos.
    Xa sei que non teño atribucións para inmiscuírme nos asuntos internos de Adega, pero o meu dereito a expresarme lévame a aconsellar a esta asociación que prescinda do Sr. Eirexas por unha Galiza máis verde

  15. Mira fins so unha reflexion; si o BNG non consentiria que dende Madrid ou Bruselas se tomasen as decisions do noso pais sin contar con eles, no ribeiro tampouco nos gusta que se decida o seu futuro sin contar con nos e iso non e localismo, nin ser rancio do PP, porque os dous terminos son a disculpa pra descalificar sin dar razoamentos o 1º empregadelo vos e o 2º o pachi; nos so queremos preservar a nosa terra, non non queremos estar subencionados, nin ser os protagonistas da peli (ahora estamos perseguidos, en listas negras……)vos sodes os apaga lumes do poder mal que vos pese.

  16. Aupa GNSV !!!

  17. Descoñezo as razóns polas que unhas asociacións marchan desta rede e por que outras quedan. Descoñezo, tamén, por que hai esas diferencias entre dúas asociacións ecoloxistas galegas.

    O único que podo dicir é que, ó meu parecer, fraco favor se lle fai “á causa” que aquí nos reúne, tendo este tipo de escisións. Neste tema debemos estar tod@s unid@s, xa que é algo que está por riba dos intereses persoais, asociacionistas ou políticos. Está en perigo a nosa terra, e, ante isto hai que estar unidos para dar unha resposta máis contundente.

    Si que é certo, que me da a sensación de que hai quen está interesado/a en meter cizaña contra o BNG, xa sexa desde posicións persoais ou colectivas (non o sei), pero tamén é verdade que o BNG neste tema está a demostrar falta de claridade.

  18. O que está demostrando o BNG é o pouco ecoloxista que é. Pola sua banda, ADEGA retrátase co seu abandono de GNSV, é unha asociación ao servicio do Bloque, por afinidade e por comenencia, pois está a recibir moito diñeiro de administracions gobernadas por este partido, diñeiro do que xa come moita xente. Estar en GNSV era un problema para eles agora, se volve o PP á Xunta seguro que volven á rede.

Deixa una resposta a flix Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.