O camiño do pobo
Malia que aínda é cedo para avaliar que efectos pode ter a Rede Galiza Non Se Vende -RGNSV- na sociedade e na política galegas, pois é un movemento recente e non dabondo instaurado no maxín popular, a exitosa manifestación do domingo 17 pode marcar un antes e un despois, quer no papel e influencia dos movementos sociais independentes, quer no xeito de exercer presión sobre a política, que esquece moi a miúdo de onde vén.
Hai uns tres apuntamentos que, sempre coas reservas que supón a noviza rede, fan pensar que estamos nun momento histórico. En primeiro lugar, parece que a RGNSV deu no albo na súa demanda central e isto entrou en sintonía con boa parte da poboación, pois o movemento medra exponencialmente. A defensa do territorio é cada vez menos demanda e máis necesidade para as galegas e os galegos. Porén, “terra viva e vida digna para tod@s” non é unha reivindicación exclusivamente verde, como as que agromaron no mundo logo de maio do 68, senón que a rede a enmarca no sistema economicista global que pon o interese duns poucos por diante dos da maioría. É pois, por riba de todo, unha loita antiglobalización.
En segundo lugar está o xeito de traballar, a rede en si. Decenas de colectivos, sen apoio político, nin mediático, nin económico -todo o contrario-, aprenderon a conectarse e confluír nunha loita común ben significativa. A miúda pero xeneralizada cobertura dos medios de comunicación á mobilización do 17 é un éxito do traballo en rede e non unha consecuencia da responsabilidade deses medios, cuxa tendencia é sempre a de ocultar a realidade social e enxalzar a virtualidade política. Non quedou máis remedio que contalo, pois había moita xente. A RGNSV nace na conxuntura planetaria da formación de redes horizontais de acción e presión como resposta á ofensiva do capital sobre a política e o agachar de orellas desta última.
E en terceiro lugar está a independencia do movemento. Se cadra é a primeira vez na historia de Galiza que tantas persoas saen á rúa sen ningún pai político detrás. Foi a manifestación da emancipación popular respecto do poder político. A Quintana encheuse como calquera Día da Patria -e sen escenario-, cantou o himno e berrou ese “Galiza ceibe, poder popular” que, desta vez, foi máis popular ca nunca. Velaí un novo camiño para o pobo, un camiño necesario.
[Manoel Santos. Publicado en Galicia Hoxe o 24/02/2008]
Se houvo um berro a destacar na manifestaçom de 17 de Fevereiro esse foi o de “Governe quem governe, Galiza nom se vende”, o do hino, as bandeiras e demais parece-me totalmente secundário e prescindível (quanta gente cantou o hino realmente? Quanta fixo play-back? Quanta passou olimpicamente del?).
Por muito que haja quem pretenda fazer ver a convocatória como patriótica, realmente a manifestaçom tivo como centro umha mensage ecologista social (terra viva e vida digna para tod@s) e de autoorganizaçom cidadá.
Pois eu estou en parte con Signatus.
Pero antes cómpreme dicir que a anáilise da “neonata Rede” que fan desde Corrubedo no artigo que comentamos é moi atinada.
Si estou con Signatus é porque este mobemento é moito máis amplo que o que delimitan hinos e bandeiras.
Para medrar e ser maior, a Rede terá que ser o que ela queira ser. Inútil e perigoso é violentala no seu crecemento, forzala nas súas orixes.
Son moi diversos os colectivos que a compoñen (riqueza, fartura) pero a grandeza do enxendro é que esa diversidade atopou aquí un lugar común.
E iso hai que coidalo.
Terra viva e vida digna para tod@s
Ollo con capitalizar a fartura de ‘promesas esquecidas’ que denunciamos tódolos participantes na manifestación do 17F.
Eu aínda non me esquezo as verbas publicadas nesta mesma web na víspera da manifestación por X.L. Méndez Ferrín: “Todo o cal proxectará sobre os manifestantes de Galiza non se vende un feixe de luz rara”.
Eu non vin isa luz rara por NINGURES!!!
Vin un pobo sabio e antigo farto de vivir engaños dende séculos e sinceiramente doído de ter que sair á rúa mesmo cando o Goberno disque é progresista!!!
Eu daríalle o primeiro premio da ANTROIDADA á compañeira que cantaba coplas contra Reganosa chea da razón que dá verse puteados polos que a deberan apoiar na Xunta!!! E coma ela tódolos demáis formamos un POBO FARTO DE POLÍTICOS de pacotilla!
Se isto non é a Sociedade Civil en marcha serán logo os resucitados das ‘mesas camilla’ de antano que hoxe pulan por se destacar aínda que sexa á base de Críticas Retrincadas que mellor fora gardaran para outros momentos menos urxentes!
Para mostra o remate do mesmo artigo citado máis arriba: “Eu espero que todo, os presentes e os ausentes, se decaten de que a protagonista da manifestación será non a “sociedade civil”, nin a “cidadanía”, senón algo tan distante desta palabra ou verba choca como é o Pobo Galego. Que o hai e está dotado de conciencia, anque a algúns lles doa na ialma” (Volve dicir Ferrín).
http://galizanonsevende.org/?p=226
O que nos doe na ialma a este Pobo que se ergue decidido e bravo é ver as clamorosas AUSENCIAS de moitos ‘persoeiros’ que a título de pais da Patria andan moi atarefados noutras liortas: que si normalizacións, que si viaxes culturais á Cuba, que si Cidades da Cultura, que si Bibliotecas do Ministerio de Cultura, que si tal e que si cual…
Pero de baixar á rúa e berrar con nós: Goberne quen Goberne, Galiza NON SE VENDE! nada de nada…!
Por iso prefiro seguir facendo ‘rede’ e ‘rede solidaria’ ata enterralos no mar de lousa do Courel ós que disque somos un fato de xentes pedindo cadanseu o seu…!!!
O noso, é o voso e o de TODOS!!!
Outros chamarían a esto Razón de Estado!
É Galicia o que está en xogo… e o futuro dos galegos e galegas o que estamos pedindo que se protexa!
Mentres ó parecer algúns queren facer ‘Patrias’ de consumidores sumisos e con ‘hipotecas galegas’!!!
Un berro percorre Galiza dendo O Courel ata Camelle… pero en lugar de escoitar o que dí algúns seguen a discutir o afinamento do son!
Premendo no nick veredes o avance das
Canteiras no Courel!
Sigamos escribíndolle ó Parlamento de Galicia antes de que perpreten a nova Lei da Minaría!