Pages Navigation Menu

O choio de nacer galego: cada meniño galego trae 6 vivendas baixo o brazo

As consecuencias do crecemento urbanístico son claramente nocivas para o desenvolvemento de Galiza. Se ben moitas veces ante unha traxedia algúns empéñanse en salientar os efectos positivos, neste caso podemos afirmar que o único beneficio desta plaga chamada urbanismo salvaxe é para os empresarios e especuladores. Non hai ningunha contrapartida para os cidadáns que teñen que soportar con estoicismo a destrución do ben máis valioso que temos: a paisaxe. Un ben emocional que outros mudaron en material. Porque se pretende convencer que o crecemento é isto, o aumento da superficie edificada cando a poboación non crece na mesma proporción.

A seguinte táboa reflicte o número de vivendas de nova construción que se levantaron en Galiza dende o ano 1997

Ano Vivendas a crear en nova planta Vivendas a crear en rehabilitación Vivendas a demoler Variación neta do parque de vivendas vivendas construídas:% de variación sobre o ano anterior
1997 17.315 1.049 424 17.940  
1998 19.509 962 620 19.851 10,65
1999 25.034 1.152 1.123 25.063 26,26
2000 29.936 1.065 865 30.136 20,24
2001 22.499 930 964 22.465 -25,45
2002 24.788 698 829 24.657 9,76
2003 25.550 1.112 1.055 25.607 3,85
2004 32.505 1.293 1.532 32.266 26
2005 36.048 1.259 1.297 36.010 11,6
2006 41.115 1.160 1.209 41.071 14,05
Ata 08- 2007 33.724 907 999 33.632  
Totais 308.023 11.587 10.917 308.698  

Pódese apreciar como a aumento do número de vivendas de nova construción crece imparablemente dende o ano 1997. En total dende ese ano levantáronse 308.698 vivendas.

A táboa seguinte, pola contra, indícanos o crecemento poboacional que se deu no noso país no mesmo período de tempo

Ano Poboación en Galiza % de variación da poboación sobre o ano anterior
1998 2.724.544  
1999 2.730.337 0,21
2000 2.731.900 0,06
2001 2.732.926 0,04
2002 2.737.370 0,16
2003 2.751.094 0,5
2004 2.750.985 0
2005 2.762.198 0,41
2006 2.767.524 0,19
2007 2.772.533 0,18

Se xa foi unha ledicia o anuncio dos 2.500 euros que cada familia percibiría por cada fillo nado, agora o contento é moito maior pois hai que agregar un capital inmobiliario inestimábel. Mentres no período 1998-2007 o número de vivendas aumentou en 290.758, a poboación só aumentou en 47.989 persoas. É dicir, construíronse 6 vivendas por cada novo galego. Unha fortuna poden pensar algúns. E o certo é que diso se trata pero só para os empresarios da construción (e algún que outro alcalde).

A Nosa Terra faise eco desta nova

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.