Pages Navigation Menu

O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia novo “pelotazo” do Grupo Tojeiro no caso REGANOSA

Hoxe, ás 12:30 hrs, nos locais do Ateneo Ferrolán, tivo lugar unha importante rolda de prensa, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para denunciar un novo “pelotazo”, desta vez a conta dunha Concesión Administrativa no que están implicados o Grupo Tojeiro [a través da súa empresa Forestal del Atlántico, S. A.], REGANOSA, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Ciprián e a anterior Xunta de Galicia, con Manuel Fraga como Presidente.

Hoxe, ás 12:30 hrs, nos locais do Ateneo Ferrolán, tivo lugar unha importante rolda de prensa, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para denunciar un novo “pelotazo”, desta vez a conta dunha Concesión Administrativa no que están implicados o Grupo Tojeiro [a través da súa empresa Forestal del Atlántico, S. A.], REGANOSA, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Ciprián e a anterior Xunta de Galicia, con Manuel Fraga como Presidente.

O 4 de Maio de 1997, o Consello de Administración da citada Auoridade Portuaria, acordaba a Concesión Administrativa, outorgada por 30 anos á empresa Forestal del Atántico, cuxo importe correspondía nos exercicios económicos de 2001 e 2002 a 142.576,90 €. A citada concesión, foi cedida, nun 46,92% a REGANOSA o 23 de marzo de 2001, con anterioridade, o 2 de marzo de 2001, o Consello de Administración da citada A.P. aprobaba a cesión, uns días antes [21.02.2001] de producirse o outorgamento da Concesión Administrativa, producese o cese do Presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Romero Caramelo, que se opuña ao “cambalache” [*]. A Concesión foi autorizada definitivamente despois dunha ampliación da mesma, polo Consello de Administración da citada Autoridade Portuaria con data do 7 de maio de 2003. Desta vez no asentamento contábel de REGANOSA no conceito de concesións administrativas figura 24.799.003,39 €.

[*] Guillermo Romero era presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol en febreiro de 2001, cando tocaba regularizar un recheo de 123.000 m2 en Punta Promontoiro, onde só se autorizaran 59.000 m2, e un dragado ilegal que servira para poñer un calado de 14 metros onde só había 12,5

Audio da Rolda de Prensa

 
Get this widget | Track details | eSnips Social DNA

Galería de Diapositivos da Rolda de Prensa
Galería de Fotográfias da Rolda de Prensa
_________________________

As datas son significativas:
Cese de Guillermo Romero Caramelo no BOE, en formato – PDF-

As hemerotecas dan datos de interese, ainda que sexan as de “La Voz de Galicia”:
Manuel Fraga apoia a decisión do conselleiro de Política Territorial porque «había que resolver o tema de Mugardos» [Noticia en “La Voz de Galicia” – 16.02.2001]
A Xunta destitúe ao presidente do porto de Ferrol por entorpecer a planta de gas [Noticia en “La Voz de Galicia” – 16.02.2001]

Eran outros tempos:
O deputado socialista Ismael Rego acusa ao titular de Política Territorial de cesar a Romeu porque “non se encartou aos intereses dun empresario” afín á Xunta [O Xornal – 21.03.2001]

Interesante frase:
“Fixen o que tiña que facer e díxenllo a quen llo tiña que dicir. Non quero volver falar de Reganosa”, Guillermo Romero Caramelo [Extracto dunha reportaxen da revista “Tempos Novos”, nos Arquivos Ártabros]
____________

Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta, o xoves 6 de marzo, ás 7 da Tarde, ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA
_______________

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.