O Comité Cidadán de Emerxencia organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010

A mediados do pasado mes de Abril, a titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Ferrol, a Maxistrada-Xuíz Mónica Ramírez Encinas, emiteu un escrito de procesamento a 60 mariscadores da Ría de Ferrol por impedir o paso do buque gaseiro “Galicia Spirit” que se dirixía, cargado con GNL-LNG, á ilegal e perigosa planta de Reganosa en Mugardos en Maio de 2007″. A xuíz considera que “os procesados poden ser imputados de delitos de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves“.

Ante este procesamento o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol , veu a asumir a responsabilidade xunto outras organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas que acompañaron á xente do mar na acción de autodefensa, pola Ría, a nosa seguridade e a vida.

O Comité Cidadán denuncia publicamente o procesamento dos mariscadores e mariñeiros, asumindo a parte de responsabilidade que lle corresponde e encetando unha campaña de auto-inculpacións. E con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité Cidadán organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010 no Porto de Ferrol, desde as 6 da Tarde.

O Comité Cidadán fixo un blogue onde se irá colgando todo o referente ao Festival:

http://todosparamosogaliciaspirit.blogspot.com/

Cartaz do Festival

Secuencia, ao encontro do “Galicia Spirit”, do documentario “O Salario do Silencio”, realizado por: Mabel Rivera e Enrique Banet.

 Fonte: http://www.youtube.com/user/Tximbalee

Enlaces de interese:

Enlace coa Galería Fotográfica nos Arquivos Ártabros
[38 fotos]

Ártabra 21: O “Galicia Spirit” na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganosa
____________________

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.