Pages Navigation Menu

O decrecemento solidario como alternativa fronte a Crise Económica do Sistema Capitalista

As Asociacións de Igrexa de Base Galegas: Somos Igrexa, Irimia, Encrucillada, Mulleres Cristiás Galegas e outras integradas na Coordinadora de Crentes Galeg@s e a nivel estatal no Colectivo REDES CRISTIÁS (somos máis de 150 asociacións e entidades) acordaron na súa Asemblea Anual propoñer unha Campaña orientada a defender :

“O decrecemento solidario como alternativa fronte a Crise Económica do Sistema Capitalista”.

Para esa Campaña, acordamos:

1.Respaldar alternativas como a promovida polo Sindicato Labrego Galego que está a reclamar a Soberanía Alimentar proposta por Vía Campesiña. Sentimos a necesidade dun cambio de mirada en tódolos eidos; cambio nas regras que rexen o comercio mundial; xustiza comercial, que implica eliminar as subvencións que permiten exportar ós países ricos os produtos por debaixo do seu custe real, danando ós produtos e arruinando ós produtores dos países empobrecidos, ou menos favorecidos, (caso do leite en Galicia).

2.Respaldar e promover os proxectos que en Galicia comezan agromar, aínda que con certa cativeza, pero con ilusionada esperanza de agricultura ecolóxica e sostible, entre outros coñecemos: “O grelo Verde” e “Proxecto Amorodo Tamén proxectos alternativos no campo das finanzas como AIS O Peto que estimula en Galiza a “banca solidaria” a través do Proxecto “Fiare”. Proxectos estes que axudan a humanizar o mercado, vendendo os produtos de temporada, respectando os ciclos da natureza, baseándose na complementariedade e solidariedade e non na competitividade.

3.Convencidos que co decrecemento solidario que propoñemos chegaremos a unha sociedade máis xusta, creando unha vida máis digna para todas e todos sen exclusións; obrigados a compartir para que todos teñan as necesidades básicas vitais cubertas. Por todo isto reivindicamos a defensa do dereito á esperanza e, a defensa do dereito a utopía. Todos somos necesarios para cambiar á sociedade, temos a obriga de actuar na defensa ecolóxica da nosa nai Terra: co aforro da enerxía da auga…, na defensa social dos nosos irmás e irmáns: comercio xusto e xustiza social, tendo en conta as relacións de xénero. Por todo isto entendemos que outro mundo é posible ” Vivir con menos para vivir mellor”.

Tentaremos ao longo do presente ano facer presente nos nosos grupos e comunidades de base a forza desta alternativa baseada en decrecer productivamente para crecer humanamente. Convidamos ao conxunto da Sociedade Galega a sumarse a esta Iniciativa.

One Comment

  1. Esta iniciativa parace-me excelente, na Galiza hai unha web sobre decrecimento moi interesante:

    http://vesperadenada.org/

    e a nivel do Estado pode-se ver unha páxina que funciona como un portal do decrecimento con link a outras webs e bogs que están ligados ao movimento do decrecimento. Todo moi interesante.

    Link:
    http://www.decrecimiento.info/

    Tono

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.