O ecoloxismo inventado pola Xunta de Galiza

Despois dos quebradeiros de cabeza que as organizaciòns ecoloxistas ocasionaron aos responsabeis da Xunta, esta decide crear o seu propio movemento e dotalo con máis de medio millón de euros. Para Pachi Vázquez non hai nada imposíbel, mesmo a modificacioón de decretos.

Unha federación ecoloxista recentemente creada leva a metade das axudas. A Fegama recibe 610.000 euros porque Medio Ambiente cambiou o concurso. Chámase Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama), naceu en novembro de 2007 e xa recibe a metade dos preto de 1,2 millóns de euros de subvencións que reparte a Consellería de Medio Ambiente para 2008 e 2009. A organización, que se desmarca do “ecoloxismo fundamentalista”, agrupa a 30 asociacións locais de toda Galicia e conta entre as súas filas con persoas vinculadas a Unións Agrarias, o sindicato agrario de UXT. A Fegama puido solicitar as axudas porque a consellería cambiou os requisitos da anterior convocatoria, publicada en 2007. Entón primaba a antigüidade das agrupacións e a súa actividade durante os últimos dous anos, uns criterios que o departamento do socialista Manuel Vázquez retirou.


Medio Ambiente deu un envorco ao sistema de repartición de subvencións que aprobou en decembro de 2006. De primar “as actividades desenvolvidas nos dous últimos anos”, a “antigüidade”, a “experiencia en accións similares” e o número de voluntarios que se mobilizan, o departamento de Vázquez pasou a pedir como requisitos o “proxecto de actividades que se realizarán”, unha “previsión de gastos e ingresos” e o “número de entidades federadas”.


Entre a convocatoria de 2007 e a deste ano as relacións do conselleiro co ecoloxismo tamén deron un xiro. As protestas das organizacións contra a súa política ambiental, sobre todo tras o impulso do plan de piscifactorías, recibiron un duro contrataque por parte de Vázquez. Tras a manifestación que congregou en febreiro a 5.000 persoas en Santiago, o socialista asegurou que estas organizacións “non representan á sociedade galega”, senón que defenden “intereses particulares”. O conselleiro dixo de Adega que é un “salvapatrias barato” e da Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra que fai “política amarela”.
A Fegama desmarcarase do resto de asociacións. O seu secretario xeral, Miguel Acuña, que foi durante anos responsable técnico da asociación forestal de Unións Agrarias, explica que a federación foi creada “para ter máis forza mediática” e que “escapa do ecoloxismo fundamentalista”
  El País

Medio Ambiente asigna 622 mil euros para “un ecoloxismo a medida”.”Roza a prevaricación”, denuncian desde algunha das asociacións máis antigas do país, asegurando que a consellaría de Manuel Vázquez promove un “chiringuito afín” para o “ecoloxismo amarelo”. Os receos fronte á aparición da Fegama medran cando as asociacións máis antigas de Galiza detectan que a devandita federación está integrada por colectivos que ninguén coñece no movemento ecoloxista en rede no país. “Son ducias de grupos que xorden como fungos en apenas uns meses”, explica Eirexas. Membros de Unións Agrarias e de listas locais do PSOE aparecen como representantes da maioría das novas entidades, que se integran sistematicamente nos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).

Desde Verdegaia, Xosé María García quéixase do sistema “caprichoso” artellado por Medio Ambiente a través dunha convocatoria “vaga e aberta que permite moita discrecionalidade no reparto”. “Evidentemente non imos discutir con Fegama quen é máis ou menos ecoloxista, pero fóra diso, sucesos como este levan a pensar que o conselleiro usa os recursos públicos para “construír un ecoloxismo a medida”. Para García, o acontecido neste caso sería apenas a punta do iceberg do “fracaso” da consellaría á hora de enfrontar os desafíos ambientais do país. O voceiro de Verdegaia analiza que o equipo de Manuel Vázquez non foi quen de impulsar políticas reais en favor da sustentabilidade e que a “reticencia ao diálogo” sería o mellor exemplo desa actitude. Vieiros

A Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama), con tan só un ano de existencia, recibiu a metade dos preto de 1,2 millóns que a Consellaría de Medio Ambiente reparte en concepto de subvencións.

Así o denuncia hoxe Adega acusando á Consellaría dirixida polo socialista Manuel Vázquez de modificar os requisitos para poder acceder as axudas, eliminando a cláusula na que se primaba a antigüidade e a actividade dos últimos dous anos.

A convocatoria deste ano reserva por primeira vez unha modalidade de subvencións destinada en exclusiva ás federacións de asociacións ambientais, unha condición que só cumpren en Galiza a Fegama, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Federación Galega de Micoloxía. No reparto prima sobre o resto o número de asociacións integradas e Fegama é a que sae gañando con 30 colectivos fronte aos 16 da FEG ou as 15 da Federación Micolóxica. A esta modalidade a Consellaría destina un total de 103.000 euros de subvencións dos que 99.000 van parar á federación recentemente constituída, 3.391 euros á Federación Micolóxica e 828 á FEG.Dende a FEG, que integra a Adega, Verdegaia ou a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, acusan a Medio Ambiente de “amañar a convocatoria para favorecer un ecoloxismo á medida”.

A FEG lamenta este “escandaloso intento de construír un movemento ecoloxista ao gusto da Consellaría de Medio Ambiente que dea os seus parabéns a todo o que esta faga e mesmo reste presenza social ás entidades máis ‘incómodas’, lembra ás políticas autoritarias e clientelares do pasado” sinalan. GZnación

 

 

 

 

 

6 Comments

  1. Se as críticas a este feito son ben fundamentadas, ben é certo que o mesmo ocorreu non vai moito tempo con reparto e asignación das coordinacións a colectivos ecoloxistas moi afíns á outra forza semiproguesista de Galiza no postprestige. Por eso mesmo, non sei se a crítica que agora vén destes colectivos rexeitados ten máis que ver co resentimento e o prexuízo cara os socialistas que co sentido da ética, se ben no artigo deixan claro que é o segundo.

  2. Nom todas as organizaçons que denúnciam tenhem a mesma motivaçom, nem todas podem falar desde a coerência, a transparência e com a consciência tranquila.

  3. Pachi Vazquez demuestra con esta última cacicada que teme a Galiza Non Se Vende y necesita serviles vasallos que aplaudan cuanta desfeita se le ocurra a nuestro querido bipartito.Recomiendo a la FEGAMA
    que el calificativo de “fundamentalista” se
    lo apliquen a nuestros gobernantes (estos y
    los anteriores) que son los responsables de
    la destrucción de nuestra amada Galicia y que
    no piensen que Galiza Non Se Vende se va a quedar de manos cruzadas ante los desmanes que cometen a diario a lo largo de nuestra tierra. !Animo compañeros y no os dejeis vencer por los que piensan que todo se arregla a golpe de talonario y de corrupción.

  4. Realmente esta páxina é unha praza moderada e de comentarios axeitados e nada estridentes. Desexo que sempre sexa así; mais o meu comentario vén dado polo emprego da palabra “fundamentalista”, ecoloxistas fundamentalistas. Mais é radical e intransixente solicitar que no concurso eólico todos os proxectos teñan o informe de impacto ambiental e paixasístico? Iso parécelle a alguén excluínte, demagóxico e fundamentalista? Ou, se cadra, quererá dicir fundamental, ecoloxismo que solicita o fundamental, o evidente…

  5. O PSOE quere ter correas de transmisión no ecoloxismo, como xa ten o BNG, que tamén engorda desde as institucións ás súas asociacións, sobre todo a ADEGA: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Instituto/Enerxetico/subvenciona/Adega/elpepiautgal/20081114elpgal_4/Tes

  6. As axudas das que fala a información de El Pais son solo unha parte de todas as que recibe ADEGA de institucions en mans do BNG, por exemplo na sua revista Cerna abunda a publicidade de institucions gobernadas polo BNG, seguro que pagada a bo precio. É unha vergoña que PSOE e BNG usen diñeiro publico para favorecer descaradamente as asociacions que estan na sua orbita.

Deixa una resposta a Equiparación Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.