O goberno galego aproba o Plan de Acuicultura en contra do sentir das asociación veciñais e colectivos ecoloxistas

Un cento de representantes de diversos colectivos ecoloxistas e plataformas veciñais manifestáronse hoxe ante as dependencias do Edificio Administrativo de S. Caetano onde se celebrou o Consello no que se aprobou o chamado Plan Galego de Acuicultura.

Pérez Touriño, preocupado pola oposición ás piscifactorias, responde: “Galicia non se vende” (GZnación)

 O goberno galego continúa a traballar a prol dos grandes grupos empresariais e contra a opinión da meirande parte das xentes do país aprobando un plan piscícola que asume, con tendenciosas maquillaxes, o anteriormente proxectado polo goberno de Fraga e mesmo aumenta o espazo de costa exterior a destruír en máis de 755.000 m2. A expropiación forzosa porá en mans de unhas poucas empresas, (Pescanova, Stolt Sea Farm, Isidro de la Cal e poucas máis) propiedades particulares que Touriño insiste en que serán de titularidade pública e estarán adxudicadas por concurso público, como se iso cambiara algo os feitos.

O goberno emprega como escusa a non afección á rede Natura 2000 cando non é certo. En primeiro lugar, parte deses case 3 millóns de metros cadrados de litoral a esnaquizar si están en rede Natura, concretamente o 1,8% e ademáis, moitas das macroplantas lindan con espazos protexidos -nos que si se intalarán estruturas de bombeo- hipotecándo de por vida a súa posíbel ampliación, as súa paisaxe e as súas augas, ás que verterán refugallos as plantas. En segundo lugar, o bipartito dá o visto bo a unha ridícula Rede Natura 2000 tamén proxectada polo goberno Fraga, que é, despois de Melilla, a máis pequena do Estado. Galiza conta co 11,9% do territorio galego protexido baixo esta figura, cando a media española é do 25,5%. E en terceiro lugar, a ampliación da rede Natura 2000 prevista polo actual executivo deixa fóra dos lindes de protección xustamente os espazos destinandos ás fábricas de peixe, delatando ben ás claras que a política conservacionista neste país faise na mesa da patronal acuícola.

Tamén promete 1.966 empregos directos, cifra dificilmente xustificable debido á mecanización do proceso, como non sexa na fabricación da maquinaria, posiblemente en puntos alonxados de Galiza, e non se refire á calidade deses empregos.Laiase tamén de ter contestado a 1.001 alegacións, contestacións que son un compendio de prepotencia e desprezo ao cidadán. Podemos citar como xoia da literatura empregada por eles a seguinte: “Partir do suposto da falta de capacidade técnica e humana da administración – referíndose ao dubidoso control sobre os efectos e vertidos das instalacións xa existentes- constitúe unha apreciación que, por si mesma, descualifica o que sobre a súa base se alega”. Por non citar con detalle outras “xustificacións” ou omisións en temas de máis profundidade como á utilización de dominio público con fins lucrativos particulares ou a ocupación de chan rústico de protección de espazos naturais.

Veciños de Quilmas e Corrubedo, asociacións como Verdegaia, Adega, Greenpeace e a rede Galiza Non Se Vende, manifestaron a súa protesta durante dúas horas en tanto se celebraba a reunión na que o executivo galego aprobou a que será unha das máis grandes desfeitas que se producirán no litoral galego: a construción de 13 novas piscifactorias e a consolidación doutras 11 xa existentes, algunhas delas ocupando terreos da Rede Natura.

 Esta privatización encuberta do litoral suporá outorgar ás grandes multinacionais a explotación de extensas superficie agora adicadas á extracción tradicional dos recursos mariños suprimindo así os medios de manutención de milleiros de familias. E iso sen esquecer a grave contaminación que estas plantas acuícolas ocasionan ao medio mariño cuxa riqueza vese esquilmada pola avaricia das grandes multinacionais.

 Merece criticarse a actitude do goberno galego que non admitíu nin unha soa das mil alegacións presentadas polos colectivos afectados e organizaciòns ecoloxist

as. E todo iso coa endeble xustificación de conseguir aumentar a produción de peixe plano e os conseguintes beneficos para as empresas  do sector, beneficios que agardan aumentar en 50 millóns de euros. Pouco ou nada importa, neste caso, a destrución dunha paraxe e dun xeito de vida sustentable. Pero o proceso continuará, e entre os colectivos integrados en Galiza Non Se Vende non se descarta a formulación dun contencioso administrativo no momento mesmo en que o presente plan entre en vigor.

13 Comments

  1. Un detalle que non carece de importancia. Estiven na concentración e escoitei ao final da mesma como Adela de Adega informaba que o paln xa fora aprobado pero coa oposición do BNG.
    Primeiro: Adega tiña contacto directo cos responsables do BNG que estaban no Consello? Se non como entender esa primicia?
    Segundo: Non é certo que o BNG se opuxese. Touriño apresurouse a dicir que decisión do Consello era responsabilidade do goberno galego e polo tanto dos seus socios de goberno. Matiz este importante do presidente que atallaba así as intenciòns do BNG de lavarse as mans neste feo asunto das piscifactorias.

  2. As votacións e dekliberacions do consello da xunta son segredas. O governo aproba ou non. Tamen pode haber conselleiros do psoe en contra. Ou cos da feira ou cos do mercado.

  3. Creo que habría que “publicitar” esto fuera de Galicia. Si se consiguiera mover a la gente que se movió (voluntarios) cuando el Prestige se atreverían a hacer estos despropósitos?

  4. É unha boa idea que hai algúns meses estiven comentando con algúns amigos que a consideraban utópica mais non é así. NON VIÑERON PARA SALVAR A NOSA COSTA QUE TAMÉN É DELES E QUEDARON IMPRESIONADOS COA SÚA BELEZA?Pois poderían vir outra vez para salvala(esta vez dunha destrución irreversible, DO VERDADEIRO PRESTIGE)PARA QUE NONA ENTERRREN NO CEMENTO E FORMIGÓN PARA SEMPRE a causa desas 24 macrogranxas, dos numerosos portos deportivos que pretenden facer especulando o contorno, da marbellización que nos espera e da” Lei de Destrución Legal do Litoral” que non están preparando, das “Directices Irracionais do Territorio”, do Plan Director de Estradas de Galiza e dos AVES suprimindo os trens de cercanías que comunica os distintos pobos ou trens rexionais, do Plan eólico agresivo que queren impoñer, do Plan de residuos nos espazos naturais, do Plan da Minería, especulación salvaxe nos Portos etc.
    É cuestión de levar a cabo unha enorme campaña non só empregando internet enviando esta páxina a todo o mundo e que opinen (consideramos que as novas e artigos deberan traducirse á lingua castelá ou outras)senón tamén publicar nos medios alternativos e outros a nivel nacional ou europeo; levar a cabo unha famosa recollida de sinaturas contra a destrución das nosas rías e dos proxectos e plans de destrución dende esta e outras moitas páxinas web ou blogs das entidades de Galiza Non Se Vende etc.; mensaxes no móvil indicando unha multitudinaria manifestación na Praza do Obradoiro e que a pasen; previamente un percorrido de caravana (volta de caravana e coches por Galiza parando nalgúns lugares estratéxicos, concienciando e dando información, con paneles informativos, teatro ou música etc., colocación de carteis da manifestación por toda Galiza e anuncio da mesma nalgúns medios de comunicación estatais (xornais, radios..) e despóis outra por algúns lugares estratéxicos do estado; axudar na organización de acampadas,sitios para durmir os que veñen de fóra organizando a continuación unha festa con músicos ou actuacións etc. Incluso podíase organizar despóis en Madrid outra muiltitudinaria manifestación que acabase no Parlamento Español (senón cambiase a Xunta de rumbo) e que se anunciaría con bastante antelación non só en Galiza senón que tamén no centro desa cidade, solicitando a dimisión dos políticos responsábeis.
    É imprescindible ter en conta este tipo de medidas de acción así como outras de desobediencia civil porque os responsables políticos desta desfeita criminal que xa demostraron que queren acabar co noso litoral non son dignos dos postos que ocupan.
    Todo isto debe completarse con contenciosos, denuncias a outros organismos internacionais,Seprona, unha Iniciativa Popular de Defensa das Rías e da Paisaxe de Galiza e unha boa organización de grupos de intervención formados por veciños/as, plataformas así como ecoloxistas que paren as obras ilegais do Plan Acuícola e doutros tan graves que aarasarían ca nosa costa e as mellores paisaxes, envenenaría os nosos mares, acabaría co medio rural e tradicional de vida impedindo un modelo de verdadeiro desenvolvemento sustentáble e deixando sen futuro ás xeracións vindeiras a cambio duns miserables postos de traballo e de tanta CORRUPCIÓN.

  5. “É cuestión de levar a cabo unha enorme campaña non só empregando internet enviando esta páxina a todo o mundo e que opinen (consideramos que as novas e artigos deberan traducirse á lingua castelá ou outras)”
    Pues eso, que estas cositas trasciendan, porque no salen fuera de Galicia.
    Y no en plan radical, para atraer a mucha gente.

  6. Radicais son os partidos que perpetran a destrución da nosa terra, radicais son as xentes que sosteñen a eses corruptos nas poltronas cando saben o que eses corruptos están a facer aquí e en todo o mundo. O que temos é que sacar isto de dentro de nós e poñérllelo nos morros aos gobernos e as sociedades do planeta.

  7. Miña aboa decía que se cazan mais moscas con mel… Se me ocurre:
    – fotos de los lugares que pretenden destruir o “desarrollar” (según eles) colgadas en la red.
    – unificarlas en una página de fácil acceso
    – campaña de recogida de firmas
    – información “académica” sobre el sistema de producción industrial de las piscifactorias.
    – desde los lugares presentación de proyectos, incluso acuícolas, verdaderamente sostibles. Si es verdad que van a dar esas subvenciones por cada puesto de trabajo las podían dar igual a pymes de los pueblos y respetar los modos tradicionales.
    – organizar “ortigueiras” en lugares emblemáticos en peligro……….

  8. Empiezo a estar hasta los cojoncitos de que estos ecologistas de mierda nos jodan el progreso de jalicia. Pero que más quereis si os vamos a dar trabajo a unos muertos de hambre como vosotros, que si non fora por nós tiñades que andar pedindolle traballo os do pp. Yo, que soy del psoe de toda la vida, y que soy de los de izquierdas de verdad, no entiendo como podeis oponeros al projreso, que no va a traer más que riquesa y bienestar para todos.
    Lo que tenemos es que estar todos unidos para joder al pp, pero es evidente que aljunos tenemos que mandar, e mandamos los mas capasitados.
    Yo os dijo que no les hajais caso a estos radicales, que son unos enemijos de jalisia e que estan a sueldo del pp. Hacerme caso a mi que tengo 100 años de honrradez. Yo soy vuestro autentico lider e ademais voy a ser el próximo presidente de la xunta. Ala! chupate esta Mabel.

  9. De Vieiros
    Quintana corrixe a Lobeira: O Plan Acuícola é un proxecto de todo o Goberno

    O vicepresidente considera que as declaracións do deputado nacionalista foron “excesivas” e subliña que, unha vez aprobado, ten que asumilo todo o Executivo.
    Poucas horas despois de que o deputado nacionalista Bieito Lobeira advertise publicamente de que “o BNG non é o pai da criatura”, en referencia ao Plan Acuícola, o vicepresidente, Anxo Quintana, dixo todo o contrario ao afirmar que, unha vez aprobado no Consello da Xunta, é un proxecto de todo o Goberno. Quintana considerou que as declaracións de Bieito Lobeira sinalando que os departamentos ían depurar o plan na medida das súas competencias foron “excesivas”. Para o vicepresidente, as palabras de Lobeira debéronse ao seu “estado de ánimo polos ataques persoais sufridos”.

    Quintana foi moi contudente diante dos xornalistas ao dar por “pechado o conto”. O vicepresidente garantiu que ningunha consellaría vai boicotear os proxectos acuícolas. O conselleiro de Industria corroborou as palabras do líder do BNG ao afirmar que o seu departamento emitirá informes de cada proxecto atendendo á legalidade e “sen ningún tipo de interferencia”.

  10. Cada vez ADEGA perde creedibilidade nas súas denuncias. Dirixirse só mentes a Touriño como único responsabel da aprobación do Plan Acuícola é lamenteble. Maíxme despois das declaracións de Quintana na Voz “do seu amo”.
    ADEGA xa apesta, cheira a rancio. Ou dan un cambio de rumbo nas súas denucias, ou van de cú en credibilidade.

  11. Algúns datos para considerar:
    – Nas manifestacións e actos de protesta polo plano acuicola o aparato do BNG, é dicir os que teñen as máximas responsabilidades, que non os que os apoiaron para estar aí, fixeron unha auténtica campaña na contra
    – Na manifestación de Galicia non se vende idem. Hai que lembrar as palabras do gran xefe Paco Rodriguez, descalificando as reivindicacións
    – Nas declaracións do señor Quintana dise que o plano acuicola é un proxecto de todo o goberno
    – Adega incomprensiblemente só fala para atribuír responsabilidades a Medio Ambiente ou algunha consellería do Psoe, que as teñen claramente, pero non eles só.
    – Bieito Lobeira reparte algún carameliño para tranquilizarnos a todos e motivarnos para a próxima cita electoral, dicindo que con “algúns proxectos” non está de acordo.

    Eu creo que o que cambia tan é só que están próximas as eleccións, e semella que non chega co apoio dos grandes empresarios para manter o posto, así que cómpre darnos un carameliño.

  12. Tendes razón con todo o exposto sobre esta nova e son moi importantes as medidas que se propoñen e que se seguirán propoñendo mais hai que resaltar algo que non queren escoitar nin a conselleira de Pesca,a Sra. Gallego,nin a Xunta en xeral e ata o propio Ministerio de Medio Ambiente etc. etc.(tiña que chamarse de” Destrución do Medio Ambiente” porque iso é o que fan dende hai tempo e moi especialmente dende o 1º día que ten unha ministra galega, Sra. Espinosa que non lle importa arrasar cas Rías galegas e ata cas mellores paisaxes da súa terra e do Estado como os Cañóns do Sil ou O Courel): A ILEGALIDADE E INSOSTENIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL, SOCIAL OU ECONÓMICA DO PLAN ACUÍCOLA. Estas administracións que se coordinan tan ben para violar o marco xurídico vixente nos temas ambientais galegos dende a época de Aznar saben moi ben como Aroga e o seu portavoz que este Plan incumpre moi gracvemente a LEI DE COSTAS, ESPECIALMENTE NOS ARTIGOS 32 E 25, xa que dende hai algúns anos (art. 32) estas macrogranxas poden e deben instalarse fóra da franxa litoral dos 500 m. como en abril do 2007 indicou o propio Ministerio de Medio Ambiente a quen lle denunciamos este asunto, o xerente de STOLT SEA FARM, Sr. Pablo García, técnicos da Consellería de Pesca como o Sr. Otero que incluso no seu día nos solicitou oralmente aquelas ubicacións axeitadas para ese Plan ou a experiencia en distintos lugares do mundo que o demostran. Ademais está a posibilidade de instalalas en alta mar, en lugares axeitados como o demostra o caso de Loitamar en Cangas.
    Por outra banda, tendo en conta o artigo 25 da Lei de Costas estas macroempresas non deben instalarse nin en casos excepcionais “en tramos de costa que constitúan espazos protexidos, prais ou zonas húmidas” o que se incumpreen numerosos casos deste Plan.
    Por utra banda, este Plan e os que o aprobaron (PSG E BNG) CO BENEPLÁCITO DO GOBERNO “AMIGO” CENTRAL non ten en conta as SENTENZAS DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL referidas á proteción real ou efectiva dos espazos naturais protexidos ou as SENTENZAS DO TRIBUNAL EUROPEO referidas á destrución da rede natura ( 4 casos neste Plan) ou a súa inxustificada desclasificación para “favorecer intereses económicos, particulares ou rexionais etc” ( o que sucede en alomenos 6 casos).
    Ademais este Plan tamén incumpre outras Leis : Lei da Biodiversidade estatal, Lei da Avaliación Ambiental Estratéxica, Lei do Solo de Galiza que xa o denunciou o propio colexio de arquitectos da Coruña no seu día, Lei da Paisaxe ( que non vale nin para protexer as mellores paisaxes),Directivas Ambientais que son de obrigado cumprimento como a “DIRECTIVA HÁBITATS” ou a “DIRECTIVA AVES” ( outra cousa é que a Comisión que debe defender e facer cumprir o dereito comunitario non o faga como ocorreu no caso do CABO VILANO, protexido dende 1932 e sí se someta ao lobby poderoso acuícola), Leis do Patrimonio tanto estatal como da Xunta etc.
    Por iso é fundamental ir ao contencioso( as fiscalías están politizadas e non resolven nada ou moi raramente o fan no referente a este tipo de asuntos medioambientais ) así como levar a cabo todo tipo de medidas non violentas de acción e de desobediencia civil e resistencia porque un pobo con dignidade non acepta nin se conforma cun Plan devastador e ilegal que se levaría por diante arredor de 3 millóns de metros cadrados do nosos litoral virxe e de moitas das mellores paisaxes do mesmo, espazos protexidos, praias vixes, zonas húmidas etc. Hai que esixir o cumprimento da LEI DE COSTAS que non tería sentido sen eses artigos fundamentais.
    Esta desfeita criminal a unha escala bestial que non existe en ningún outro país do mundo ata o día de hoxe demostra a enorme
    prevaricación e, polo tanto, corrupción das distintas administracións que nos gobernan e que non defenden como no caso do Porto Exterior de Ferrol ou da Coruña así como da Plnta de gas de Mugardos etc. o interese xeral ou as lexítimas aspiracións e dereitos da meirante parte da cidadanía.
    Recentemente un XULGADO DE ALMERÍA anulou a licencia municipal das obras do hotel El Agarrobico en pleno parque natural do CABO DE GATA e remitiu ao Ministerio Fiscal que “DIRIMA LA PRESUNTA COMISIÓN DE DELITOS DE PREVARICACIÓN ADMINISTRATIVA Y CONTRA LA ORDENACIÓN DEL TERRITORIO POR PARTE DE LA JUNTA DE ANDALUCÍA Y DEL CONSISTORIO DE LA LOCALIDAD”. O XUÍZ considera que a Xunta modificou a planimetría e incluiu a paraxe como zona urbanizable, non rspectando a Lei de Costas e o que era un espazo protexido e o Concello recalificou a mesma , adaptándose de forma contraria á Lei ás normas subsidiarias de Carbomneras co beneplácita da Xunta de ANDALUCÍA E DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE “INCURRINDO NUNHA INFRACCIÓN URBANÍSTICA MOI GRAVE” onde non se respectaba nin o espazo protexido nin o dominio público e a síua proteción de 100m.
    ALGÚN XUÍZ/A XUSTO TERÁ QUE INTERVIR TAMÉN NESTE PLAN ACUÍCOLA QUE VIOLA A LEI DE COSTAS ONDE AS ADMINISTRACIÓNS INCUMPREN MOI GRAVEMENTE COA SÚA OBRIGACIÓN !

  13. La destrucción del paisaje y la explotación de Galicia se hace de mano de grandes empresas metidas en política o influyendo en política como siempre se ha hecho, pero ahora con mucho menos planeta ya de pleno afecta a la supervivencia y calidad de vida de todos. Culpable es aquel de bajo nivel intelectual o de baja autoestima, el que por codicia, simpleza, vanidad, o miseria o no económica, aquel vacío mental e insensible o el que carece de honor o dignidad niega las evidencias que hagan falta para aplastar su propia molesta conciencia. Cerrando por mucho dinero que uno tenga las puertas a los auténticos placeres de la vida.
    Los macro proyectos me dan miedo, a Franco le encantaban y el resultado lo sufrimos .
    la idea es por un lado robar la materia prima aprovechando que Galicia está dentro de territorio nacional y al fin al cabo es suya y que los gallegos dejan hacerse lo que sea por muy poco (baratos) y de paso acabar por allanar un poco culturalmente peculiaridades molestas a la unidad nacional. La ingenuidad o la miseria ayuda poco a evitar esto. Ahora la sociedad tiene que hacer algo y dejar de ser sumisos. Una de las más viejas estrategias es polarizar a la población en grupos antagonistas y así debilitarles. Los que mandan no son políticos sino los poderosos. La sociedad debe tener acceso al entramado legal y explotarlo al máximo como hacen ellos y ver de verdad de que van, es decir poner a la democracia a prueba y poner las evidencias en conocimiento de todos. Por eso la población española tiene un bajo nivel educativo porque esto facilita las cosas.
    MUY DE ACUERDO CON LOS COMENTARIOS

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.