Pages Navigation Menu

O PORTO DEPORTIVO DE CANGAS NO FÍO DA NAVALLA

AGARDANDO Ó AVANCE: SOLICÍTANSE Á FISCALÍA MEDIDAS CAUTELARES

A ameaza de inicio de obras do porto deportivo do Salgueirón forma parte dun macabro xogo para forzar a recualificación dos terreos da antiga conserveira Massó no Salgueirón, os 197.400 m2 da unidade de actuación nº 27, dos que a mercantil Residencial Marina Atlántico S.A. di que posúe uns 150.000. A cualificación actual é de industrial nun 90% e residencial nun 10%. Un grupo de ex-traballadores da factoría tamén son propietarios de terreos na U.A.27 posto que mercaron as casas que tiñan asignadas, representan uns 15.000 m2.

A elaboración dun novo Plan Xeral está nos seus comezos, a data prevista para a presentación do avance era febreiro, e existe a promesa de presentación de un pre-avance aos colectivos sociais do concello, agrupados nun Consello Sectorial de Urbanismo, que presentaron suxerencias antes do 15 de decembro pasado.

A incógnita sobre o contido do avance é total, ACE, un dos grupos no goberno local e posuidor da concellería de urbanismo, propugnaba no seu programa un Salgueirón público, a traveso da negociación ou mesmo da expropiación; o BNG rexeitaba pronunciarse explicitamente no seu programa pero prometía participación veciñal e “un camiño totalmente diferente” ao do urbanismo do PP dende 1999; e o PSdeG PSOE local sempre se pronunciou como favorable a unha recualificación especulativa.

Evidentemente, o contido do citado avance marcará o rumbo da batalla veciñal en contra da especulación e da destrución medioambiental que produciría o pretendido porto deportivo, situado nunha zona de gran valor natural e que podería afectar de xeito moi importante á dinámica litoral e a economía pesqueira da ría.

Mentres tanto, a batalla legal continúa coa presentación de un escrito á Garda Civil de Cangas pedindo a intervención no caso de que as obras dean comezo, baseandose nas denuncias en curso; e unha petición de paralización cautelar dirixida á Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra, acompañando documentación que proba as diferentes ilegalidades cometidas na tramitación da concesión de porto deportivo.

2 Comments

  1. Avante o Foro!
    Cangas Non Se Vende!
    TODA A CALAÑA QUE PARTICIPA NESA OPERACIÓN OBSCENA E ILEGAL NON MERECEN MÁIS QUE DESPREZO E UNHA CONDENA EXEMPLAR

  2. Tienes toda la razón,la verdad que sois un ejemplo a seguir y no como otros municipios de las Rias Bajas como Sanxenxo en los que sus habitantes (no todos) parecen estar amaestrados por Cata y Telmo.
    Casi todos los políticos son pura morralla,por algo será que es muy difícil echarlos..intereses,amiguetes,enchufes..y a lo que de verdad quiere el pueblo ni puñetero caso.

    Luchar lo que podáis ya que lo hecho no tiene remedio,y si hay que manifestarse en Cangas se va (me encanta ir de vez en cuando a Cabo Home o playa Melide) y como gallego me solidarizo con vosotros.

    Ánimo!!

Deixa una resposta a Guillermo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.