O vento impide a entrada do LNG Bilbao Knusten
Onte, 25 de novembro, o gaseiro esperado con carga de GNL para Reganosa, que fai o nº 36, non puido efectuar a súa entrada na Ría.
O forte vento impediu ao “Bilbao Knutsen” atravesar a canle. O seu enorme envergadura, de case 285 m. de eslora e 42,5 m de manga, correría o risco, coas condicións metereolóxicas de hoxe, de verse desprazado contra a costa nunha pasaxe tan angosta como é a boca da nosa Ría.
Son varias xa as ocasións en que por distintos motivos, como o vento, a néboa, o erro na manobra, os buques teñen que demorar a súa entrada ata outra marea posterior.
Isto vén confirmar unha vez máis, o que desde fai case dez anos vén reiterando o Comité Cidadán de Emerxencia e todas as persoas sensatas desta comarca. A improcedencia e a peligrosidade da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría, situada aí, para beneficio exclusivo duns poucos, a costa da seguridade dos habitantes da súa contorna.
Todo isto non sucedería se a Planta estivese no exterior da Ría, por iso, agora que estamos aínda a tempo, antes de que nos vexamos nunha situación tráxica e irreparable, seguimos esixindo:
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!
Comentarios recentes