Pages Navigation Menu

Onde?

Onde estabades cando….? Di o conselleiro de medio ambiente.
Moitos dos nenos asistentes á manifestación de
Galiza Non Se Vende, aínda non naceran. Algúns veteráns xa nos deixaron, aínda que permanecen no noso recordo. Outros estaban aburridos.

Outros chamados por entón heroes, collendo chapapote coas mans. Outros apagando lumes, ou recollendo cinzas. Entón ninguén era oportunista.

Pero o importante é que estamos AQUÍ E AGORA, e mais que oportunistas, chámenos OPORTUNOS, pois o Caurel, non espera, o parque Rosalía non espera, as nosas costas non esperan, o Ribeiro non espera, Reganosa non espera, o plan acuícola non espera, Galicia non espera, porque se esperamos, non haberá remedio.
Como pode dicir un conselleiro que máis de setenta colectivos son oportunistas?.
Como pode dicir que entre 6.000 e 10.000 persoas que se manifestaron son oportunistas?
Coñece a todos?
Remata o dereito a manifestarse libremente?
Por qué entre os manifestantes había xentes de tódolos partidos e opcións de voto?
PORQUE teñen un problema, xa non tragamos máis.

Goberne quen goberne

O parque Rosalía non se vende!!

Galicia non se vende!!

Marcos
www.parquerosalia.es

13 Comments

  1. Bravo!

    Acertaches de pleno. Pódese dicir máis alto pero no máis claro.

    Mentres nos manifestabamos en Santiago o Señor Conselleiro estaba a soltar troitas tratadas xenéticamente para que foran máis resistentes no río Arenteiro. Se segue adiante coas súas teimas xa non fará falta que faga outra ceiba desas, as propias troitas mutarán e se convertirán en Troitas Mutantes, coma as tartarugas. Teremos unhos nóvos heroes para loitar contra os malos…

    E ao mesmo tempo, o Señor Quintana anda a pregoar que vendeu Galiza a Zapatero, pero que o prezo de venda non foi barato. Outro que tampouco se entera. Este si que andivo detrás das pancartas cando lle interesou, agora non pode porque anda de festa en festa, facendo queimadas ao estilo Mr. Fraga.

    E o Señor Feijó está desaparecido, estará cos peritos do PP botando contas para ver se foi barato ou caro o prezo posto por Quin. Así el poderá prometernos unha cantidade maior para o noso país.

    Escoiten:

    Galiza non se vende, nin se aluga!! Goberne quen goberne.

  2. ¿Onde estabámos, Señor Conselleiro?. Como as vacas ceibas no monte dándolle o cú a tormenta a ver se pasaba e pensando que se algún dia se conseguían cambiar as cousas os que viñeran non teimarían nos mesmos erros ou ainda os poría pior.Agora é que rotas as amarras e barco (Galiza) vai a toa porque non ten quen o goberne nen temos esperanza en que podan vir outros que retifiquen os erros e nestes mometos en qu os gobernos non responden é cando o povo ten que tomar a iniciativa e dicirlles que así non é como hai que facer as cousas.

  3. Eu estaba no Gran-Sol ou en Malvinas,é que non entendo ben a que fecha se refiere. De todas maneiras no mar debia de estar.
    O que non sei donde esta e vostede, ¿estara nas berzas?.Ainda non se enterou ben do que lle dixemos a todos vostedes en Santiago o día 17.

    GALICIA NON SE VENDE.

  4. Recordolle o conselleiro que cas suas mañas estame, a min e a moita xente, que os fascistas non so estan na dereita pois esto e o que di ; “con migo ou contra min”, “eso se hace por mis cojones”, ” eu cos do PP non me reuno”… unha persona que curiosamente empezou no cds, e como non o deixaron ir de numero un no PP (para alcalde do carballiño)pasouse o PSdeG, querenos preguntar a nos onde…? alguen que usa a sua conselleria o modo de CUIÑA CRESPO (facendo medrar o seu pobo)? ¡¡¡TOURIÑO MANDAO O VATICANO CO OUTRO VAZQUEZ!!!!!!
    GALIZA NIN SE MERCA NIN SE VENDE
    GOBERNE QUEN GOBERNE

  5. Que podemos esperar dun home que como curriculum medioambiental e ser alcalde do Carballiño e defensor da caza do raposo . Este que vai de superchachi e aspirante a Touriño pretende instalar unaha macrocentral de tratamento de todo o lixo do sur galego , incluido residuos industriais e perigosos a 1600 m dos recintos escolares onde estudan 1.ooo nenos e rapaces de toda a comarca do Ribeiro. ¿ Fixo algo para parar Reganosa ? .
    ¿ Que pasa coa Celulosa? Poña donde a poña segue sendo a 5ª industria mais contaminante do planeta. ¿ Que pasa coa masificación indiscriminada dos parques eólicos que arrasan a costa e os nosos montes? . ¿ Onde van a parar os cartos de todas estas desfeitas ? Para catro empresarios que pasean con modelos de 20 anos e atracan os seus ” barquiños” nos portos deportivos. NON GRACIÑAS .

  6. Estabamos onde está el…
    pero xustamente do outro lado !

    Hainos sinvengüenzas !!!

  7. Sr. Conselleiro. Mire pro litoral, adosados e piscifactorías, mire para os nosos montes, cheos de muiños e de chapapote, mire para a nosa fauna, desaparecida, mire para o noso paisaxe, cheo de autopistas e viaductos do aVE,mire para as nosas vilas, rodeadas de lixo e “vias de alta capacidade”, mire para os nosos ríos, cheos de encoros, mire para as nosas fragas, cheas de canteiras, mire para noso pobo, decepcionado, doído,… ¿Onde está vostede? ¿Em qué país vive? ¿Cal é a súa realidade? ¿A quén quere anganar? ¿A quén representa? ¿Qué intereses sirve o PP o PSOE o BNG? Os do pobo NON.
    GALIZA NON SE VENDE, véndense eles.

  8. Esa pregunta estánnola a facer a nos, os do NON o parque da merda no Ribeiro, dende que empezamos a loita. Esa pregunta é un dos penosos argumentos que utilizan para calarnos. Pero Galiza non cala.
    Este conselleiro chulesco e déspota debería ter a decencia de dimitir. Xa sabemos que non o vai facer, pois de seguro que prefire perder un ollo (ou os tres) antes que perder ese poder embriagador que o posúe. Home sen escrúpulos, sen vergonza, cheo de arrogancia e desprecio hacia os demais: non merece ser representante da nosa terra.

    Encantoume compartir con vos ese precioso domingo onde todos éramos ante todo galegos comprometidos co futuro na nosa terra. Que non nos conformamos co triste destino que nos prepararon estes peseteros de merda.

    Canto mais vexo para esta situación, mais me acorda “Rebelión en la granja” de George Orwell. Aquela escea na que os animais da granxa, depois de derrocar o granxeiro miran pola ventana e ven ós seus líderes, nos que depositaran a sua confianza, como se mimetizaban, e xa non sabian si eran os seus líderes ou os que apartaran do mando da granxa. Estes son iguais. Enchéronse a boca criticando, censurando todo o que o anterior goberno fixo e agora estánno a facer ainda peor. E sabedes que é peor? Que a xente xa non sabe en quen confiar. O desencanto cos políticos e demencial. Todos se sienten decepcionados. Benvidos a granxa de Orwell. Haberá que derrocar a estes porcos tamén.

    GOBERNE QUEN GOBERNE: GALIZA NON SE VENDE.

    O RIBEIRO NON É UN BASUREIRO: PARQUE DA MERDA NON.

    Estamos todos os domingos na ponte da A-52 o seu paso por Ribadavia.

  9. É que algúns non entenden, ou non queren entender. Cando teremos na Galiza políticos honrados? Na manifestación do día 17 falaron 7.000 cidadáns galegos (ou máis). Nótese que a maior parte da simboloxía carecía de toda clase de elemento político ou ideolóxico: simplemente bandeiras civís galegas, bandeiras que representan a TODOS OS QUE ESTIVEMOS ALÍ.

  10. Menos mal que na foto vese que somos mais de catro, porque xa tardan en decir que éramos poucos.

  11. Hola!

    Visitei agora por primeira vez a vosa web!! e moi fermosa, estades facendo una moi voa labor pola noso territorio, GALIZA!!

    Non podemos seguir permitindo que se sigan esquilmando os nosos recursos, que se sigan matando as nosas cosas, e o noso legado cultural!! GALIZA NON SE VENDE!! NUNCA MAIS!!

    O respecto quería que votarades unha ollada o meu blog.

    http://www.lacoctelera.com/nuncamais

    Trata sobre o desastre do “Prestige”, que xa cumpre 5 anos. E moi bonito! Ten videos, documentales, enlaces (enlaceivos a vos, a vosa web, na miña paxina), musica, e moi vos artículos sobre o desastre… Animobos a que o vexades. E a que fagades o voso comentario tamén, haber que vos parece. Agradeceriavolo moitisimo, e animariame a seguir loitando e difundindo os problemas da NOSA TERRA GALEGA!!

    Como vos o facedes!! FELICIDADES!! SEGUIDE ASI!!

  12. Este senhor quer saber onde estavamos?
    Pois algum, largando a pancadas ao PSOE com ZP à cabeça das manis de NUNCA MAIS, e intentando explicar-lhes a companheiros/as de NM que a politizaçom era o que fazia o BNG, como se demostrou.

  13. ¿PERO QUE ESTA A PASAR?
    ¿CAUSAS INTERNAS NA PISCIFACTORIA?
    ¿OU VERQUIDO DE SOSA COMO FAI DEZ ANOS?

    ¿SON ESTES OS EXITOS DE PACHI?
    ¿TROITAS TRATADAS XENETICAMENTE?

    Los técnicos de Medio Ambiente no localizaron ningún vertido contaminante en el Arenteiro que pudiese ser la causa de la mortandad en la Piscifactoría Carinsa, en donde ya han perecido cerca de dos millones de ejemplares.

    Las labores de recogida de truchas muertas’Río arriba non hai nada anormal, non se aprecia a existencia de ningún vertido’, manifestaron los responsables de Medio Ambiente, tras la inspección realizada en el Arenteiro a consecuencia de la mortandad producida en la piscifactoría Carinsa. Asimismo, puntualizaron que se está a la espera de los resultados de los análisis del agua y peces, procedentes de los estanques y del cauce exterior.

    Entre tanto, en la piscifactoría continúan la labor de recogida de las truchas, que son remitidas a una empresa gestora de residuos, en A Coruña. El gerente había denunciado la muerte de un millón de ejemplares, pero los peces continuaban falleciendo aún ayer, por cuyo motivo los encargados del establecimiento ya hablaban de dos millones de peces muertos, aún sin valorar económicamente.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.