Pages Navigation Menu

Os colectivos en contra das concesións mineiras n´A Terra Chá estarán presentes na mobilización da rede GNSV

Comunicado de prensa do Sindicato Labrego Galego

Os colectivos que estamos en contra das concesións mineiras n´A Terra Chá estarán presentes na mobilización convocada pola rede cidadá Galiza non se Vende o vindeiro domingo 15 de febreiro en Santiago de Compostela.
Pasados dous anos dende que Erimsa obtivo as concesións para a extracción de cuarzo na Terra Cha, a loita continúa.
Nestes dous anos temos promovido varios recursos de alzada e revisión, pedindo a nulidade das concesións. Estes recursos atópanse na actualidade algúns deles sen resolver, e en distintas fases.

Os primeiros, presentados o 26/12/07 están pendentes de resolución na Sala do Contencioso Adm. Sección 3ª Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Téñense presentado encritos dirixidos ao Valedor do Pobo, así coma ás distintas administracións que podían ter responsabilidade nestas concesións.
Presentamos tamén alegación á Lei de Minaría que se aprobou a principios deste ano sendo estas aceptadas e manténdose a prohibición da actividade extractiva en solo de especial protección agraria.

Na actualidade estamos nunha nova fase da loita contra estas Minas. Dende principios deste ano, as asociacións de persoas afectadas presentamos alegacións ás solicitudes de concesión n´A Pastoriza, Cospeito e Castro de Rei.

O vindeiro domingo día 15, representantes dos colectivos polas concesións mineiras n´A Terra Chá berraremos A TERRA CHÁ NON SE VENDE para expresarmos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixaría para a Terra Chá a implantación desta actividade na comarca, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural, e a nosa principal actividade económica a agrogandeira.

 

Non deixaremos que se impoña o interese dunha multinacional fronte aos intereses da Terra Chá e da Galiza.
.
Porque outro xeito de facer é posíbel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
A TERRA CHA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s!

 

3 Comments

  1. POr fIN !!

    Ánimo !!

  2. Poderiades facer un resumo da problemática mineira da Terra cha? de qué multinacional se trata?
    Animo na vosa loita!!!

  3. ERIMSA, DE CAPITAL NORUEGO.
    TRES CONCESIONS MINEIRAS DE 5.700 HA . “KARLES, ALICIA E A PASTORIZA” OTORGADAS POLA CONSELLERIA DE INDUSTRIA A REMATES DO 2006. TRÁTASE DE CONCESIÓNS PARA A EXTRACION DE SEIXO. NESTES PRIMEIROS PROXECTOS QUE SE PRESENTARON EN PASTORIZA, CASTRO DE REI E COSPEITO SOLICITAN PARA EXPLOTAR O REDOR DE 1700 HA. A CONCESIÓN DESTAS LICENCIAS SIGNIFICARIA QUE O TERREO QUE ESTÁ SENDO UTILIZADO PARA A ACTIVIDADE AGROGANDEIRA EN MÁIS DUN 90% QUEDARÍA INSERVIBLE, CO QUE ESO CONLEVARÍA PARA AS EXPLOTACIÓNS. EN PRIMEIRO LUGAR INFERTILIDADE POR UN MÍNIMO DE ENTRE 10 E 15 ANOS E ASOLAGAMENTO NA MAIORÍA DAS ZONAS DAS MELLORES TERRAS AGRARIA DA TERRA CHA DURANTE VARIOS MESES O ANO.

    PARA MÁIS INFORMACIÓN. margaridaprieto@sindicatolabrego.com

    Gracias polo interés.
    Un saúdo

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.