Pages Navigation Menu

OURENSE 4º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Caravana de GNSVOURENSE:
Xoves 11 de Febreiro, no entroido ourensán, ás 21:30 no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor).

Actuarán:

* Sotazero Rumba catalá-Barcelona
* Selectah in helicopta Sistema de son-Vigo
* García MC DKTC+Gendbeat Ragga/Beatbox
* +Sorpresa!!

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.
A privatización e venta do que sempre foi noso, a nosa costa, as nosas rías, o noso vento, os nosos montes, os nosos ríos… supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en proveito duns poucos. Os beneficios son para as grandes empresas, para os grandes capitais, pero os seus custes externalízanse socialmente, e supoñen a destrución dunha natureza privilexiada, do medio ambiente, da paisaxe, e do noso tecido económico e social. Estes custes pagámolos todas e todos nós.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://gnsv/

One Comment

  1. En defensa de Vigo, di NON á fusión das Caixas. Acude á concentración cidadá. Hoxe, día 9 de febreiro ás 20 horas en Urzaiz. Dende Vía Norte ata Porta do Sol

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.