Pages Navigation Menu

Outra orde de demolición en Pontedeume aprazada no último momento

Hai 15 días o Concello dispoñiase a derrubar, por mandato xudicial, a segunda das casas sobre as que pesan sentenzas de demolición. Tamén, como sucedeu no caso anterior, á última hora decidíuse postergar a demolición, presumiblemente en base a un recurso presentado polos afectados.

En Pontedeume parece repetirse a historia con machacona insistencia. Por se alguén o descoñecía, as resolucións xudiciais poden ser postergadas en ben do interese común. Interese común a infractores e políticos, por suposto.

Hai un ano as excavadoras estaban preparadas para derrubar a primeira das vivendas afectadas pola lei de costas pero no último instante unha decisión xudicial aprazou a demolición despois de que o alcalde, Xunta  e afectados tivesen unha xuntanza coa xuíza do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña para acordar deixar sen efecto a resolución xudicial mentres non se aprobasen novas leis que permitisen legalizar as vivendas citada. Na resolución adoptada alegábase como razón “a existencia en tramitación dun plan de ordenación pendente de aprobación que pode permitir legalizar as vivendas afectadas”

Tanto os propietarios como os partidos políticos xa amosaron o seu desexo de que o PXOM recollese na súa redacción a posibilidade de desprotexer a zona costeira na que se asentan as vivendas de Nogueirosa. Para iso faise necesario que sexa aprobado o Plan de Ordenación do Litoral o que, inevitablemente, supón atrasar aínda máis a aprobación definitiva do plan de urbanismo de Pontedeume.

Dende Fusquenlla esiximos o máximo respecto á legalidade e condenamos os intentos dos grupos políticos de adaptar a normativa urbanística ás ilegalidades cometidas en lugar de adecuar as construcións á legalidade urbanística.

Estase a utilizar o PXOM como un instrumento de defensa xudicial ao servizo duns  propietarios e cargos imputados que só queren burlar a lei en beneficio propio, despoxando ao resto da cidadanía do dereito a ter un plan de urbanismo que ordene o caos territorial de Pontedeume e mellore a calidade de vida dos seus habitantes.

Comentarios extraidos dos xornais
“Os socialistas din que a nueva Lei do Solo permitirá legalizar a vivienda, que segundo a sentenza está en zona de protección costeira”

“O Partido Socialista de Pontedeume ofrécese a facerse cargo do importe da multa no caso de que o xuíz sancione ao Concello polo atraso na orde de demolición dun chalé construído en Nogueirosa”

“Tanto o Partido Socialista (PSOE) como Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Pontedeume coincidiron no pleno celebrado onte en interesarse pola situación dos oito chalés de Nogueirosa”

“O Executivo que rexe o alcalde, Gabriel Torrente, asegurou que se axudará dos múltiples cambios lexislativos en materia urbanística acaecidos nos últimos tempos para intentar legalizar estas casas”

“A recente e importante modificación da Lei do Só e o Plan de Ordenación do Litoral obrigan á modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se tramita na actualidade, e que podería dar esta posibilidade (a da legalización) que a Corporación local ao completo apoia. O concelleiro de Urbanismo, Eugenio Otero, anunciou onte que o Executivo “xa está traballando niso”.

“Dous ou tres meses” será o tempo que necesitará a empresa redactora do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Pontedeume, Consultora Galega, para adaptar o documento urbanístico á Lei do Só, segundo asegura o concelleiro de Urbanismo, Eugenio Otero.

(Non se pode responsabilizar a Fusquenlla en caso de desacordo cos comentarios anteriores.  Os aludidos sempre teñen a potestade de desmentilo publicamente)

Máis información en La Opinón

No Comments

Trackbacks/Pingbacks

  1. Outra orde de demolición en Pontedeume aprazada no último momento - [...] Outra orde de demolición en Pontedeume aprazada no último momento galizanonsevende.org/?p=1033  por xOsse o 18:42 CET [...]

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.