Pages Navigation Menu

Patrimonio impide a Fomento construír pasos subterráneos en Pontedeume

A Dirección Xeral de Patrimonio non concede permiso a Fomento para construír unha rotonda con pasos subterráneos á entrada da vila histórica. Pon condicións para a segunda das rotondas: garantir a conservación do teixo senlleiro ubicado fronte á alameda

O Ministerio de Fomento terá que tragarse todas as súas declaracións sobre o nulo impacto que as rotondas traerían á vila medieval de Pontedeume: “as dúas rotondas e os pasos inferiores peonís fican por baixo da rasante, perfectamente integrados co entorno e non se producen impactos ambientais negativos” Este proxecto que o ente estatal pretendía facer, e denunciado ante Patrimonio polo colectivo Fusquenlla, foi rexeitado pola Comisión do Camiño de Santigo, dependente da anterior Dirección Xeral.

Sobre a primeira das rotondas, a que incluía os pasos subterráneos, Patrimonio non a considera procedente por situarse preto da ponte dos Andrade, lugar polo que discorre o Camiño Inglés. Ademais o casco histórico de Pontedeume está declarado Conxunto Histórico Artístico, non sendo coherente co entorno a construción planeada.

Sobre a rotonda situada fronte á gasolineira e que Fomento xa comezou a construír a Dirección Xeral de Patrimonio acepta a súa construción sempre e cando se respecte o teixo senlleiro que se atopa no lugar. Como é sabido as obras foron paralizadas por Patrimonio despois de ser denunciadas por Fusquenlla. Aínda así os operarios municipais cercenaron diversas raíces do teixo e sometérono a unha poda intensa. Unha grave mutilación que os responsabeis, Concello e Fomento, deben explicar e Patrimonio sancionar. Fusquenlla vai presentar unha solicitude ante o organismo autonómico para que se abra expediente por este atentado ecolóxico impropio dunha administración que se supón garante do patrimonio cultural dos pobos. O dano ocasionado é irreversíbel e alguén debe cargar coa responsabilidade de actuar precipitadamente sen atender ás peticións dos eumeses que alertaron da tropelía. O muro derruído debe ser restituído á súa posición orixinal e debe evitarse calquer obra que invada o parque Sarmiento.

Resulta chamativa a falta de transparencia amosada polo Ministerio de Fomento e a súa teimosía en defender a legalidade do proxecto. Negouse á cidadanía a posibilidade de presentar alegacións en contra daquel, non se someteu a estudo de impacto ambiental, e non se pedíu permiso a Patrimonio para realizar as obras ata que houbo unha denuncia por medio. Unha actitude que nos lembra o caciquismo exhibido por outras administracións e para nada compatíbel co debido respecto á legalidade, unha legallidade que debe antepoñerse a calquer outra consideración. Lamentábel tamén que teña que ser a sociedade civil a que, a través da contestación, impida estes abusos e agresións ao acervo cultural das nosas vilas e aldeas. Estase a cuestionar a credibilidade dos nosos gobernantes e a deteriorarse o patrimonio cultural de Pontedeume

 

Máis información en La Opinión

10 Comments

  1. Sobre o PARQUE DA MERDA que siguen querendo facer no Ribeiro, e que agora nos confirman con papeis oficiais que vai ser todo o que dixemos nos: vertedeiro incluido, sin enlace da A-52 e en vez de 800.000 metros cadrados agroa vai ter 1.200.000 metros mais. Escribin esto en Rederibeiro en xullo, pero creo que non está de mais que o copie e o pegue aquí. TÉNDENOS QUE BOTAR UNHA MAN, GALIZA, TENDES QUE AXUDAR Ó RIBEIRO.

    Creo que todos, tanto os que están a favor como os que estamos en contra, estamos de acordo en que a administración está mentindo e ocultando información. Tamén que a incineración non é solo coller e plantarlle lume a algo, coa conseguinte emanación de fumo visible: é todo ainda que sexa encuberta.(Xa se fala de metanización).
    Chegando a estes dous puntos, non logro procesar que parte non se entende da posición do NON. Decir que estamos en contra porque arrimamos cara alí, despois de todos os datos que se levan posto encima da mesa, paréceme un intento de descrédito innecesario á par que inútil.
    Xa se leva dito o porqué do posicionamento do NON. Os datos son certos, de feito ninguén osou poñelos en tela de xuicio. Solo a mentira e o insulto, xuntas ou por separado, son os pobres argumentos dos que seguen a defender a existencia de este parque. E non se lle ve que haxa nada mais.
    Logo tamén vemos con un estupor crecente, que os “si, pero con condicións” están empezando a gañar terreo nese intento de convencernos de que asumamos que, nos poñamos como nos poñamos, eso ha de vir para aquí porque en algún sitio hai que poñelo, e como para levalo o tercer mundo é algo cariño, pois ímolo por nun sitio que roza ese término: a nosa pasividade noutras ocasións, fannos ser os destinatarios perfectos de esa desfeita.
    Ante semellante cantidade de despropósitos que levo lido en defensa dese parque, non me queda moito que decir, salvo que se está a fraguar unha despiadada campaña de descrédito dos que mantemos o tipo defendendo o noso dereito a que non nos consideren uns pailáns que estamos dispostos a tragar con todo, por o simple feito de que, algunha xente, utilicen unha linguaxe tecnicista, que parece que está abocada a conseguir que asintamos por non entender unha hostia o que nos estan decindo. Quen así pensa da xente do Ribeiro, está cometendo un terrible erro de apreciación. Pois que nos teñamos calado en outras ocasións, que non protestemos cando nos teñen vacilado ata límites insospeitados non quere decir nin que comulguemos con rodas de muiño, nin moito menos que aceptemos a verborrea barata e nos quedemos mudos de admiración ante tanta “sapiencia”. É dado a facer por moitos “listiños”, cun pobre concepto dos demais, e por ende, con moi pouca capacidade para asumir o pobre discurso, a non explicarlle os demais o que está decindo, creendo que por poñer palabras grandilocuentes, nos imos a quedar coa boca aberta, admirando esa capacidade para darlle as voltas as cousas para que non haxa Dios que as entenda. Paréceme deleznable esa utilización, pero xa estou acostumada a eses “me lo se todo y tu no tienes idea” que utilizan catro que fixeron unha carreira e pensan que os demais somos gilipoyas.
    En resumiendo: que vos poñades como vos poñades a “xentiña” que vivimos no Ribeiro, non somos eses pailáns que vos creedes e sabemos que esa merda de parque é eso: unha puta merda, que non nos vades a convencer do contrario porque, gracias a Dios e ainda que non teñamos catrocentas carreiras, nin usemos eses tecnicimos que algún utiliza para que non nos enteremos da misa a mitade, e dito todo con ese triste fin (que non nos enteremos), temos acceso a unha información, porque nos preocupamos de buscala, e non fai falta que nos consideredes idiotas porque, basicamente, si aquí hai algún idiota, dende logo non está do lado do NON.
    E en terminando, decir que os vosos vanos intentos de seguirnos a ningunear, a seguirnos a enganar, non solo non van dar os frutos que pretendedes (vestinos de maravilla o que non é mais que unha puta merda) sinón que, precisamente son os vosos silencios e as vosas mentiras e contradicións, o que nos da mais razón para seguir demandando: primeiro que se nos diga dunha santa vez que hostia é o que tendes pensado traer para aquí e que temos dereito a seguir vivindo nunha preciosa terra, regalo de Deus, e non imos a permitir que nola enmerdedes. Si tendes un problema cos residuos, nos temos un problema con xente tan rastrera coma vos. E si algo nos diferencia de vos e que nos imos de frente, demandando o que nos pertence por lei, e non somos ningunhas marionetiñas de nadie. Asi que, si facedes o favor, vade a tomarlle o pelo a outros. E deixádenos seguir revitalizando un viño que ese si que é outro regalo da nai natureza, que nolo vades a fundir como instaledes esa puta merda de parque.
    Sin dirixirme a nadie en particular e a todo o moveeento do si en xeral(con ou sin condicións, xa que me la sopla talmente os pobres matices que vos diferencian) decirvos, para finalizar, que xa estamos ata o carallo de que algúns sigades pensando que somos tontos do cu, cando si alguén o é dende logo non o somos nos.
    Volvo a reiterar, por si a alguén se lle pasou por alto este pequeno detalle, que eu non pretendo vivir no eden, rodeada de natureza virxe por todos lados. Que me gusta a miña terra tal e como está, que si nos fai falta traballo (eso ninguén o puxo en dúbida) que traiades para esta fermosa terra catro ou cinco emmresas, a poder ser normales, e non esa aberración coa que pretendedes fundir a nosa terra. E recordarvos que é precisamente o voso asqueroso silenzo o que fai que o movemento do NON sexa cada dia mais e mais numeroso, porque xa estamos ata o mismísimo carallo de que nos tomedes por gilipoyas.

    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO
    PARQUE DA MERDA NON

    PÍDOLLE A TODOS OS INTEGRANTES DE GALIZA NON SE VENDE QUE NOS BOTEDES UNHA MAN, PORQUE ESTES TIPOS NON TEÑEN NINGÚN REPARO EN CONVERTIR A MIÑA TERRA, O MEU QUERIDO RIBEIRO NO PUTO VERTEDEIRO CO QUE NOS ESTÁN AMEAZANDO.

  2. Pero, qué ten que ver iso co tema das rotondas en Pontedeume? Esta tipa, ademáis de incontinencia verbal, bebe ribeiro de máis?

  3. Eu rogaría que por aforro enerxético e tamén por saúde mental algunhas sexan máis breves nas súas…. exposicións

  4. vos podíades aforrar vosos comentarios de ciberáctivista ocioso/a
    Se non queres ler algo non o les e xa está
    Cando un tema che toca directamente é normal que che vaia o corazón en defendelo
    Ánimo, xa chega San Martiño!!

  5. máis dun pasma(rote) é o que cae por aquí…

    Polo Ribeiro,
    adiante na loita!

  6. Mirade, suso e un mais: primeiriño de nada eu cando non quero ler unha cousa non a leo. Ou é que estades obrigados a ler todo o que aquí se expón. Segundiño de todo: non sei de onde sodes, tampouco me interesa, pero si vos vivírades nun sitio precioso como vivo eu e uns fillo de puta volo quixeran convertir nun noxento vertedeiro, e inda por riba che dixeran que non vai a contaminar nada, facendo sistemáticamente certa a expresión “insulto a intelixencia” tanto con estas como con outras aseveracións, non sei como hostia vos íbades poñer. Eu polo de pronto escribo o que penso. Si os moderadores deste foro non están conformes co que eu escribo, e posto que estou nun foro que non é o meu, poden coller e borralo, e vos se non vos gusta o que empezades a leer, colledes e non acabades de leelo. Non sei si me explico. O mellor querias que me quedara na casa a rañar o carallo e vira como me converten a miña terriña querida no basureiro de Galiza. Pois non me sale das pelotas quedar a mirar. Vou loitar, primeiro coa palabra, aquí e onde faga falta, para que todo dios se entere do que nos queren facer no Ribeiro e despois co que faga falta, sempre sin faltarlle a legalidade, porque eu son terrarista non terrorista. Non sei se a vosa pouca paciencia pode apreciar a diferencia entre unha cousa e outra.

    Moitísismas grazas a parababosos e a ph por entender o sentimento con que escribin esas palabras. E para os outros dous, que vos den un pouco por onde mais vos guste.

    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO
    PARQUE DA MERDA NON.

  7. E para suso dous apuntiños tamen sin importancia: son abstemia, e o viño do Ribeiro é o mellor do mundo.

  8. E para suso outra vez: esto ten tanto que ver coas rotondas de Pontedeume como un vertedeiro no corazón do Ribeiro: non pintan nada ningunha en ningún dos dous sitios.
    Quero expor a miña preocupación, e decidín facelo onde primeiro me apeteceu. Eu son así, para soplagaitas fisnos xa chegades algúns. Creo que tamén me expliquei de forma facilmente entendible. Ademais si ti non eres capaz de escribir mais que duas liñas, non vou ser eu quen cho critique.
    Que co problema que temos no Ribeiro ainda teña que aguantar ese tipo de gilipoyeces dos fisnos estes……

  9. haxa paz

  10. Habrá paz o día que nos digan que ese vertedeiro non se vai facer. Mentras tanto, seguiremos loitando como o fan os nosos irmáns de Reganosa. Sin descanso. Nos temos a ventaxa de que ainda non se fixo. Eles teñen que loitar contra o que xa está feito.
    Un saludo para os compañeiros da rede GAliza non se Vende e moi en especial para os compañeiros de Mugardos. Que sepades que vos levo presentes no meu corazón. A película “o salario do silenzo” chegou o fondo da miña alma e inda recordo as bágoas que me produxeron o voso coraxe e a vosa desesperación. (a imaxe da barca diante do gaseiro, fala moito da vosa valentía). Unha forte aperta, e a seguir loitando.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.