Pages Navigation Menu

Pescanova, no punto de mira da UE pola piscifactoría lusa

O comisario de Medio Ambiente anuncia a revisión do proxecto. Quercus di que a zona xa está destruída e esixe que se eviten novos desastres Lido en Galicia-Hoxe

A Unión Europea iniciou a revisión do proxecto acuícola de Pescanova na localidade lusa de Mira co que pretende converterse no maior produtor de peixe plano do mundo. Así llo confirmou á asociación ecoloxista Quercus o comisario europeo de Medio Ambiente, Stavros Dimas, a través dunha carta na que se informa do inicio do procedemento sobre a construción da piscifactoría de Pescanova nun espazo protexido pola Rede Natura 2000.
A actuación de Bruxelas obedece á denuncia interposta polos ecoloxistas lusos ante a Comisión Europea, tras considerar que a macrogranxa acuícola da multinacional galega “ameaza a biodiversidade, non contribúe ó ordenamento do territorio, ocasiona unha considerable polución mariña, ocupa ilegalmente a franxa litoral e carece dun estudo de alternativas”.
A pesar da notificación da UE, o voceiro de Quercus, Antonio Luis Campos, ve “moi difícil” que o proxecto de Pescanova non vaia adiante, xa que o apoio das autoridades lusas é total. Ademais de autorizar a construción da piscifactoría e de darlles o visto e prace a todos os informes presentados pola empresa, o Goberno emitiu “unha declaración de utilidade pública” sobre o proxecto que, segundo Campos, permite que se leven a cabo as obras, a pesar dunha orde de paralización ditada dende os tribunais lusos.
O voceiro de Quercus advirte que a superficie dunar e boscosa elixida para instalar esta planta “está totalmente arrasada”, de aí que unha posible paralización do proxecto “chegaría un pouco tarde”. Non obstante, Campos cre que esta resolución por parte da UE sentaría un “precedente” que evitaría “novos desastres en zonas protexidas”. De feito, Campos recordou que a maior parte do litoral luso está incluído en Rede Natura, polo que se Bruxelas ditamina que o proxecto de Pescanova non se axusta á normativa europea “impediría unha instalación indiscriminada desta industria nunha franxa costeira protexida”.

2 Comments

  1. Olá!
    Sou habitante da localidade de Mira, em Portugal, e de facto, o sistema dunar assim como a floresta que pertenciam a uma área protegida estão completamente destruídos no local de instalação da aquacultura. É algo que dói, mas quero acreditar que após a construção das infraestruturas pelo menos o sistema dunar, essencial para a protecção do litoral, seja reposto.
    Tenho formação em Bioquimica e Microbiologia, e especializei-me em tratamento de efluentes industriais. Sei que se tomadas as devidas precauções, a poluição deverá ser mínima e o impacto na fauna reduzido. Quanto à flora local, infelizmente teremos q nos contentar com o que sobrou mais a norte e mais a sul.
    No aspecto económico, a PescaNova é muito bem-vinda, já que Mira carece de tecido empresarial forte, e consequentemente, de empregos.
    Há uma coisa que no entanto me preocupa. Onde irão ser instalados os geradores eólicos? Mais floresta será abatida??

  2. Desculpem o facto de não ter escrito em Galego ou Espanhol, espero que me entendam.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.