Pages Navigation Menu

PONTEDEUME: 6º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

CARAVANA GNSVPONTEDEUME:

Sábado 27 de Febreiro:
Ás 19:00 hh. Pasaruas pola vila.
Ás 21:00 hh. Concerto no Centro Social Ocupado A Casa da Estación onde actuarán:

  * Xorxe Mirancos Cantor música galego-portuguesa
* Tonhito de Poi Rock
* Mencer Vermelho Rock oi

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que está percorrendo as principias vilas e cidades de Galiza, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela, que sairá ás 12 da mañan da Alameda, en contra da destrución do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.

Por un Plan do litoral que protexa toda a nosa costa.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola defensa dos sectores primarios: Soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.


Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende

One Comment

  1. Tonhito de Poi para os nostálxicos dos Herdeiros da Crus hehehe Vai levar banda?

    Xorxe Mirancos é muito bom.

    Se empregades a normativa oficial em todo o texto porquê ponhedes Mercer Vermello con lh? Ademáis teria sido melhor empregar a definiçom Rock Proletário.
    Por fim vou poder ver a estes comunistas.

    Bom concerto, agardo saia tudo bem.

    Avante coa Caravana Reivindicativa!!!!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.