Pages Navigation Menu

Powerboat P1: Un circo paleto, caro e destrutivo

 A RÍA NON SE VENDE rexeita a celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat P1) en augas da ría de Vigo, por representar unha nova afronta e agresión á súa bioloxía e ecoloxía en xeral, unha temeridade, un atranco ó tráfico marítimo e un malgasto de diñeiro público.

Os mesmos organismos que non son quen de resolver os graves problemas crónicos que afectan á saúde desta ría, non dubidan en dilapidar grandes sumas de diñeiro promocionando actividades paletas e insalubres, circos aéreos e acuáticos que constitúen a antítese da educación medioambiental necesaria. E para iso desvían fondos que serían de gran utilidade para afrontar os enormes problemas que temos prantexados en gran parte pola súa incompetencia permanente.

 

Denunciamos que os arredor de 30 barcos monocasco, con 2000 Cabalos de potencia e velocidades de máis de 150 kms. por hora van provocar unha enorme contaminación acústica, tanto supra como submariña, e un elevado consumo de combustible, provocando así mesmo contaminación atmosférica con gases de efecto invernadoiro de clara incidencia no cambio climático. A contaminación acústica submariña ten graves efectos sobre a fauna e particularmente sobre os mamíferos mariños, como os arroaces. Ademais, ao celebrarse nas proximidades da estación marítima, tamén vai supor un atranco ó transporte da ría.
Por outra parte os máis de 300.000 euros que vai custar o evento nos parece un malgasto inxustificable en tempos de crise económica e o peor é que van ser sufragados con fondos públicos pagados polo Concello de Vigo e a Autoridade Portuaria.
Responsabilizamos ao goberno municipal de Vigo PSOE-BNG e á dirección do Porto desta nova afronta, que non muda acontecementos similares anteriores de gobernos pasados, e denunciamos que sen embargo non é de recibo que despois se nos diga que non hai diñeiro para comprar unha relíquia histórica coma o Hidria II.

 

A tolemia segue imperando, pero a loita continúa.

 A RÍA NON SE VENDE
GALIZA NON SE VENDE

 

7 Comments

  1. Pero que parviños sodes,o voso e o non a todo por decreto

  2. Pois hoxe dando unha volta polo Porto de Vigo atopeime coa sorpresa de que era Santi Dominguez quen se movía coma peixe na auga á bordo dun dos barcos da Organización… Ademáis de aparecer na Primeira Páxina da Revista-Programa destas 4 carreiras que convirten as rías galegas en circuitos de Fórmula 1…

    Cal foi a miña sorpresa cando vin ca Zona VIP estaba situada na Terraza da Estación Marítima (construída no ano 1959) e que leva sen abrir ó público cando menos 20 anos ou máis…!

    O que non podemos disfrutar os cidadáns ofrecemosllo ós VIPs da Fórmula 1 dos Mares?

    Moi boa xestión do público en favor do Privado!

    Parviños sí que somos… pero por non tirar ó mar a esta pandilla de “niños bonitos” que saben vivir polo morro dos cartos públicos e de dubidosos esponsores privados…?

    Os rapaces que podan mercarán motos de auga para romper a paz e a tranquilidade que se respiraba nas praias da Ría…

    Este é o futuro sostible que desexamos?

    Vigo nin é Maiami nin quere selo…!

    Pandilla de Horteras !

  3. É mesmo ridículo como toda a canalla lacerante da ultra-dereita segue a utilizar o tópico “Os-do-non” contra o pobo organizado. E non apuntan mal…

    A ría non se vende!
    O povo unido, funciona sen partidos!
    Adiante GNSV !

  4. A ver se algún se pega unha ostia contra unha batea.

  5. Dende Vigoblog pensamos que parar este circo é unha obriga cívica. Están a converter a nosa ría nun espazo gratuíto para todo tipo de productos comerciais de alto impacto que circulan por aí a cambio só dunha administración disposta a pagar o “canon”. O mundo ao revés: en todo caso tería que ser a organización e promotores destas barbaridades as que pagaran por utilizar e se fixeran cargo dos gastos de restauración do medio natural. ¿Quen parará esta barbarie?
    A nosa postura sobre o “evento” en:
    http://vigoblog.blogspot.com/search/label/Powerboat

  6. Estaba pensando nas praias das nosas rias . ¿Imaxinades a todolos bañistas no veran bañándose cheos de cremas antisolares , os mais deles mexándo dentro do mar?. ¿Pensades cantos o faran cada día? . Todo directo ao mar sen depurar.
    Non se debería prohibir o baño nas praias?
    se alguen se quere bañar que se bañe na sua casa.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.