Presentadas as Directrices de Ordenación do Territorio

Un plan que contempla a creación de dúas grandes áreas metropolitanas arredor de Vigo e A Coruña. A metrópole Ártabra configúrase entre Ferrol e A Coruña xunto con outros concellos da contorna. A metrópole das Rías Baixas comprende Vigo e Pontevedra máis outros 22 concellos. Nun segundo nivel aparecen as áreas urbanas de Lugo, Ourense e Santiago. O plan analisa a importancia do transporte e das comunicacións, abogando por un ferrocarril de alta velocidade. Tamén enumera diversos espazos protexidos. Estas directrices serán de aplicación nos planeamentos urbanísticos dos concellos.

Ver aquí as Directrices de Ordenación do Territorio

8 Comments

  1. Terribles as mal chamadas “Directrices de Ordenación do Territorio” cando o seu verdadeiro nome debera ser “Directrices da Cementación e Destrución Ireversible do Territorio Galego”!
    Aínda que é tanta a información aconsella-
    mos a todo o mundo unha tranquila e profunda lectura desas Directrices. Comprobaredes que o que se pretende levar a cabo ó longo de todo o litoral e unha parte importante do interior é a idea que, segundo os medios de comunicación, inventou no seu día o Sr. Nogueira do B.N.G.”GALIZA, CIDADE ÚNICA” e que aplaudida polo ex- presidente da Xunta, Sr. Fraga,convertiuse nun lema e ata nunha frase de promoción turística.
    Deste xeito, unha enorme parte das Rías Altas (incluída a Costa da Morte e dende a Ría da Coruña ata a Ría de Cedeira) fomaría
    parte sen base lóxica e porque así o deciden algúns,dunha metrópoli denominada “METRÓPOLI ÁRTABRA” constituída por 22 concellos fronte outra de 24 concellos nas Rías Baixas denominada “METRÓPOLI DAS RÍAS BAIXAS”. E dicir, dúas áreas máis extensas que Madrid ou Barcelona onde previsiblemente “entrarían a saco” as promotoras e construtoras, en demasiados casos relacionadas cos políticos de toda índole e cores ( por iso aproban tantas autovías, V.A.C.,portos deportivos ou exteriores, A.V.E.s, polo litoral e por todas partes sendo un aspecto fundamental das Directrices).
    Ademais: NON SE GARANTIZA A PROTECIÓN DO LITORAL QUE DEBERA SER DA FRANXA LITORAL DOS 500 METROS EN TODOS OS LUGARES ONDE XA SEXA POSIBLE, NIN DOS ESPAZOS NATURAIS OU PROTEXIDOS, DA ALTA MONTAÑA OU DAS DISTINTAS PAISAXES, NEN SEQUERA DE MOITAS DAS MELLORES(aí tendes o Plan Acuícola que se levaría por diante máis de 3 millóns de metros cadrados da nosa costa virxe, Plan Eólico, Plan Mineiro, Plan de Portos Deportivos, Plan de Portos en xeral, a destrución ou degradación da REDE NATURA que non protexe os espazos naturais e que xa nolo advertiran hai tempo , entre outros, os mesmos técnicos da consellería de Medio Ambiente, as numerosas accións e proxectos agresivos sobre o patrimonio natural, cultural ou paisaxístico….);EXISTEN MOITAS RECOMENDA-
    CIÓNS NESAS DIRECTRICES QUE NON SON VINCULANTES E, POLO TANTO, NON VALEN PARA NADA;NON SE IMPIDE A ESPECULACIÓN NIN SE ELABORA UNHA ORDENACIÓN DO TERRITORIO QUE RESPONDA Ó INTERESE XERAL COMO ORDENA A CONSTITUCIÓN NO ARTIGO 47; NON SE ESTABLECEN DUN XEITO OBRIGATORIO MEDIDAS IMPRESCINDI-
    BLES CONTRA A CORRUPCIÓN ; NON SE LIMITAN OS CRECEMENTOS ÁS NECESIDADES REAIS EN LUGARES AXEITADOS(é legal triplicar o número de vivendas dos municipios en doce anos e xa vístedes como a conselleira de Política Territorial hai pouco xustificou as 140.000 vivendas novas en Vigo asegurando que “hai mercado” a sabendas que o noso país só aumentou 10.000 persoas nos derradeiros 10 anos, segundo datos do I.N.I.); NON SE CONSIDERA O NOSO TERRITORIO, EN PRINCIPIO, PROTEXIDO COMO NO RESTO DE EUROPA ; NON SE ESTABLECEN CRITERIOS RACIONAIS DE CONSERVA-
    CIÓN E PROTECIÓN DO NOSO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL OU PAISAXÍSTICO,NON SE GARANTE A PROTECIÓN AXEITADA DO MEDIO RURAL QUE PARECE QUE NON EXISTE NA COSTA, SEGUNDO OS TÉCNICOS DAS DIRECTRICES, SÓ NO INTERIOR; NON SE IMPIDEN NOS NÚCLEOS RURAIS, CONCELLOS NATURAIS,DO LITORAL, PEQUENOS OU CON POUCA POBOACIÓN AS URBANIZACIÓNS, MACROURBANIZA- CIÓNS, SOLO URBANIZABLE,PARQUES INDUSTRIAIS, EMPRESAS PERIGOSAS OU CONTAMINANTRES ETC.;NON SE PROPÓN UN MODELO SUSTENTABLE PARA A COSTA NATURAL OU PARA O MEDIO RURAL; TAMPOUCO SE GARANTE A PROTECIÓN DOS SOLOS AGRÍCOLAS, FORESTAIS, DE IMPORTANCIA CULTU-
    RAL E AS SÚAS ÁREAS DE CAUTELA QUE TENSE QUE AMPLIAR; NON SE PROHÍBEN AS RECALIFICACIÓNS OU CONVENIOS URBANÍSTICOS PARA ESPECULAR ; NON SE ESTABLECE UN CATÁLOGO DE TODAS AS ÁREAS,TRAMOS DE COSTA QUE DEBERAN SER DECLARADOS “PAISAXE PROTEXIDA”, CONCELLOS,DISTINTAS PAISAXES, TRAMOS OU ESPAZOS DE VALOR CULTURAL OU ARQUEOLÓXICO QUE MERECEN UNHA PROTECIÓN EFECTIVA E SEREN EN TODOS OS CASOS DE CARÁCTER SUPRAMUNICIPAL OU ESTATAL COMO SUCEDE EN ASTURIAS OU NO NORTE DE PORTUGAL ASÍ COMO EN MOITOS PAÍSES EUROPEOS E NON SE GARANTE O URBANISMO RESPECTUOSO CO MEDIO DA ZONA OU PROPIO DO CONCELLO….
    TODO ISTO NOS LEVARÁ A UNHA ENORME DESTRUCIÓN DO TERRITORIO.
    Trátase a éste como se fose infinito ,non estivera tan estragado en demasiados sitios , destruído dun xeito irreversible noutros etc. Ninguén nos vai agasallar o seu territorio e, suponse que o territorio que temos é para toda a Hº da Humanidade, que haberá necesidades futuras…
    Lonxe de salvar o litoral natural e protexi-do que nos queda, os espazos naturais, o patrimonio cultural e o medio rural do noso pobo os políticos que nos gobernan conxuntamente coas promotoras, construtoras, multinacionais ou empresas poderosas así como grupos financieiros elaboraron estas nefastas Directrices co obxectivo de enriquecerse ou serviren a certos intereses, non os intereses xerais a conta de acabar en relativamenre poucos anos cunha considerable parte do noso territorio en nome dun progreso e modernización mal entendidos que desfiguraría Galiza e acabaría ata cas súas sinais de identidade.
    NON PODEMOS PERMITIR ESTA SALVAXADA IMPERDONABLE!
    ABAIXO A TIRANÍA!
    GALIZA NON SE VENDE NIN SE DESTRÚE!

  2. Esta infomación apareceu o outro día en Rede Ribeiro. Copio e pego: “Según o RAMINP podese reducir a distancia mínima esa dos 2km a zona habitadas. Agora si ledes o anexo das actividades que son “molestas”,”insolubres”, “nocivas” e “peligrosas” máis do 90% das empresas non se poden instalar en carballeda porque moitas delas producen algunha desas actividades. E para que esteades informados ese regramento queda ANULADO pola LEY 34/2007 do 15 de novembro sobre CALIDADE DO AIRE E PROTECCIÓN DA ATMÓSFERA; e solo manterá a súa vixencia naquelas comunidades que non teñan normativa aprovada na materia”
    Ou sexa que agora tamén se poden saltar ese tema, e poden facer o que lles de a gana. Pediríavos que vos informárades sobre este particular, por supor un paso atrás nos límites destes depredadores de Galiza. Agora, según este dato, poden facer e desfacer o seu antoxo. Tanto ten, pois por lei, non hai nada que lles impida construir a empresa que sexa o ladiño mesmo dos núcleos de poboación. Estannos pisando os dereitos que tanto traballo costou acadar. Esto é para sair a rua e protestar, pois cada vez deixannos mais indefensos.

  3. moi de acordo co comentario ás directrices. Pero ademais, tendo en conta que este documento debería ser unha reflexión previa á formulación de políticas sectoriais (plan eolico, plan do litoral, plan sectorial de vivenda, plan de portos deportivos, plan acuicola…) resulta que non lles queda outro remedio que asumir tódalas decisións tomadas por este goberno e o goberno fraga en estes temas, e asumir, de paso, o borrador e o avance de directrices de nuñez feijoo, para garantir a unanimidade no parlamento.
    propoño a discusión por todo o país, en cada vila e cada cidade, das directrices, durante o periodo de exposición pública de dous meses, substituindo ese dereito a “participar” alegando, tan reglado e tan “democrático, pola resposta crítica, argumentada e profunda dende a cidadanía, en base a defensa do medio ambiente e a calidade de vida, proceso que debería dar lugar á formulación dunhas novas directrices nas antípodas das “oficiais” que garantan a sostibilidade do territorio galego no futuro.
    quedo a vosa disposicion
    saude

  4. esquecíame de sinalar outro rasgo máis das directrices: o enfoque turístico do problema: ao norte da area coruña-ferrol xa non hai un espazo natural da rede natura chamado costa artabra (esta sí é artabra). non. agora hai, nun fermoso val de inmensas posibilidades de desenvolvemento turístico, ao fondo, unha lagoa: a lagoa de doniños. que falta (interesada) de rigor: vivir para ver.

  5. Estoy también totalmente de acuerdo con lo que decís en los comentarios y asustado e indignado con lo que esta Xunta pretende hacer.
    De tener con la Xunta anterior una protección garantizada ( AL MENOS EN LA TEORÍA) DE 500 m en las RÍAS ALTAS( faltaba establecer lo mismo en los últimos rductos naturales de las RÍAS BAIXAS) y ser considerada la franja costera de interés supramunicipal, y, por lo tanto, los alcaldes y gobiernos municipales no la podían tocar , recalificar y hacer sus chanchullos o grandes negocios y pelotazos y eso sería crucial, pasamos a una gran desprotección, a ser considerada franja de interés local ya que los gobiernos minicipales, salvo en algún o algunos sitios “singulares” que pueda imponer la Xunta son los que van a decidir realmentre y, ya sabemos lo que quieren todos, lo que han hecho hasta ahora, cómo se ha destruído casi todo el litoral del estado de esta manera y lo que piden a todas horas y todos los días: puertos deportivos, campos de golf ( con macrourbanizaciones, por supuesto), desarrollos turísticos, urbanísticos y especulativos por todas partes,muchos piden industrias (macroempresas de rodaballo y lenguado, minas, canteras, parques eólicos, centrales energéticas…)moles por doquier (también de apartamentos que estarían vacías 11 meses al año,) , infraestructuras duras o agresivas destacando los paseos marítimos pavimentando dunas, acantilados, reservas ecológicas con miles de plazas de aparcamiento, cafeterías, restaurantes etc. para a continuación construir en 1ª línea o recalificar más tarde…y todo ello, incluso en espacios vírgenes o protegidos del litoral o interior. Es lo que llaman ” “el progreso”.
    Vamos al desastre total y estábamos ante la última oportunidad de salvar lo que quedaba de nuestros espacios protegidos, costa virgen , paisajes hermosos y el medio rural. Lo último que necesitábamos ERA MÁS CEMENTO, MÁS HORMIGÓN, MÁS INFRAESTRUCTURAS DURAS EN SITIOS INADECUADOS, MÁS DESTRUCIÓN CREANDO INCLUSO 2 GRANDES CIUDADES COMPACTAS..
    Y AÚN TENGAMOS QUE OIR A LOS RESPONSABLES O, MEJOR DICHO, IRRESPONSABLES POLÍTICOS QUE TENEMOS QUE ES PARA “EVITAR LA DISPERSIÓN DE LA POBLACIÓN” ´¡Cuánto cinismo!.
    Tu propuesta Miguel es muy necesaria y hay que ir preparando la mayor manifestación de defensa del territorio de Galicia y no entrar en el juego que nos tienen preparado.
    Galicia Non Se Vende tiene aquí unha gran tarea,unha hermosa y dura lucha y, si se le explica al pueblo todas las barbaridades que estas Directrices supondrán, estoy convencido que éste reaccionará y defenderá como nunca su litoral, paisajes y territorio obligando a un cambio radical de rumbo y a la elaboración de otras Directrices que garanticen la protección de todo lo que debe y tenga en cuenta al pueblo gallego y a las generaciones futuras.
    Sufranda, es cierto que se cargaron el RAMIP, PERO SEGÚN LOS JURISTAS UNA LEY DE ÍNDOLE ESTATAL NO PUEDE SER SUSTITUÍA POR OTRA INFERIOR, REGIONAL O DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA, POR LO TANTO, ES CONVENIENTE ESCRIBIR AL MINISTERIO DE INDUSTRIA EXPLICÁNDOLE ESTA SITUACIÓN PORQUE LA LEY ESTATAL COMO LA CONSTITUCIÓN PERTENECEN A LA NORMATIVA SUPERIOR Y EXISTE UN PROTOCOLO QUE NO SE DEBE OBVIAR, ESTÁ POR ENCIMA Y SI ELABORAN OTRA LEY ESTATAL DEBEN MANTENER O MEJORAR LA PROTECCIÓN Y NO DESPROTEGER Y TODAS LA CC.AA. DEBEN BASARSE EN ELLA Y RESPETARLA.
    ERA REALMENTE LA ÚNICA LEY QUE PROTEGÍA A LA POBLACIÓN, ESTAMOS EN ESTO TAMBIÉN YENDO PARA ATRÁS.
    PONTE EN CONTACTO con los del COMITÉ CIDADÁN DE EMERGENCIA PARA LA RÍA DE FERROL QUE PARECE QUE YA ESTÁN ADVERTIDOS DE ESTA CUESTIÓN.

  6. Quero agradecer a Miguel Reimundez o seu labor e ofrecemento. É acertado salientar que estas directrices deberían ser previas ás decisións tomadas polo goberno galego que destrúen inexorablemente o territorio. Pretender agora deseñar unha política protectora non é máis que unha despreciábel actitude demagóxica.
    Unha análise destas directrices dá para escribir moito sobre as consecuencias que acarrearán. Pero unha sobre todo chama a miña atención. Ademais de mercantilizar o territorio poñéndoo ao servizo da industria e do turismo, crea unha división territorial na que unha vez máis a riqueza concentrarase nas grandes urbes costeiras, despoboando o rural e eliminando as fontes de ingresos baseadas na agricultura e gandeiría, sistemas de produción sustentables e respectuosos co medio ambiente.

  7. “FAGAMOS O QUE NOS MANDAN OS PROMOTORES E AS MULTINACIONAIS”, ÉSE É O VERDADEIRO LEMA DESTA DIRECTICES.
    O GOVERNO CENTRAL DARÁ EN PRINCIPIO 300 MILLÓNS DE EUROS PARA MERCAR SOLO, QUE NON VIVENDAS BALEIRAS E A XUNTA SOPESA TAMÉN ISTO ÚLTIMO E INTERCEDE ANTE A BANCA.
    Os “pobres” promotores teñen que seguir gañando indefinidamente o 1000%, crecendo
    sin límite na cementación do país e sen res-
    petar nada, total, as autoridades e a xustiza lles permite todo, de ahí que algúns arrisquen tanto e se perdan na súa avaricia.
    Está claro que uns e outros non aprenderon nada e que nos van levar, non a unha crise importante que xa se iniciou, senón a unha recesión durante moitos anos, COMO INDICOU O RECENTE PREMIO NÓBEL DE ECONOMÍA HAI UNS DÍAS NO XORNAL “EL PAÍS”, COMPARTINDO O MESMO CRITERIO QUE OS ECONOMISTAS INDEPENDENTES.
    Seguen profundizando nun modelo brutalmente especulativo que non ten futuro nin presente e non son conscientes da realidade que viven, están perdidos porque contaban con acabar co país enriquecéndo enormemente aos de sempre e cada vz máis aos políticos en xeral, por suposto que tamén a eles mesmos,como se demostrou e se sigue demostrando por todo o Estado ou en Galiza, destacando neste aspecto.
    Por iso, non impiden sequera a figura do alcalde-promotor que hai por todas partes.
    Por iso,ríense da Lei de Incompatibilidades e a política e hoxe máis que nunca un trampolín ideal para levar a cabo grandes e novos negocios, inmensos pelotazos e desfeitas por todas partes, pois todo está permitido. Xa vedes que ata o Sr. Roca saírá pronto do cárcere e seguirá destruíndo miserablemente o país paralelamente ao aumento da súa fortuna.
    ISO É O QUE ENSINAN A XUVENTUDE, COMO NOS DICÍAN UNHA VEZ UN GRUPO DE 15 RAPACES CANDO FACÍAMOS CAMPAÑA EN FERROL.
    As mesmas palabras do presidente Zapatero o día 15 de xaneiro de 2007 no xornal “El País” resume a filosofía do seu partido e a “cientificidade” da súa ” maravillosa” teoría económica que a realidade acaba de desmentir:
    “VAMOS A SEGUIR CRECIENDO EN EL SECTOR DE LA CONSTRUCCIÓN. ES UNO DE LOS SÍNTOMAS DE CRECIMIENTO DEL PAÍS.ESTADOS UNIDOS SE CARACTERIZA POR ESTAR SIEMPRE EN CRECIMIENTO
    Y EN CRECIMIENTO DE LA VIVIENDA…EL PRECIO DE LA VIVIENDA SE ESTÁ MODERANDO, COMO DIJIMOS QUE SE IBA A MODERAR. ÉSTE ES UN PAÍS CON ESPÍRITU DE FUTURO A DIFERENCIA DE OTROS PAÍSES OCCIDENTALES CON RENTA PER CÁPITA ALTAS QUE NO TIENEN HOY ESA ACTITUD. POR ESO ESTAMOS SEGUROS DE QUE VAMOS A SUPERAR A ALEMANIA Y A ITALIA EN RENTA “PER CÁPITA” DE AQUÍ A DOS, TRES AÑOS…”
    MENOS MAL QUE OUTROS PAÍSES OCCIDENTAIS TEÑEN DIRIXENTES CON SENTIDO COMÚN, CULTURA E TENTAN DEFENDER ,NESTES TEMAS, O INTERESE XERAL E NON COMO OCORRE EN ESPAÑA COS DISTINTOS PARTIDOS POLÍTICOS QUE EXISTEN!
    A ELES LES VAI BEN E A NÓS MOI MAL.
    A ELES NON SE LLE OCORRE VENDER OU REGALAR O PAÍS ÁS PROMOTORAS E MULTINACIONAIS!
    Non podemos consentir que o diñeiro do pobo, gañado con tanto esforzo acabe nos bolsillos dos do ladrillo. ISO É INCONSTITUCIONAL!
    QUÉ SOLOS VAN MERCAR, TODOS ESES SOLOS
    ILEGAIS, QUE ATA O RECOÑECE O SEÑOR MARTINSA QUE TEN, QUE ESTÁN NA XUSTIXA OU SON DE COSTAS, ESPAXOS PROTEXIDOS OU DOM CAMIÑO DE SANTIAGO COMO OCORRE EN GALIZA? ISO SERÍA UN DELITO QUE NON IMOS CONSENTIR, QUE GALIZA NON SE VENDE NON VAI PERMITIR.
    EUROPA TEN QUE INVESTIGAR este tema a fondo e solicitar A DEVOLUCIÓN DE FONDOS EUROPEOS PARA TANTO PROXECTO ESPECULADOR, COMO FIXO RECENTEMENTE EN BULGARIA QUE NON LLE VAI DAR OS 500 MILLÓNS DE EUROS PROMETIDOS A CAUSA
    DA CORRUPCIÓN DESE PAÍS.

  8. agora teñen un problema os promotores. Os bancos non lle prestan cartos para seguir construindo, por moi rendible que pareza a promoción.

    Así que as amenazas, a curto prazo, penso que están nas grandes infraestructuras, na producción de enerxía, cara onde se desvían os capitais inmobiliarios e na política de transportes, que só se enuncia en base ao potenciamento do transporte privado e o desmantelamento do público, baixo o discurso “ilusionante” do AVE, supositorio que non lle vai resolver ningunha enfermidade ao país. E no de sempre, o que non e novo, o que ven de lonxe: a destrucción da agricultura, a gandeiría e a pesca, e o abandono do monte.

Deixa una resposta a sufranda Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.