Pages Navigation Menu

PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos reivindicativos en 8 cidades e vilas galegas. O primeiro será o día 3 de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás 21:00.

O gobero “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.

A barbarie:
Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade, urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…

 

Fronte a isto desde a rede Galiza Non Se Vende esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!

3 Comments

  1. Sabe alguén se a caravana vai pasar por Ferrol, e de ser así ¿ en que data?.

  2. Está ben, pero non se debía cinxir a unha música para unha determinada idade. Pillades a idea?

  3. “A TRAMPA DA RECICLAXE”. Guía rápida para salvar ó Ribeiro.

    A verdade sobre o vertedeiro de Carballeda de Avia.

    Por qué nos elixiron?

    Porque as prantas de lixo galegas están colapsadas e Carballeda dispuña dun terreo calificado á beira da Autovía A-52, con servizos e auga moi accesibles. A NOSA “PROSPERIDADE” NON LLES INTERESA EN ABSOLUTO.

    Porque concentrar o lixo é barato: depositar nun único punto TODO O LIXO INDUSTRIAL DO SUR GALEGO reduce moito os gastos en transporte e instalacións.

    Porque as zonas rurais somos menos conflictivas. A Xunta sabe que os habitantes rurais temos menos capacidade para defendernos dun proxecto que sería amplamente rexeitado cerca das cidades.

    Porque a nosa saúde non lles importa. Para que o Sur se lucre necesitan que o Ribeiro asuma o papel de “mártir medioambiental”. Sufriremos un vertedeiro que contaminará 23 poboacións nun radio de 2 km para que as cidades estean cómodas.

    PROYECTO OCULTO.

    Non se desvelou nin un dato técnico sobre o tipo de industrias ou a tecnología que se usará desoís de 2 anos de reclamación social. Nin sequera se atreveron a decir con certeza que tipo de residuos acolleremos.

    O conselleiro de medio ambiente negouse a recibir aos ecologistas e aos veciños do Ribeiro para informalos sobre o Parque. O motivo? Ao parecer el “non se senta con 10 señores do PP”

    A cenSura informativa foi absoluta. Telearnoia foi silenciada, impediron programas de radio, dificultaron exposicións sobre o tema e ata prohibiron, baixo ameaza, expoñer carteis.

    Eliminaron o nome de Carballeda do borrador do plan de residuos. Par evitar calquera reacción ata borraron a mención da localidade onde se instalará a única pranta en trámite de toda a provincia: Carballeda de Avia.

    O PSOE creou unha “asociación cidadana” ficticia: É a “Plataforma do Sí”

    O ENGANO DA RECICLAXE:

    As actuais técnicas de reciclaxe non sirven para eliminar os refugallos. So se consegue reutilizar unha mínima parte.

    Os ecologistas insisten na reducción de residuos en orixe e na descentralización de prantas. A Xunta prefire eliminalos nun únio e descomunal emprazamento.

    As irregularidades son constantes entre o empresariado deste sector. Saltar os custosos tratamentos dos residuos é tan habitual como pouco vixiado polas autoridades.

    A promesa dunha solución baseada na “reciclaxe limpa” e directamente falsa.

    ANTECEDENTES QUE ASUSTAN.

    A mala xestión é o habitual. A mayor parte das instalacións “recicladoras”funcionan como simples depósitos onde se soterran a baixo prezo enormes volumes de lixo sen control.
    Antecedentes preocupantes: Nostián, Ribesalbes, Ecoparc 2…Sobre Nostián, dí a prensa: “expuesta como pionera de reciclaje […] ha acumulado desde su inauguración tantas toneladas de desperdicios que ha acabado convirtiéndose en un gigantesco basurero y un grave problema para el medio ambiente”.

    Averías, accidentes e descontrol: Nostián […] reventón de uno de los biodigestores que derramó más de 300 toneladas de basuras”. A pestilencia foi insoportable varios kilómetros arredor.

    Pese á ocultación, saiu a luz que a empresa “DANIGAL” virá para Carballeda. E de momento xa sabemos que está implicada en verquidos contaminantes.

    O PARQUE DAS MENTIRAS:

    Mentiu a Conselleira de Vivenda e Solo do BNG, cando prometeu que se oporía ao proyecto se había rexeitamento social. Desoís dos 2.000 manifestantes e das miles de sinaturas en contra, segue impulsando o Plan para acoller a pranta.

    Contradinse os conselleiros, o Director Xeral de Augas, o Alcalde de Carballeda….Uns manteñen que se tratarán 300.000 toneladas de pestilentes LODOS de depuradoras ó ano, outros aseguran que non.

    Mentiu a dita Consellería sobre a extensión da instalación: prometeu que non se superarían os 800.000 metros cadrados. Hoxe xa son 1.200.000 metros cadrados.

    Mentiu o Alcalde de Carballeda de Avia cando divulgou que “foron superados todos os estudos de viabilidade e impacto”. Non existía ningún.

    Mentiu o Conselleiro Pachi Vázquez ao asegurar que os residuos que traerán non serán “nin sólidos nin tóxicos, nin perigosos”. Moitos están legalmente clasificados como PERIGOSOS pola propia Xunta (tóner, disolventes, ácidos e bases, plásticos…).

    Mentiron ao decir que non virán RESÍDUOS SÓLIDOS URBÁNOS. Negárono repetidamente, pero o Borrador do Plan de Residuos desvela que traerán residuos orgánicos, envases, “fracción resto”… en suma: lixo das cidades.

    Mentiron cando prometeron un desvío na autovía. No Congreso o PSOE contestou unha pregunta forma da oposición asegurnado que NON HABERÁ saída directa dende a A-52.

    Minten ao manifestar que é legal. A instalación sitúana lonxe de onde se xeneran os residuos, concentra demasiada cantidade e variedade de restos e, sobre todo, está a só 500 metros das vivendas. Xusto o contrario que establece a Lei.

    FUMES INVISIBLES, LIXO SOTERRADO

    Haberá incineración. As tecnoloxias que prometen tamén supoñen incineración (FONTE GREENPEACE) “Son las llamadas plantas de gasificación, pirólisis, termólisis y plasma. Estas tecnologías calientan los materiales residuales a altas temperaturas […] un proceso que emite también contaminantes peligrosos. La Unión Europea considera a estas tecnologías como incineración”.

    Haberá vertedeiros. Prometeron: “nin un gramo de lixo enterrado”. Pero hoxe no Borrador do Plan de Residuos recoñécese expresamente a instalación de VERTEDEIROS controlados.

    Deteriorará o entorno. Consta por escrito que descarán rios como o Maquiáns, que deixará de ser de uso público. Tamén afectarán zonas protexidas e contaminará gravemente o aire e as augas dos pobos dos arredores.

    UN SERIO PERIGO PARA A SAÚDE

    A pranta emitirá sustancias dañinas como metais pesados, partículas, furanos e sobre todo, dioxinas altamente tóxicas para as persoas: NUNGÚN FILTRO OU TECNICA PODE EVITALO.

    Os vertedeiros sempre desprenden contaminantes ao aire e ás augas subterráneas: “Con casi seguridad emigrarán de estos depósitos al medio ambiente.” Esto é o que di Greenpeace sobre os vertedeiros “controlados”…

    Traballar con grandes cantidades de residuos tóxicos supón un risco enorme de padecer enfemidades e accidentes laborais (explosión, abrasivos, inhalacións, ácidos…) riscos que recoñece a propia administración.

    Os mais de 500 camións diarios portadores do lixo e a propia maquinaria da Pranta xenerarán importantes cantidades de gases moi perxudiciais para a saúde.

    NON NECESITAMOS O LIXO.

    O viño xenera 7.000 empregos pero o prestixio do Ribeiro quedaría destruido co vertedeiro, tal como ocorreu en Ascó (Tarragona) e Alcantarilla (Murcia) denominacións de orixe que perderon a categoría por culpa deste tipo de instalacións.

    Os expertos en turismo termal consideran ao Ribeiro como o lugar de mayor proxección da provincia: Laias, A Arnoia, Berán e Prexigueiro supoñen inversións sostibles e empregos de gran calidade.

    A nosa privilexiada proximidade as grandes cidades xa está atraendo industrias sanas. Ademais, favorece a hostelería, o comercio e o turismo enolóxio e cultural de moita importancia na Comarca.

    Dispomos do solo industrial mais cobizado de Galiza. A gras escaseza de chan industrial permitirá que sigan chegando ao Ribeiro empresas limpas e prósperas. É absurdo regalar o noso espazo para que as cidades solten o seu lixo.

    A QUÉN CRER?

    Aos políticos? “Quedarían moi ben situados” tras a fabulosa inversión do Vertedeiro, que pode converter uns humildes concellos en localidades con grandes movementos de capital e importantes ingresos nas arcas municipais…

    Aos que se opoñen? Que poden gañar oponiéndose? En principio só poden perder. Perden contratos, axudas administrativas e postos de traballo que ofrecen os concellos. E ademais, padecen fortes críticas dos veciños mais dóciles..

    Os ecoloxistas, os datos científicos e os antecedentes non enganan: o Vertedeiro contaminará gravemente a nosa Comarca.

    Querennos converter en “mártires medioambientais”. Pretenden que as cidades do sur galego prosperen cómodamente a costa da nosa saúde.

    Esta inxustiza non vai desaparecer sin mais, e só nos queda unha saída: FACER PÚBLICA A PROTESTA.

    NON PODES MIRAR PARA OUTRO LADO E PERMITIR QUE DESTRÚAN O TEU FUTURO E A TÚA SAÚDE.

    AINDA ESTAMOS A TEMPO DE DETER ESTE ABUSO. NON CAIAS NA TRAMPA E DÍ:

    ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡NON AO VERTEDEIRO DE CARBALLEDA DE AVIA!!!!!!!!!

    (Rederibeiro carece de filiación politica.
    Os datos contidos neste folleto baséanse en publicacións solventes e fontes oficiais
    Opoñémonos ao proyecto ilegal promovido por PSOE e BNG e consideramos insuficiente o rexeitamento do Partido popular).

    E avisade cando veñades por Ourense ou polo Ribeiro con ese peassssssso de concerto.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Ultimos artigos na web “Galiza non se vende” « Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol - [...] Primeiro Concerto da Caravana Galiza non se Vende [...]

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.