Pages Navigation Menu

Promotores inmobiliarios e alcaldes desafían á lei.

Cada vez son máis numerosos os casos de concellos que conculcan a disciplina urbanística coa que instituicións soberanas, sexa a Xunta de Galiza ou sexa o goberno central, tentan poñer un mínimo de orde no crecemento das vilas e cidades.

Un tema este que pode hipotecar o futuro deste país dende o punto de vista medioambiental, económico e patrimonial. Son moitas as razóns para tomarse en serio os derroteiros que toma unha política urbanística que esquilma non só a nosa riqueza senón tamén a nosa identidade como comunidade. Pero quizais o problema máis grave sexa a imposibilidade de frear o proceso que promotores, en connivencia cos políticos, tentan desenvolver no noso territorio.Hai que lembrar que, segundo os planeamentos urbanísticos aprobados ou en trámite de aprobación, os concellos galegos pretenden construír en 10 anos máis vivendas que en toda a súa historia. Porén a poboación galega diminuíu en 40.000 habitantes dende 1981. E as previsións non son esperanzadoras pois nos últimos cinco anos o crecemento da poboación limitouse a un raquítico 0,58 %. Cifras que non concordan co crecemento urbanístico actual nin moito menos co esperado polos promotores.

Mais o chamativo é esa actitude ilegal de certos alcaldes que desoen os requerimentos ditados dende a CPTOPT para paralizar obras ou urbanizacións en curso. Un comportamento amparado en dubidosos informes técnicos de sospeitosos arquitectos que miran máis polos beneficios das empresas que polo ben da comunidade á que din servir. Dende o Norte ao Sur os exemplos multiplícanse: San Xenxo, Barreiros, Pontedeume, Ares, Sada e un longo etcétera.
Só en determinados e contados casos a Xunta tomou medidas radicais contra os concellos díscolos, suspendendo os seus planeamentos – caso de Sada, Tui ou Barreiros – ou interpoñendo recursos contenciosos administrativos . Unha medida insuficiente pois no suposto de sentenzas xudiciais desfavorabeis aos promotores, a experiencia demostra que os vereditos non se cumpren. Poucas son as ordes de demolición que foron executadas. Os alcaldes optan por aprazalas e procuran a forma de legalizar as infraccións.

Un paradoxo único na nosa sociedade que consinte modificar a posteriori a lexislación para amparar delitos . Todo cidadán está exposto a sanción se non acata as setenzas xudiciais, non así os rexedores dos nosos concellos. Uns administradores públicos que gozan de total inmunidade ante unha xustiza que debería amosarse máis intransixente cos que optan por burlarse alevosamente da lei que nos obriga a todos por igual. Exemplos estes que denotan unha carencia do poder xudicial e acarrean un serio deterioramento do sistema democrático. Defectos por outra banda moi de estimar polos que obteñen os máis altos beneficios empresariais a base de expropiar terreos aos cidadáns que logo son revendidos por un prezo 50 veces superior. En Miño, a primeira localidade na que se implantou a figura do axente urbanizador, o sistema de expropiación efectuado polo Concello en favor de Fadesa, foi custionado pola administración de xustiza sen que isto fose óbice para continuar coa construción dunha das máis salvaxes urbanizacións que se acometen en Galiza: 1300 vivendas cun campo de golf e sen servizo de saneamento.

4 Comments

  1. Cantas verdades e qué poucas veces chegan a oidos da xente!

  2. Unha nova aparecida hoxe no s xornais dá conta do interese da Fiscalía en derrubar as obras ilegais para “evitar sensacións de impunidade”. Transcribo literalmente:
    Antonio Vercher, fiscal especial de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo, trasladou onte aos fiscais delegados desa materia as conclusións alcanzadas nunhas xornadas celebradas en decembro en Fuerteventura para que se apliquen. Entre elas, figura que os fiscais das seccións de Medio Ambiente e Urbanismo pidan a ejecución das sentenzas firmes que declaren unha obra ilegal. En concreto, no apartado dedicado a cuestións relativas aos delitos sobre a ordenación do territorio e contra o patrimonio histórico consta: “Insístese na importancia de que se acorde a demolición da obra ilegal no proceso penal para evitar sensacións de impunidade e na necesidade dunha especial vixilancia por parte dos fiscais de Medio Ambiente e Urbanismo das ejecutorias para a efectiva aplicación de dita medida cando así se estableceu por sentenza”. Recoméndanse medidas preventivas ante un posible dano irreparable Esas conclusións inclúen “a conveniencia da adopción de medidas cautelares nos casos de obras ilegais” e tamén de accións preventivas ante unha actuación que poida significar un dano irreparable. “Como medida preventiva no caso de accións anunciadas que poidan supoñer un dano irreparable á ordenación do territorio ou ao patrimonio histórico, o fiscal considerará a posibilidade de intervir no proceso administrativo, de Responsabilidade Medioambiental ou ben comunicar a quen poida autorizar a acción que ocasionaría un dano, que se iniciarán accións penais”, detállase no documento. O texto, que fixa entre outras cousas un protocolo para que trimestralmente sexan remitidas a Vercher as sentenzas das distintas Audiencias e cualificacións de cada fiscalía nestas materias, tamén se refire á relación coas Administracións en materia de urbanismo e de medioambiente. Para evitar confusións e aclarar posicións, detállase: “Ponse de manifesto os conflitos existentes entre as Administracións de diversas comunidades autónomas cos correspondentes corpos de Axentes Forestales, acordándose que ditas circunstancias non deben supoñer obstáculo algún para que por parte da sección de Medio Ambiente sígase contando cos mesmos no desempeño da súa función como policía xudicial genérica”. E, noutro punto, precísase: “Non se estima procedente a suscripción de protocolos de colaboración ou convenios en materias que son propias de devanditas Administracións e relativas ao exercicio das súas funcións, dado que o incumplimiento da obrigación de colaborar coa Administración de xustiza en xeral e co ministerio fiscal en particular leva aparejada a responsabilidade legal oportuna”.

  3. No queda en Europa desgraciadamente una costa virgen como la costa da morte,es admirable que se haya conservado,es como si Galicia tuviera algo que ya,NO EXISTE EN EUROPA,destruirla es como un suicidio,es destruir la vida, la belleza, el futuro, la herencia que se recibe y que se debe de entregar a los hijos intacta, es destruir la identidad de un puebo que ha sabido conservar y respetar su medio, AUN ESTAMOS A TIEMPO;

  4. En Nigrán, o goberno “de progreso” quere a aprobar unha modificación das normas subsidiarias de planeamento que afectan as rasantes e os baixo cubertas, permitindo o incremento da edificabilidade e a legalización de obras paradas.

    http://sau4nigran.blogspot.com/

    Neste país fáltanos ata o decoro.

Deixa una resposta a Tomas Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.