Pages Navigation Menu

Propostas dignas

MADRID, 20 de maio de 2011
Como resultado do consenso alcanzado durante a Asemblea celebrada o día 20 de maio de 2011 en ACAMPADA SOL, e como resultado da recompilación e síntese das miles de propostas recibidas ao longo destes días, elaborouse unha primeira relación de propostas.
Recordamos que a Asemblea é un proceso aberto e colaborativo. Esta lista non debe entenderse como pechada.
Propostas aprobadas na Asemblea de hoxe día 20 de maio de 2011 en ACAMPADA SOL.
1. Cambio da Lei Electoral para que as listas sexan abertas e con circunscrición única. A obtención de escanos debe ser proporcional ao número de votos.
2. Atención aos dereitos básicos e fundamentais recollidos na Constitución como son:
– Dereito a unha vivenda digna, articulando unha reforma da Lei Hipotecaria para que a entrega da vivenda en caso de falta de pagamento cancele a débeda.
– Sanidade pública, gratuíta e universal.
– Libre circulación de persoas e reforzo dunha educación pública e laica.
3. Abolición das leis e medidas discriminatorias e inxustas como son a Lei do Plan Bolonia e o Espazo Europeo de Educación Superior, a Lei de Estranxeiría e a coñecida como Lei Sinde.
4. Reforma fiscal favorable para as rendas máis baixas, unha reforma dos impostos de patrimonio e sucesións. Implantación da Taxa Tobin, a cal grava as transferencias financeiras internacionais e supresión dos paraísos fiscais.
5. Reforma das condicións laborais da clase política para que se abolan os seus soldos vitalicios. Que os programas e as propostas políticas teñan carácter vinculante.
6. Rexeitamento e condena da corrupción. Que sexa obrigatorio pola Lei Electoral presentar unhas listas limpas e libres de imputados ou condenados por corrupción.
7. Medidas plurais con respecto á banca e os mercados financeiros en cumprimento do artigo 128 da Constitución, que determina que toda a riqueza do país nas súas diferentes formas e sexa cal for a súa titularidade está subordinada ao interese xeral. Redución do poder do FMI e do BCE. Nacionalización inmediata de todas aquelas entidades bancarias que teñan que ser rescatadas polo Estado. Endurecemento dos controis sobre entidades e operacións financeiras para evitar posibles abusos en calquera das súas formas.
8. Desvinculación verdadeira entre a Igrexa e o Estado, como establece o artigo 16 da Constitución.
9. Democracia participativa e directa na que a cidadanía tome parte activa. Acceso popular aos medios de comunicación, que deberán ser éticos e veraces.
10. Verdadeira regularización das condicións laborais e que se vixíe o seu cumprimento por parte dos poderes do Estado.
11. Peche de todas as centrais nucleares e a promoción de enerxías renovables e gratuítas.
12. Recuperación das empresas públicas privatizadas.
13. Efectiva separación de poderes executivo, lexislativo e xudicial.
14. Redución do gasto militar, peche inmediato das fábricas de armas e un maior control das forzas e corpos de seguridade do Estado. Como movemento pacifista cremos no “Non á guerra”.
15. Recuperación da Memoria Histórica e dos principios fundadores da loita pola Democracia no noso Estado.
16. Total transparencia das contas e do financiamento dos partidos políticos como medida de contención da corrupción política.

One Comment

  1. Coido que o que está a pasar nas rúas do Estado é algo moi importante e que Galiza non se vende non debera ficar á marxe

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.