Pages Navigation Menu

Protesta e despliegue policial desproporcionado en Ribadavia.

O día 26 de febreiro na entrada dun mitin electoral do PSOE , un grupo de xente do foro do Ribeiro manifestouse con pancartas de forma tranquila e pacífica . Non damos crédito que este grupo de 80 veciños sexa o desencadenante dun despliegue policial desproporcionado .
Cordon da garda civil e patrulla antidisturbios , casco , porra , escudo e chaleco . Case tocabamos a policia por veciño . A nosa liña de protesta sempre foi a mesma que na entrada dos mitins anteriores e actos que acuden os políticos . Nunca houbo ningun problema .E ata agora nunca se impediu o desenrolo dos mesmos .
Fumos e iremos a todolos actos donde asistan políticos e autoridades sexan do partido que sexan PSOE , BNG ou PP.
¿ Tanto medo lles damos os políticos?Goberne quen goberne , Galiza non se vende .

NON A MACROPLANTA DE TRATAMENTO DE RESIDUOS DE TODO O SUR GALEGO NO CORAZON DO RIBEIRO.

Foro O Ribeiro

8 Comments

  1. A nós pasounós ao reves, veu a Conselleira de Pesca a Carnota dar un mitin (20 persoas)e soamente habia 2 da local e 2 Guarda Civiles. Xuntamonós sobre 100 persoas e por berrarlle e azanicarlle o coche de ser do PP pasamos a ser “independentistas radicais”,vamos progresando xa logo chegaremos a ser como eles.
    Invitovós a ver a noticia no noso blog:
    http://www.seirugalimpa.blogspot.com

    Saudos e forza a todos os da rede.

  2. Estamos con vos. A nos pasounos unha cousa parecida cando veu touriño dar o mítin a camariñas. Había alí cuarenta guardias civiles, a policía local, protección civil e seguridade privada. Nos chegamos alí tranquilos pero cando nos negaron a entrada por ser de camelle, a quen se lle conte non cho cre, empezamos a facer barullo xunto cos de Seiruga, merexo, o burgo e Quilmas. Mira que non permitirnos entrar por ser de Camelle, claro como en camelle non se paga impostos. Chámanos fascistas e terroristas, eu prefiro ser isto e non ladrón coma eles. ANIMO AMIGOS

  3. Nos queixamos de falta de seguridade en moitas cidades e parece que non hai policidas dabondo, pero resulta que cando as conciencias se disparan, aparecen os mata-conciencias, siempre haberá policias para matar conciencias, pero perden o tempo.

  4. Fumos o Carballiño a manifestarnos diante do conselleiro: non houbo incidentes; fixémos a manifestación mais numerosa que se recorda no Ribeiro o 15 de septembro: non houbo incidentes; manifestámonos en Santa Cruz de Arrabaldo ante Mariano Raxoi: non houbo incidentes; manifestámonos en Castrelo de Miño ante Anxo Quintana: non houbo incidentes; manifestámonos en Ourense ante José Luis Rodríguez Zapatero: non houbo incidentes; manifestámonos con Galiza non se Vende en Santiago: non houbo incidentes, manifestámonos en Ribadavia ante Suárez Canal: non houbo incidentes. E con estes antecedentes ¿era necesario montar o número que montou o Sr. Touriño en Ribadavia? Debíalle de dar vergonza, utilizar ós corpos de seguridade do estado para facerlle frente a unha xente que, coma nos, o único que fai e pedir a gritos que no nos convirtan a comarca, a miña terra, ó Ribeiro no basureiro de toda Galiza.
    Os antidisturbios non estiveron nin un minuto ante nos. O xefe deles preguntounos si somentes nos íamos a manifestar sin mais, e fóronse. Foi unha vergonza. Con este fascista gobernando, vamos de puta madre.
    Decir que nin con Zapatero, nin con Raxoi, nin con Quintana, nin con Suarez Canal, fixeron esa paiasada…E ven o “simpático” este a decirnos quen é o que manda. Pois majiño: os que mandamos en Galiza sómosche os galegos, e que che quere clariño que: GOBERNE QUEN GOBERNE: GALIZA NON SE VENDE, nin se acojona. Porque si o que pretendías o outro día era acojonar os do NON O PARQUE DA MERDA, vai ser que non o conseguiche, porque as persoas de ben non temos nada que temer as forzas de seguridade do estado, que sempre se teñen portado con nos de puta madre (salvo cando me poñen multas, pero bueno, que se lle vai facer: nadie é perfecto). Eres un fascista Touriño. Un fascista de merda.

  5. Hoxe,fun o Bar de Eugenio tomar un viño, cando volvin pra casa vi votando fume e sin fumar. Explicovós:
    O Bar de Eugenio fica en Barizo, Municipio de Malpica. En Barizo temos dous homes do mais relevante da actualidade politica de Galicia, Modesto Pose Mesura e J. Manuel Pose Mesura. Como podedes imaxinar son irmans. Bueno, pois un dos meus veciños, percebeiro, contabame isto:

    “Estiven falando no bar con Jose Manuel e pregunteille que opinaba da piscifactoria de Seiruga, él contestoume que eso era bó, moitos postos de traballo etc… Eu dixenlle que de bó nada, e que eu a quen ma quixera poñer non lle iba a dar o meu voto. ¿Sabes que me contestou?, !QUE METERA O MEU VOTO NO CU!”.

    Para quen non o sepa, J.Manuel Pose Mesura e o subdelegado do Goberno en Coruña.
    Para quen non o sepa, Modesto Pose Mesura era o portavoz de Sanidade do PSdG no parlamento e sigue sendo o Presidente da Comisión de Pesca da Xunta de Galicia.
    Este último ainda non se puxo en contacto con os seus veciños que andan a protestar, para nada.

    MORALEJA:
    !No hay peor amo que el criado con el látigo en la mano!.

  6. O Modesto Pose tamén é o Secretario Provincial do PSOE. Tamén é parvo. Eu coñecino o día que veu a Redondela a falar polo PSOE nunha charla-debate sobre a Guerra. Calquera militante do PSOE houbera defendido mellor o posicionamento do PSOE. Deume a impresión que sabe moito de arranxar entramados internos dentro do PSOE, sabe chegar os postiños, e sabe cales son as labouras dun bo criado, pero non sabe falar e ten pouca cultura xeral.

  7. O Modesto Pose tamén é o Secretario Provincial do PSOE. Tamén é parvo. Eu coñecino o día que veu a Redondela a falar polo PSOE nunha charla-debate sobre a Guerra. Calquera militante do PSOE houbera defendido mellor o posicionamento do PSOE. Deume a impresión que sabe moito de arranxar entramados internos dentro do PSOE, sabe chegar os postiños, e sabe cales son as labouras dun bo criado, pero non sabe falar e ten pouca cultura xeral. Sempre será de segunda B

  8. amigos eiqui o que nos queda e non darlle o noso voto a ningun mentiran polo menos desta penso que seria fantastico que todos os que fumos a Santiago a mani non tiveran o noxo voto ….pensadeo ven…..como o iban notalo os lampeiros.saudos e…. a pensar

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.