CANGAS: PRETENDEN INICIAR AS OBRAS DO PORTO DEPORTIVO DO SALGUEIRÓN POLA FORZA!!
PRETENDEN INICIAR AS OBRAS POLA FORZA
Non lles vale agardar ao Plan Xeral que comeza, a súa prepotencia non ten límites, non lles asustan os xuices, as leis son para os demáis, comen cos políticos, os políticos comen deles, os xornalistas están as súas ordes. Uns cantos veciños defendendo a lei son “algo marxinal”, o único que importa son case 200.000 m2 comprados a prezo de ganga que se poden convertir en case 300 millóns de euros de beneficio neto. 50.000 millóns das antigas pesetas!!
Tiñan como data o 7 de abril, ameazan con un auto xudicial que require á Garda Civil a que adopte as medidas dentro das súas competencias para que “os traballadores afectados poidan acceder ao recinto das obras do denominado Porto deportivo de Massó”. Qué traballadores? Qué recinto?. O auto ten data de xaneiro de 2007, cando a empresa constructora era Construcciones Dios, agora…quén é agora? Puentes y Calzadas?. E seguen sen ter licenza municipal de valado de obras, nin de suministro eléctrico, nin de auga nin de saneamento..
Ese auto fora contestado por parte do Foro esixindo o cumprimento do artigo 3 da LECr, que obriga, aos efectos da represión, a resolver primeiro as cuestións civis e administrativas intimamente ligadas, como é o caso de si estas obras son realmente legais ou non. Esta interpelación non foi aínda respostada, outra razón que o invalida.
Non hai un Plan de Usos Portuario aprobado, dous contenciosos da confraría de Cangas cuestionan a concesión dun porto deportivo que lles usurpa seus dereitos, hai terreos de dominio público inscritos no Rexistro de Propiedade coma se fosen unha propiedade particular, esta denunciado por prevaricación o secretario xeral que formulou unha declaración de impacto ambiental de imposible tramitación…E evidente que non poden agardar máis, se lles veñen enriba as resolucións xudiciais e o que saben que funciona é a política de feitos consumados, un recheo non o retira ninguén.
BASTA XA DE PREPOTENCIA!!
A ver que nos ten preparado Consultora Galega no Plan Xeral que agora mesmo están a redactar.
Para O Salgueirón temos clarísimo que o actual Concelleiro de Urbanismo Don Mariano Abalo non vai permitir que se especule en terra nin que se constrúa o porto deportivo xa que sería totalmente ilegal e contrario o seu propio programa.
O que suceda en Cangas co porto de portivo e plan xeral nos terrenos do Salgueirón (massó) i en todo o municipio será fundamental cara ese proxecto político de esquerdas no país. Cangas é un pequeño escaparate.
Tamén quero decir que o Concello de Cangas non debería permitir que arranquen unhas obras que son ilegais tal como se ten demostrado con toda a documentación do caso. A alcaldesa é do BNG e no seu programa tamén deixou claro a postura do partido ante a especulación e marbellización de Cangas, eu tamén confío na inteligencia da Señora Alcaldesa Dona Clara Millán.
Estimados amigos,
Ante el mensaje que hemos recibido hoy, queríamos reiterar nuestro
apoyo a la lucha que seguís manteniendo en defensa del litoral de Cangas.
No podemos estar allí con vosotros, pero seguimos pendientes de
vuestra situación.
Confiamos en que finalmente se imponga el sentido común y la
voluntad de quienes lucháis por vuestro presente y por vuestro futuro.
Un abrazo
——————————
Juan López de Uralde
Director Ejecutivo
Greenpeace España
nova relacionada
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=7793