Represión contra a “Ria Non se Vende”. Quen discrepa: paga
O Sr. Delfin Fernandez Alvarez, Subdelegado do Goberno en Pontevedra, esta a intentar criminalizar perseguir e reprimir qualquer tipo de discrepancia coa política do goberno galego, asi persoas pertencentes a colectivos ambientalistas e sociais integrados na rede “A Ria Non Se Vende” vense na obriga de facer frente a cuantiosas multas polo feito de defender o medio natural, e face-lo dun xeito completamente pacífico.
Primeiro chegaron dez multas, de entre 350 e 650 euros cada unha, pola toma simbólica da Ilha de Toralla, unha acción pacifica e festiva onde se criticaba a especulación urbanistica, as agresións á Ría e a privatización ilegal do paso de servidume na illa; despois chegou outra por facer unha pequena acción na entrega de trofeos da Power Boat, onde se protestaba polo ruído insoportabel que producen estas embarcacións e que perxudican gravemente a todas as formas de vida que moran na Ría e na contorna, especialmente ás familias de arroaces e as aves do Parque Natural das Illas Atlánticas; e por último chegaron 7 multas de 650 euros cada unha por desplegar unha faixa nas dependencias da Xunta o 13 de Novembro, dia do aniversario do afundimento do Prestige, acto simbólico no que se criticaban as políticas ambientais e sociais do actual goberno da Xunta e que se levou a cabo en todas as cidades da Galiza sen ningún problema, mais facelo en Vigo é considerado como unha infracción administrativa grave.
En total temos que pagar uns 8.000 euros polo noso compromiso coa Ría. Mentras que os politiqueiros de turno se empeñan en degradar o noso medio natural, defendelo é un delito.
Parece ser que o subdelegado do goberno en Pontevedra o Sr. Delfin Fernandez Alvarez, quen asina as multas, quere implantar o pensamento único e non vai permitir ningunha discrepancia coa nefasta política ambiental deste goberno.
2 Comments
Trackbacks/Pingbacks
- intranquilidade.net - Galiza Non Se Vende » Blog Archive » Represión contra a “Ria Non … - [...] Blog Archive » Galiza Non Se Vende » Blog Archive » A sensibilidade … Veja o post completo clicando…
alguén ten que facer algo contra Ameixeiras e Delfín!!!
máis en: http://augasceives.nireblog.com/post/2008/12/15/socialistas-de-camisa-azul
POR QUE NON SE INVESTIGA A FONDO AO SR. DELFÍN FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, SUBDELEGADO DO GOBERNO EN PONTEVEDRA QUE TAN BEN DEFENDE OS INTERESES DO QUE DESTRÚEN O NOSO LITORAL E DOS GRANDES ESPECULADORES NAS RÍAS BAIXAS TOMADAS POLO NARCOTRÁFICO DENDE HAI TEMPO E AO SR. AMEIXEIRAS, DELEGADO DO GOBERNO QUE CONSINTE TODO ISTO E DEFENDE CON AHÍNCO OS INTERESES DAS PODEROSAS EMPRESAS DA REGASIFICADORA DE MUGARDOS, DOS INTERESES NON XERAIS DA XUNTA ANTERIOR E DA ACTUAL CHEGANDO A ORDENAR CARGAS INDISCRIMINADAS E SALVAXES CONTRA OS MANIFESTANTES PACÍFICOS E PEATÓNS QUE NON TIÑA NADA QUE VER CO TEMA EN FERROL NUN DÍA QUE PARECÍA QUE ESTABA ÉSTE EN ESTADO DE SITIO, NOUTRO MOVILIZA UN BARCO DE GUERRA E CHEGOU A DECLARAR NUNHA ENTREVISTA QUE “SE ABURRÍA” NA ÉPOCA DE FRAGA PORQUE NON DABA CHICOTAZO MOITAS VECES NIN PREVISIBLEMENTE SE FACÍA ALOMENOS NESTES TEMAS “ESTAS MONTAXES” MAIS PROPIAS DUNHA DITADURA E, POR ISO, NUMEROSAS ENTIDADES SOCIAS, ECOLOXISTAS, CULTURAIS ETC. ESIXIRON A SÚA DEMISIÓN?
¿OU SERÁ QUE AMBOS RECIBEN ORDES DE MÁIS ENRIBA QUE QUERE APLASTAR AOS QUE DEFENDEN O QUE ELERS TIÑAN QUE DEFENDER EN PRIMEIRO LUGAR E NON O FAN, A TODOS AQUELES QUE SE MANIFESTAN PACÍFICAMENTE E DESCUBREN Á CIDADANÍA O QUE NON LLES GUSTA, INTENTANDO A TRAVÉS DA REPRESIÓN IMPOR O PENSAMENTO ÚNICO?
Que todos estuden o que está a suceder en Grecia,ONDE A XUVENTUDE TAN DESENCANTADA CON TODO E A POBOACIÓN EN XERAL estase levantando contra un desgoberno de corte fascista onde un policía, segundo testigos, chegou a asasinar un neno de só 15 anos nunha manifestación pacífica. Que iso non se vai permitir a ningún goberno EUROPEO OU DE AMÉRICA LATINA no século XXI, que hai que respetar ao pobo e os seus dereitos e aqueles que añoran os vellos tempos e odien aos ecoloxistas que se xunten con AZNAR e vaian polo mundo con él FACENDO O PAIASO, DEFENDENDO COMO UN talibán OS INTERESES DO GRAN CAPITAL E DOS GRANDES ESPECULADORES QUE NOS ESTÁN LEVANDO A UNHA RECESIÓN MUNDIAL ADEMAIS DA DESTRUCIÓN DOS PAÍSES E DOS SEUS ESPAZOS NATURAIS porque éste é o primeiro paso mais mañán pode haber máis e hai que estar moi alertas con estes 2 partidos, entre outros, que demostraron ser as 2 caras dunha mesma moedae fillos do franquismo.