Pages Navigation Menu

Retómase o proxecto da mina de andalucita en Pico Vello

O delegado territorial de medio Ambiente anunciou que o proxecto da mina de andalucita foi retomado pola empresa Picobello Andalucita de capital sudafricano.

O Pico Vello, é un lugar da parroquia de Goente, no concello das Pontes, colindante coas Fragas do Eume, onde unha empresa mineira de capital anglo-sudafricano co nome Picobello Andalucita SL, pretende a explotación, durante 54 anos, dun xacemento de andalucita que está no subsolo da zona. Lugar de grande biodiversidade e un incalculábel valor natural e ecolóxico, onde nace, entre outras, unha das fontes do Río Belelle, hai un bosque de especies autóctonas e outras riquezas naturais dun valor que non ten prezo.

 

Segundo publica hoxe o xornal La Opinión, os propietarios de Picobello Andalucita, con capital británico e surafricano, modificaron o proxecto e xa non afectará ao parque natural das Fragas do Eume. O pasado mércores, a televisión das Pontes preguntou ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, en que fase atópase o proxecto e sobre as novas conversacións, pero o responsable autonómico asegurou descoñecer o tema. Foi o delegado territorial Diego Calvo o que confirmou que as negociacións están en marcha e que van por bo camiño.

 

Co anterior  goberno da Xunta os propietarios non foron capaces de obter os permisos necesarios para a  explotación do mineral. O impacto que causaría nas inmediacións das fragas do Eume e no mesmo parque natural eran motivo máis que suficiente para desbotar a idea. hai que lembrar que de materializarse a explotación o río Belelle estaría condenado á súa desaparición.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.