Rexeitamento ao macroporto de Cabo da Cruz

Sabías que…

  • …o novo peirao vai ter unha lonxitude de máis de un quilómetro entre dique e contradique?
  • …a superficie abarcada polo novo peirao é duns 270.000 m2, equivalente a 27 campos de fútbol?
  • …a cantidade de pedra e escollera botada ao mar vai ascender a 536.188 metros cúbicos?
  • …o novo peirao vai afectar gravemente e de modo irreversible ao Banco marisqueiro de Curvera, un dos máis importantes do noso pobo, do que desaparecerán, baixo a escollera, 60.000m2, case a terceira parte dese banco?
  • …unha vez rematado de construír, o novo peirao vai quedar a escasa distancia de onde están agora as nosas bateas (menos de 200 m), coas conseguintes consecuencias para estas, tal e como se recoñece no Informe de Sustentabilidade Ambiental do Plan Director de Instalacións Náutico Deportivas?
  • …o número de amarres contemplados no Plan de Portos de Galicia para Cabo da Cruz é de 500 para embarcacións da sétima lista (deportivas)?
  • …durante o periodo de construción do peirao, toda a flora e fauna mariña da zona -incluíndo o marisco, do que vive tanta xente do noso pobo- se vai ver afectada polo verquido ao mar de grandes cantidades de partículas de pó en suspensión, que alteirarán gravemente a calidade da auga?
  • …a obra vai producir, de maneira case constante, un nivel de ruído no noso pobo que sobrepasa ao máximo permitido legalmente, tal e como se recoñece no Estudo de Impacto Ambiental?
  • …para trasnportar o material que se precisa para levar a cabo esta obra sería necesario un tráfico aproximado de 100 camións diarios durante un ano pola pista a tal efecto acondicionada nunha franxa do litoral?
  • …a pesar de que no proxecto inicial falábase de devolver a zona ao seu estado inicial unha vez rematada a obra, a pista xa se asfaltou, e hai rumores de que se vai converter nunha estrada máis, sobre cuxos efectos sobre o litoral non hai ningún estudo feito, e que para nada estaba contemplada no proxecto?
  • …o feito de que o peirao sexa un bloque compacto, en vez de deixar ocos no medio polos que poida circular a auga, vai facer que as correntes marinas queden severamente afectadas, con consecuencias imprevisibles para as nosas praias (Barraña), así como para as e as bateas da zona -especialmente as da dársena da Mercé-?

A DESTRUCIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS NON É PROGRESO

O NOSO FUTURO ESTÁ NO MARISCO, E NON NOS AMARRES PARA OS RICOS!!!!

PAREMOS ESTA SINRAZÓN ANTES DE QUE SEXA TARDE DE MÁIS!!!

SOS!!! O NOVO PEIRAO VAI ESTRAGAR O BANCO DE CURVERA!!!



12 Comments

  1. Aquí podedes ver fotos do peirao da Cruz e o novo proxecto.

    http://picasaweb.google.com/cabocruz/PORTODEPORTIVO#slideshow/

  2. canario, creo q sacaches esas fotos da páxina do club náutico de boiro, non? (http://www.cabodecruz.org/cnboiro.htm)

    eu acabo de subir algunhas imaxes ao meu álbum de picasa, vanvos planos e fotos recentes do inicio da obra

  3. bueno, como sempre, esquecín poñer a ligazón…
    skiusmi
    http://picasaweb.google.es/nelaldan/CaboDaCruz#slideshow/5337923826299810210

  4. Eu son mariscador, o que decidín inicialmente moverme para poñer esta desfeita en coñecemento da xente. Vivo a un km. escaso deste recheo mortífero e dóeme na ánima o que van facer coa miña riíña; moito. Son uns fdp, só pensan neles, os ricos. Os directivos do Porto Náutico (aínda me cae algo na familia un deles e outro casado cunha veciña) son xente toda adiñeirada, ligada ao P.P. na maior parte dos casos, incluso un deles é fillo do ex-alcalde do P.P. de Boiro e xefe de Jealsa (o de conservas Rianxeira). O director ten unha tenda efectos navais, e o irmán deste unha empresa enorme de cordelaría (J.J. Chicolino). En fin, que o pastel está xa repartido, e levarano os máis adiñeirados e acomodados da sociedade, por non variar. Loitaaa!

  5. sintome por desgracia traicionado por unha persoa que creia cabal.Eu son un dos fachendosos millonarios nombrados por Xose
    Marcelino,donde despois dunha lucha de quince anos contra o PP pra que o noso pobo non fora menos que outros e que nos puxeran pantalan pra os mariñeiros e para os que non son,nos encontramos conque un gran alcalde como o noso DEIRA (BNG),luchuo por esa realidade e consigueuno coma un campeon.Pero non mintas,porque o que se esta a fecer e un dique de abrigo pra as embarcacions profesionales,as cales estan afetadas por os ventos do NORDES.De esa forma ti e os teus compañeiros teredes donde ter unha embarcacion
    a resguardo e en pantalans.E POR SI NO SABIAS,ILUMINATA,a dia de hoxe non existe partida presupuestaria para nada deportivo
    e as novas que existen e que o porto de recreo non se fara.Coma sempre mexando fora do testo,a pena e que teu pai non tera donde atracar o seu novo barco deportivo de ricos.
    Que pena que a lucha de tanta xente durante tantos anos se vexa ensombrecida por xente coma ti.”EYACULAREMOS SOBRE AS VOSAS VIRXINALES MENTES E AS VOSAS UTERINAS BOCAS PARIRAN IPOCRESIA.

  6. pero como a persoa mais baga e que menos fixo polo pobo pode chegar a enganar as asociacions verdes???pero acaso non sabe que o porto foi consesuado por TODOLAS asociacions do pobo:::: agrupacion bateeiros de barraña,agrupacion bateeiros de cabo cruz,agrupacion bateeiros de boiro e barbanza,club de jubilados de cabo cruz,asociacion de veciños de a union,cofradia de pescadores de cabo cruz,asociacion do mar da ria de arousa,club nautico boiro,club de remo cabo cruz,BNG,PSOE,PP….. E O UNICO CASO DE GALIZA donde todalas asociacion publicas do concello estan de acordo con a ampliacion do porto,eso si, menos Xose Marcelino (alias joselito)chamado o loco do arneiron,porque se peja a xente con interes de chuparlle a sangre e o sudor da frente.Para todos sempre foi tolo pero inofensivo,pero esto de insultar a xente que leva luchando por estas obras durante mais anos dos que el ten,xa pasa da rosca.E que decir da xente que el nombra do seu escrito,o seu unico delito foi insistir e luchar durante mitos anos,mentras o FDP fasia pintadas por todo o pobo,si xose,que todos sabemos que as pintadas de “sachade o campo de golf”,si (sachade os demais)e moitas mais ca FIRMA DO GATO son tuas,ausease que cacho ecoloxista,pintando todalas paredes do pobo.En fin,que pena de corpo aguantando unha cabesa que solo ten pelos.Non te estrañes si por donde pases a xente escupe.

  7. non é certo que non estea previsto nada para porto deportivo
    TODA a contraescolleira será para embarcacións deportivas
    ou iso é o q di o plan director das instalacións náutico deportivas…:http://www.portosdeportivos.com/index3.htm
    se buscas a páxina C6-47 (349 do pdf) dese documento, verás q aparecen proxectadas 250 nunha primeira fase (ano 2010-2015) e outras 250 nunha segunda fase (2015-2020)
    póñoche a diapositiva no álbum do comentario q puxen anteriormente, por se tés interese en velo cos teus propios ollos

    é conveniente informarse un pouco antes de falar
    aquí tés (http://picasaweb.google.es/nelaldan/CaboDaCruz#slideshow/5337923837440369746), entre as diapositivas q vos puxen, a q aparece como vai quedar dividida esa parte do porto: o pintado en azul é a primeira fase (para 250 embarcacións), o q está debaixo, pintado en verde, para a segunda fase (outras 250)
    outras 100 máis irán en marina seca

    os datos deste post, por outro lado, non os inventou xosé marcelino: están sacados do informe de impacto ambiental
    ti, e máis todas esas asociacións q dis q consensuaron o porto, faríades ben en telo lido no seu momento, para evitar o q vai pasar

    algún deses datos non che parece correcto? por q non dis con cal non estás de acordo, e expós argumentos?
    por q molesta tanto q a xente saiba isto?

    púdose ter feito doutra maneira, menos agresiva
    pensa a ver a quen non lle interesa q a xente estivera debidamente informada…

    e aínda se está a tempo de q, xa q se mete todo ese cemento, sexa PRINCIPALMENTE PARA OS BARCOS DOS CURRITOS, e non para os da sétima lista
    pero iso vai ser cousa vosa
    nós limitámonos a informar

    o cemento non é futuro

    e as agresións ao medio, sempre se pagan, antes ou despois
    aínda q non sempre as paga quen as leva a cabo, claro…

  8. Marcelino, nom te oponhas ao progesso, homem, nom sabes que muitos dos que tenhem bateeiro também querem iate e a ser possível amarrados juntos?
    E do campo de golf, tinhas que ser tí claro, a gente de bem já o dí, és o único, escoitas? o único da vila que nom quer campo de golf, com o de progrsso que trae isso, a vila já nom é a mesma. E os produtos que botam no relvado som muito bons quando chegam à ria, como as cinzas de há três anos.
    Bom, eu o que aguardo é que quando inaugurem o naútico, essas boas gentes que che dim as verdades, nos convitem a tod@s @s que escrevemos neste foro ao seu iate.

  9. Ben, vendo semellante feixe de mentiras, falacias, incongruencias e insultos, vou deixar claras as cousas que aquí vomitas, persoa que non te identificas con “xose mamon”. Está claro que Eu digo quen son, porque non teño nada que agachar (non todos poden dicir o mesmo), e dou a cara -D.I. e o que a xustiza me requira se incurro nalgún tipo de delito-. O Graffiti non é delito. Os “tag” que son as “sinaturas” (ou etiquetas) dos “writers” (ou escritores) forman parte do Graffiti. Os “graffiteiros” en sociedades bastante máis evolucionadas que a nosa, como por exemplo a estadounidense, teñen museos con exposicións de “graffiteiros”. Pero xa no Estado Español podemos ir á capital (Madrid) e podemos contemplar en salas de exposicións o “tag” do arquicoñecido e pioneiro escritor Muelle. O Graffiti é un dos catro elementos da Cultura Hip-Hop, xunto co Rap, o DJ’ing (ou Turntablism) e o B-boy’ing (ou Breakdance). A Organización das Nacións Unidas (O.N.U.) declarou no ano 2001 ao Hip-Hop como Cultura Mundial. As pintadas ou graffitis que eu fixen, fago e farei mentres viva, foron, son e serán con aerosoles libres de CFC. A pintada que hai á entrada de Boiro, asinada por A.M.I., que é unha asociación da mocidade independentista, non a fixen Eu, aínda que comparto a idea de que o campo de golf non é bo para nada. “Sacha o campo de golf se o fam”, escrito en reintegrado (Eu fágoo coa norma da RAG e non coa AGAL) pintouno unha persoa de Boiro, que Eu teño o pracer de coñecer persoalmente. Se falamos de vagos -con uve, pois con be significa outra cousa- habería que empezar a falar dos políticos. Na Casa do Concello de Boiro, como na maioría, hai demasiados, empezando por arriba e rematando por abaixo. Se traballasen como teñen que traballar, unha parte importante dos funcionarios do Concello non farían falta. Por exemplo, policías locais, que algúns collen baixas laborais fraudulentamente e seguen a cobrar o soldo que lles pagamos todos nós, Eu incluído: a eses son aos que lles tendes que dicir “ide taraballar”, sobre todo cando están de chiqitas polos bares en horario de servizo. Porque “gran traballador” (vouche chamar así porque non te identificas) Eu levo cotizando á Seguridade Social dende os 18 anos por autónomo do mar, e teño 29. Son socio da Confraría do Cabo da Cruz dende 1998 e mariscador de a pé na mesma, aínda que exercín outros traballos nese tempo, incluso fixen o Servizo Militar na Armada Española en dúas fragatas, onde non me atoparon ningún problema por “tolo” como dis ti. Porén, tanto na Armada como en todos os sitios nos que estiven, de ocio ou de traballo, sempre calificaron de excelente o meu coeficiente intelectual. Xa antes de ir para á Puta Mili existía o meu símbolo, creado por Min, e antes de existir o símbolo xa me gustaba o Graffiti e o Rap, que é co que garda relación o símbolo (cando te identifiques explícoche que significa). Pódoche dar un pequeno dato que pode dicir algo ao respecto; sen ter todo a favor no meu 5ª da EXB saquei cinco sobresalientes e dous notables (un deles en ximnasia). Por iso ese piropo é unha cagada de mosca na folla dun dos poucos carballos que ides deixando os que queredes “progreso e desarrollo” para a nosa terra. Nunha desas asociacións de mexilloeiros que nomeas (AME Barraña) está meu pai de socio, dende hai moitos anos, un curmán meu etc. Eu de primeira man sei que non están ben informados, pero aínda así meu pai recoñeceume a Min que había outras maneiras de levalo a cabo (e a Cabo) que xa cando el navegaba, incluso antes de nacer Eu, noutros países xa había peiraos feitos con columnas e outros métodos máis respectuososo cos ecosistemas mariños e en xeral co medioambiente (fíxate no da Pobra). O Club de Xubilados é de todo menos o que o nome enuncia: teño ido por alí, e gritos e persoas hebrias unhas poucas, mais non señores que están desfrutando da súa xubilación, que foi para o que a antiga escola comunitaria (logo Club de Xubilados) foi habilitado. É un bar bastante cutre ao uso que para nada lle presta algún servizo aos nosos maiores. Da Confraría de Pescadores non me fales porque xa estou Eu enterado á perfección. Sendo o patrón maior da mesma o maior cacique que pousou no Cabo, con xuízos con gran parte dos mariscadores (Eu incluído) tanto de a flote como de terra problemas con todo quisqui -agresións, ameazas, insultos, roubos etc- non me merece o máis mínimo respecto a súa opinión, que neste caso parece ser que valeu pola de todos os demais membros e socios da Confraría: case ninguén se enterou de que ían facer iso nin da súa magnitude e as consecuancias negativas, cando era o Patrón Maior o primeiro que tiña que poñer o grito no ceo pois como recoñece o Informe de Impacto Ambiental vai afectar notablemente ao banco marisqueiro de Curvera, un dos máis importantes desta parte da Ría. Do Porto Náutico habería bastante que desglosar, pero só quero dicir que un dos membros da directiva do Porto Náutico é o secretario da Voz de Galiza na comarca do Barbanza, o culpable de incitar e provocar á xente para que acudise á manifestación para que nos atacasen, terxiversando e ocultando información segundo os seus intereses. Editando noticias uns días antes da manifestación onde daba a entender que os que nos iamos manifestar o faciamos para foderlles a vida á xente do Cabo da Cruz, cando nós fomos para mirar polo ben de todos (dos insultadores e ameazadores incluídos) Este modelo de porto, segundo palabras dun enxeñeiro de Portos de Galiza, é o que a el menos lle gusta dos que había e califica de “excesiva” a obra. Eu non estou en contra da ampliación do porto sempre que sexa respectuosa co medio e sempre que sexa para esas embarcacións destinadas ao sector mexilloeiro, ao da pesca e ao do marisqueo. A marbellización da Ría da Arousa é unha irresponsabilidade grandísima que non todos van asumir cando dentro duns anos a ribeira deixe de dar o que daba e o mar da zona deixe de producir o que producía. A Ría da Arousa é a ría máis rica do mundo. Deberiámola coidar como ouro en pano, e se por Min for declarala Patrimonio da Humanidade. Os postos de amarre para embarcacións deportivas non son o futuro, máis, tendo en conta que Galiza ten 1’6 postos de amarre por cada unha delas (véxase informe de Greenpeace). E podíache falar longo e tendido sobre esas “asociacións” e dos grupos políticos (o PSOE -Ares- censuroume o programa que Eu facía en Radio Boiro por informar sobre o que están a facer no Cabo da Cruz…), que cos feitos non sempre responden á súa ideoloxía de base. Pero amijacho (con ironía), se hai unha persoa que podería arrimarse a alguén con sangue que lle zugar son Eu, e cáenme na familia sen ter que ir a fóra dela 😉 Eu son auténtico e podía andar coma vós, pero prefiro ser Eu, Xosé Marcelino ou Joselito para os que me coñecen dende pequeno. Ti quedou claro que NON ME COÑECES máis que de vista. Ah, e este ano botei 12 rejos de patacas Á LEJOÑA nunha leira que se for túa seguro que a venderías para que fixesen edificios para especularen os que son coma ti, pero como non é así aí vai estar, para cultivo de alimentos. Dende pequeno nas leiras e nas viñas, que espero que ti poidas dicir o mesmo. Por certo, Eu reciclo, e ti?

  10. Isto vai para o que asina co nome co que a miña familia e amigos se dirixían a Min en idade escolar. Sigo sendo Joselito, o rapeiro do Esteiro se mo permites, e grazas por me considerares unha persoa cabal durante todo este tempo (non sei canto porque non sei quen es e non sei dende canto hai que nos “coñecemos”?) pero mira, Eu xa non conto con vivir moito tempo pero ti, que serás un dos beneficiarios desta desfeita medioambiental, acordaraste de Min, como te acordas da miña familia e os que vos estades a acordar moito nestes días. Familiares que a algúns de vós vos poderían ensinar algo sobre mexillón, peixe e marisco. Comprobábel. Cando as consecuencias negativas se empecen a notar, ti probabelmente esteas máis próximo a ter que ir pensando en ter un Club de Xubilados no que poder pasar a túa terceira idade, que o de coller unha moto de auga ou ir a remolque con táboa ou esquís dunha lancha polas ricas augas da Ría da Arousa (como por exemplo a de meu pai). Eu podo e non quero, ti sábelo.
    Repito: PODO E NON QUERO, por principios e por responsabilidade. Porque, por exemplo, teño un sobriño que se chama Duarte e quero que cando estea en idade de pilotar a lancha poida facelo sobre unha Ría limpa, produtiva e fermosa, non unha Ría sucia, contaminada e improdutiva. Para iso repartín dípticos polo Corviño e me manifestei onte; para que a xente se entere do que realmente van e están a facer. A información é poder e iso sábeo ben un dos colegas membros da diretiva do futuro Club Náutico, o delegado da Voz de Galiza no Barbanza. Fartouse de terxiversar información para provocar unha reacción en contra dos manifestantes que defendemos outro modelo de porto por parte dos crucenses. E logrouno nalgúns, si, mais noutros só conseguiu deixar ao descuberto un plumeiro que deixa polo chan a súa credibilidade como periodista ou “delegado da Voz de Galiza” no Barbanza. É patético e totalmente irresponsábel pola súa parte enganar á xente como fixo a través do tendencioso e prexuizoso xornal A Voz de Galiza. Eu a partir de xa, BOICOT A “A VOZ DE GALIZA”. Sodes uns irresponsábeis. Só fixestes unha chamada á violencia. É o voso traballo; para iso tamén recibides subvencións (dos nosos impostos), para informares feacientemente e sen terxiversar as noticias. O tempo ha de poñer a cada un no seu sitio. Paz. Sempre Galiza!

  11. A enorme riqueza que da un porto ou mellor dito, un macroporto deportivo demóstrase en Ares(A Coruña) onde vivín ata hai pouco :UN POSTO DE TRABALLO, O VIXIANTE NOCTURNO DO MESMO, coñecido meu.
    Outros “efectos colaterais” e de “riqueza e progreso” tamén compróbase nesa antiga vila mariñeira:
    – a contaminación da ría e praia de Seselle que linda con ese porto, a típica película de grasa e o olor nauseabundo e insoportable, especialmente cando hai marea baixa, ben coñecido polos veciños/as e paseantes nunha ría que, por outra banda, non contaba cunha depuradora
    – A importante perda da area e dapraia de Seselle e da do centro que lindan con el a causa dese porto e as súas infraestruturas que retén os depósitosa e cambiou as correntes e que empeorou trala súa ampliación así como a desaparición de boa parte da praia do centro que se “rexenera”continuamente con máis area cada ano que a leva a primeira marea viva ou tempral e o plan que alomenos antes tiñan previsto de seguir ampliando o porto sobre ela
    – A especulación salvaxe que sempre trae en España os portos deportivos (por iso se fan tantos en calquera lugar cargándose as praias, espazos protexidos, paisaxes e patrimonio cultural como se pretende no PLAN DE PORTOS DEPORTIVOS DE GALICIA AO MÁIS PURO ESTILO DE MEDITERRÁNEO, sen estudos serios de impacto ambiental nin unha Avaliación Ambiental Estratéxica axeitada)
    Así, Ares que era unha preciosa vila mariñeira cunhas vivendas tradicionais baixiñas e fermosas, algunhas de pedra e ata palacetes e que tiña unha fachada marítima que a distinguía, convertiuse tan só en algúns anos, nun “enxendro” de moles de apartamentos altos horrendos, baleiros 11 meses e medio ao ano, que a desfigurou totalmente e que xa non gusta a ninguén, nin aos seus habitantes que están “negros” co que lle fixeron
    – A desaparición da riqueza pesqueira e marisqueira nunha ría que podemos decir que está prácticamente “morta”, sen biodiversidade, xa moi ferida polas consecuencias das mareas negras das catástrofes ecolóxicas que sufriu e a eutrofización da ría así do novo porto exterior de Ferrol que se fixo nela, nun espazo protexido onde se descubrira 15 novas especiaes para a Ciencia.
    Todo isto foi denunciado polos científicos do Centro de Bioloxía Marítimo da Graña nunhas xornadas na cidade coruñesa no 2005 e os portos deportivos, como uha das causas de destrución do litoral galego por 5 catedráticos do tema nas mesmas xornadas cando presentaron o seu Manifesto Científico: “Outra política ambiental é posible en Galicia” e demostraron con fotos o que dicían (velo en internet)
    – O turismo caeu en picado. O primeiro en fuxir totalmente foi o extranxeiro, que é o que máis se asustou do cambio mais tamén deixaron de vir moitos veraneantes e xente de paso. Así, é triste ver como durante case todo o ano é unha “cidade pantasma” cos restaurantes, bares, comercios, rúas e, moi especialmente, moles enormes de apartamentos baleiros, unha destrución paisaxístrica e urbanística brutal que non ten futuro nunha ría que estamos perdendo.
    Queda Redes, núcleo próximo, declarado conxunto histórico-artístico que se salva, polo de agora, aínda que o “progreso” que trouxo Costas destruiu a súa praia natural cunhas infraestruturas aberrantes.
    – Os únicos que progresaron foron os promotores sen escrúpulos,o ex- alcalde e algúns concellais que, segundo numerosos veciños/as encheron ben os seus petos.

  12. En ningún momento dixeron que a persoa que co-organizou e se manifestou o domingo 24 de maio a favor da conservación da Ría e do litoral, en concreto do do Cabo da Cruz, é un mariscador de a pé da Confraría do Cabo da Cruz. Vivo principalmente e case en exclusiva do marisqueo a pé dende 1998, ano no que comecei a cotizar á Seguridade Social como autónomo de mar sendo sempre provedor nesta Confraría “Virxe do Carme”. Por que non o dixeron en ningún medio e sempre o obviaron e incluso ocultaron? Que intereses ou que motivos moven ao Patrón Maior da Confraría do Cabo da Cruz para non se opoñer a este recheo mortífero e mortal para o litoral? -cando tiña que ser o primeiro en opoñerse a este proxecto “recheador”-. Por que a bióloga da Confraría non se pronunicou ao respecto? quen llo impediu? e o principal, POR QUE NON SE FIXO DOUTRO XEITO, CON TUBERÍAS POLO FONDO OU PILOTES DE FORMIGÓN PARA QUE CIRCULEN AS CORRENTES MARIÑAS E NON FREE A CHEGADA DE AUGAS DE FÓRA DA RÍA? Por que non se tivo en conta a opinión de polo menos un enxeñeiro de Portos de Galiza que el persoalmente me recoñeceu que dos proxectos que había este era o que a el menos lle gustaba e calificou de EXCESIVA esta obra portuaria. Ninguén ten unha copia do Estudo de Impacto Ambiental; ningún dos afectados, excepto Eu, teñen unha copia do E.I.A. Non se informou debidamente á xente de como se ían realizar as obras, porque sabían que moita xente non estaría de acordo e incluso se opoñerían (como ocorreu no meu caso). Non informaron das consecuencias que ían traer a curto prazo, a medio e, o que a xente ignora máis, O QUE OCORRERÁ CO NOSO LITORAL A LONGO PRAZO. Iso algúns pola idade xa non o verán, pero os que aínda non chegamos aos trinta teremos tempo de sobra de comprobalo e outros incluso de o lamentar, moitos dos que agora insultan e ameazan aos que pretendemos un modelo máis respectuoso e sustentábel. Logo haberá algúns que terán valor a dicir “tiñas ti rasón”… Pero xa será tarde. Xa sucedeu noutros puntos do noso litoral e aquí, aínda que pola riqueza das súas augas tardará algo máis, vai suceder tres cuartos do mesmo. Cinco bateas recoñece Portos de Galiza como afectadas; radicalmente até o punto de que as teñen que quitar de onde están. Moitos dos bateeiros que credes que non vos vai afectar e que incluso vai mellorar todo, saberedes que un dos que lle “tocou” a cambiar a batea de sitio foi O Bicho, que seica denunciou o asunto ante a Xustiza porque no lugar exacto onde el tiña a batea facía unha peculiar corrente o mar da Ría que posibilitaba un crecemento máis rápido do mexillón; máis que nalgunhas bateas de fóra. Está claro que todos temos un prezo; como os bateeiros que teñen as bateas no Polígono do Caramiñal e teñen que quitar de alí as bateas son unha minoría fronte a unha maioría que non se ven a curto prazo directamete afectados, pois foi e vai a cousa para diante. Se for ao contrario, moi probabelmente non iría avante. O que máis ignora a xente é que se podía facer doutra maneira a Nova Dársena no Porto do Cabo da Cruz. Como fixeron , por exemplo, no da Pobra do caramiñal (porque, entre outros, os mariscadores se moveron) colocando pilotes de formigón para así non frear as correntes mariñas de maneira drástica como vai pasar coa bestialidade de recheos que se están a efectuar no Cabo da Cruz (e no Corviño). Está claro que, coma en case todo, é cuestión de cartos. Un membro da directiva do Club Náutico que coñezo dende hai anos, recoñeceume persoalmente que se podería facer doutra maneira, con tubos polo fondo do mar para permitir a circulación das correntes; que sería mellor para todos e todas. Creo que o mínimo que unha persoa responsable e consciente podía facer é manifestarse a favor doutros modelos, porque, ben seguro, este ten unha alternativa mellor. As dimensións do futuro macroporto dan vertixe. Esta é unha zona que o Estudo de Impacto Ambiental que lle encargou Portos de Galiza a Ambiotec (e foi o de referencia para acometer as obras) cualificou de “sensibilidade paisaxística de nivel medio”. Moitos veraneantes e visitantes acuden a estas terras pola fermosura da paisaxe e polo natural (e non artifial) que as mesmas albergan. O turismo de calidade vai ir ao garete coa marbellización da nosa Galiza. Para competir neste campo témolo máis complicado que se o fixermos no do marisqueo e acuicultura, onde si podemos ser unha potencia avantaxada. Hai demasiada competencia neste eido, a pesar de que esta vaia ser a maior desfeita para habilitar postos de amarre para embarcacións de recreo que se acometa na Ría da Arousa, a devandita xa está estrada de portos náuticos: A Pobra, Ribeira, A Illa da Arousa, O Grove, Cambados, Vilanova, Vilagracía, Rianxo… e agora o Cabo da Cruz (e Escarabote tamén o quere). “Galiza xa presenta unha das porcentaxes máis elevadas de amarres por embarcación deportiva, con 1,66 amarres por barco. Esta cifra é, por exemplo, dez veces superior á de Italia, que ten dez veces máis costa que Galiza, e seis veces superior á de Francia, o país de Europa cun maior número
    de embarcacións de recreo” datos que aporta Greenpeace no seu Informe da Destrución a Toda Costa “A pesar deste elevado ratio, o novo plan de portos deportivos presentado por Portos de Galiza plantexa pasar dos actuais 11.600 a 31.000”. Quitando Noia, a nosa ribeira é a máis importante en canto á extracción, produción e compra-venda de bivalvos. A parte dos case trescentos mariscadores/as de a pé e a flote hai que ter en conta as aproximadamente 400 persoas que están en lista de espera para poderen entrar a traballar nesta Confraría de Pescadores. Como queda de manifesto, mire por onde se mire, as riquezas das nosas augas penalizan este proxecto. Se a Ría for unha xuíza moitos estarían no cárcere con cadea perpétua. Con estes datos na man podemos concluír con que economicamente compénsanos traballarmos de mariscadores duascentas e pico de persoas todo o ano e non de camareiros para veraneantes tres meses ao ano (se veñen bos). A zona de marisqueo de Curvera, recoñece o Estudo de Impacto Ambiental, será a máis afectada directamente polo contradique que sae das rochas milenarias e dende a mesma ribeira do Corviño. Polo menos 60.000 metros cadrados de zona de marisqueo van quedar improdutivos e sepultados!! Como sepultada queda a praia do Corviño, de area natural, onde os veciños e veciñas do Corviño desfrutaban dende hai décadas do período estival, unida a unha Praia intermedia onde as xentes do lugar collían ameixas e outros productos do mar: alí coñécese como a “Praia da area das ameixas”. A día de hoxe está literalmente sepultada e asfaltada. Din os (ir)responsábeis da obra que é para pasaren os camións coa pedra para o recheo. Multaban antes por coller area e pedras das praias e agora para lle faceren “a cama” aos ricachos entérrana baixo dous metros de pedegral artificial. O banco marisqueiro de Curvera éche unha zona que podería dar traballo directa e indirectamente varios meses ao ano aos rastreiros e aos mariscadores de a pé. De alí as correntes, que se van ver drasticamente afectadas polos recheos, arrastran a cría de bivalvos que naturalmente se depositan nos bancos marisqueiros nos que os mariscadores -sobre todo de a pé- extraeremos os berberechos e as ameixas. Pola beira do mar, dende a punta do Cabo da Cruz até a desembocadura do Río Coroño (zona de Peralto), podemos atopar zonas dunha riqueza natural incomparábel, por exemplo Tras do Conle, A Marxa, Barraña e o Río (zona de desembocadura-Praia Xardín). En maior ou menor medida todos estes bancos marisqueiros, que dan traballo directo (legalmente) a preto de trescentas persoas, vanse ver por desgraza afectados. Poderiamos falar de como se van resentir desta “obra de arte” animais mariños como os caramuxos, as tendeiras, as cornetas, as llapras, os lingueiróns, as navallas, as vieiras, as zamburiñas ou volandeiras, os mexillóns -das pedras-, as ostras, as ameixas: san, babosa, rubia, bicuda, xapónica; os berberechos, os carneiros, as arolas, relós; os chopos, polbos, luras… Peixes: lorchos, serráns, pintos, maragotas, robalizas, escachos, raias, ouxas, panchas, barbos, madrenlas, pións, anguías, congrios, agullas, areeiros, linguados, sollas, rodaballos, fanecas, xurelos, rinchas etc… E os crustáceos como os pateiros (cangrexos), queimacasas, nécoras, bois, camaróns, quisquillas etc. terán ao mellor máis rendixas onde agochárense, mais nunca terán a calidade no zooplancton, algas etc para se poderen alimentar; dende que son ovos até adultos (ou talla comercial). Poderiamos facer un estudo sobre o potencial que temos neste sector -en estado embrionario- e a riqueza en algas que acubilla a nosa rica Ría (de momento). Pero iso vóuvolo deixar aos lectores; que o fagades pola vosa conta, que con isto da Internet calquera que teña ganas se pode informar. Sen ir máis lonxe unha agrupación de Mexilloeiros do Cabo da Cruz comercializa algunha. Eu xa tiven o gusto de probar, por exemplo, o “wakame” de aquí, unha alga parda que aínda que é orixinaria do Xapón dase moi ben en Montideira. As correntes, co que levan e co que traen, son as que fan que teñamos unha Ría anoréxica, en plena forma ou obesa. O que se van ver despois da desfeita son muxos a ducias e/ou a centos, que ninguén os quere, e por enriba estarán contaminados. Iso si, os adiñeirados da zona e os madrileños visitantes van poder contemplar uns montes plagados de eucaliptos e comer un peixe “exquisto”, recén “pescado” da piscifactoría (outro sector que dá un mundo de traballo ¬¬ e respecta unha chea a biodiversidade ¬¬) sentados nunhas cadeiras feitas en China sobre un banco marisqueiro asfaltado. Os camareiros xa podedes ir aprendendo idiomas, así tamén van facer cartos as librarías e as academias.
    Wellcome to Cabo of the Cruz!

Deixa una resposta a xose mamon Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.