Pages Navigation Menu

SOS Courel maniféstase a propósito dos incendios

 

 

Nós, non imos especular, a pesar das faladurías dunha posible vendetta cara SOS Courel, que se difunde dende fai tempo polo Concello, nin polo feito de que os incendios do Courel  se produciran no entorno de Ferreirós de Abaixo, o máis grave iniciouse a 700 metros e aproximouse ata os 200 metros desta aldea de tres casas onde vive un dos membros desta asociación, Orlando Álvarez, que foi criticado en algúns medios de comunicación de xeito miserable por o Sr. Emilio López Pérez, que exerce desgraciadamente de Delegado de Medio Rural en Lugo.

Este home tan chistoso,  que é capaz de sacar gracias das situacións máis macabras, chegou a sinalar a Orlando Álvarez do seguinte xeito:

“só, sen O Courel, porque é unha asociación moi singular, que parece respostar aos intereses e ás opinións dunha única persoa”.

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130&idNoticia=336468

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=336672

Xa en novembro de 2004, o Presidente desta Asociación, despois de ser sinalado por un sindicalista nos medios de comunicación,  sufriu un atentado na tumba familiar;  suceso que non foi investigado nin condenado por ningunha institución.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/11/02/3169857.shtml

E recentemente fomos atacados de xeito furibundo polo Conselleiro de Medio Ambiente: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=8621

Dende poder político están envalentonado aos tarugos e logo non  poden con eles.

O plan de desenvolvemento para o Courel do Sr Emilio ten dous eixos principais:

1 – Desenvolver o sector da Pedra, así o manifestou publicamente na festa da Pisa de Froxán en decembro de 2005, e por iso, xa antes cando exercía de parlamentario, recriminara duramente ao por entón concelleiro do BNG, Orlando Álvarez, por denunciar a ilegalidade dunha canteira no medio dun río.

2 – Encher o Courel de piñeiros, pistas e cortalumes de terra espida, empregando fondos europeos da loita contra a erosión. Este feito foi denunciado recentemente por SOS Courel o que provocou grande indignación na Delegación Provincial e adláteres forestais. Nos cremos que o Courel xa está completo, e o monte raso ( térmico despectivo do pasado) non é para arrasar, é para pacer e está protexido pola Rede Natura.

Sobre o operativo “científico-táctico” da Delegación Provincial que actuou nos lumes do Courel:

1.-  No primeiro lume fracasou estrepitosamente e de feito arderon 66 hectáreas. O lume atravesou a estrada comarcal de Quiroga, a local de Ferreirós de Arriba e logo con todo o continxente presente volveu atravesar a estrada comarcal por outro punto. O feito de atravesar estradas asfaltadas da idea dos poucos esforzos  que se adican  a prevención e á inutilidade de facer pistas no monte. Sen embargo o lume non foi capaz de atravesar as masas de frondosas presentes na zona mentres o piñeiral foi devorado nun intre.

2.- O numerosísimo continxente, a inmediated do campo de fútbol co seu macro depósito de auga, a retaguardia protexida polo río Lor no fondo do val e a humidade do monte non fan máis que agrandar o estrepitoso fracaso do operativo “científico-táctico” que en ningún momento aceptou o ofrecemento dos veciños coñecedores da orografía do terreo.

3.- Os veciños desanimados polo caso omiso da “Dirección”, acudiron pola súa conta a cortar a fronte abandonada que se dirixía cara a aldea de Ferreirós de Abaixo e conseguiron finalmente, despois de suplicar, a mangueira de unha motobomba e co apoio de varios brigadistas conseguindo paralo a 200 metros da aldea. Seguidamente  e tamén apoiados por brigadistas cortaron a fronte do río Ferreiróse e despois a que se dirixía a ponte de madeira das Arandainas, evitando que o lume cruzara  para as aldeas de Sobredo e Seceda. Neste grupo de catro de  veciños, todos eles de Ferreiros de Abaixo e da mesma familia, estivo traballando Orlando Álvarez.

4.- Mentres a maioría dos efectivos permanecían concentrados ao redor da “Dirección”, onde xa se incorporara o Delegado Provincial,  o lume colouse pola beira da estrada cunha fronte de menos de 15 metros e unhas chamas ridículas, a menos de cen metros do operativo, e queimou unha parcela entre a estrada Comarcal e o río Lor de 10 hectáreas, este despiste costou un día máis de lume coa intervención continua dos medios aéreos e tivo que ser cortado o subministro eléctrico.

5.- Denunciamos que alguenes ordenaron sucesivamente, unha vez  que se ían extinguindo as frontes, queimar restos de parcelas que quedaban sen arder coa escusa de facer cortalumes de seguridade, sen ter en conta que se trataba de vexetación protexida pola Rede Natura.

6.- Non se pode entender como a motobomba da Xunta que chegou dende Folgoso, a que estaba máis preto do lume,  non puido funcionar por estar avariada, según manifestaba o seu conductor. Tamén a motobomba que se accidentou, saíndose da estrada e que foi monte abaixo ata parar nun regato, cando circulaba pola comarcal LU 651 en dirección a Quiroga, parece que sufriu unha avaría pola que se lle bloqueou a dirección e perdeu o control nunha recta, tal e como manifestou tamén o propio conductor aos veciños que o rescataron.

7.- Recoñecemos que nos dous lumes seguintes as brigadas de retén actuaron con rapidez e contundencia, o cal demostra que no primeiro lume non había ninguén pendente no Courel do que puidera pasar cos lumes, e logo presúmese da vixilancia vía satélite e cando a cunca do Lor goza de  unha visibilidade óptima dende os Ancares ata Manzaneda  e dende o Cebreiro ata a Ribeira Sacra. Pensamos que se debe dotar ao Courel dunha vixilancia efectiva, e non deixar que cada lume se coma 66 hectáreas nun espacio de tanto valor natural.

8.- Canto antes poidamos, presentaremos unha queixa na Comisión Europea para denunciar a desfeita ilegal que se está a producir nos montes do Courel, obra que o Sr delegado cualifica como saneamento forestal.

 

 

3 Comments

  1. Cando o lume se apaga con maquinaria privada, canto máis tempo arda mellor, máis caixa.
    Os fondos públicos adicanse a prantar piñeiros que terminan ardendo ou regalandollos as madereiras

  2. Agora xa sabemos dunha faceta máis do Sr Milucho. “apaga lumes”, antes soio sabiamos da facilidade que tiña para prendelos, dos seus chistes malos e da súas leccións de económía. ¡Probe home! ¡é patético!

  3. Sintoo compañeiros, mais co señor delegado, don Emilio López, “o Milucho”, non é nada novo. O novo é que chegou a onde sempre quixo estar, man a man con empresarios coma Lence ou os das canteiras. Na cadeira da Delegación, seica se adquiren novas perspectivas sobre o tema da defensa do territorio, do agro…Hai que sinalar que este personaxe, á parte caracterízase por considerar inimigos aos que se limitan a pór sobre a mesa os asuntos que el mesmo dicía defender, e a andar berrando polo multiusos Vos que queredes que veñan os outros?… Nada que teña un pouco de fundamento. De pena o deste home, o da Consellería do Medio Rural en xeral, o da Consellería de Industria… De pena e unha gran decepción.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Recent Faves Tagged With "tempo" : MyNetFaves - [...] by Salam81 | 7 days ago Canadian Kamikaze Weirdness First saved by Soh85 | 9 days ago SOS Courel…
  2. User links about "vive" on iLinkShare - [...] 18 days ago5 votesFierce Angel 13 - Es Vive Ibiza 2008>> saved by fenglu 23 days ago5 votesSOS Courel…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.