Touriño abucheado por manifestantes contra o Plano Acuícola

Os manifestantes, moitos dos cales ías vestidos con traxes similares aos dos voluntarios do Prestige, increparon ao presidente á entrada e á saída do pavillón.

Case 200 persoas concentráronse en Camariñas durante un acto do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, nesa localidade coruñesa para protestar contra o Plano Acuícola que prepara a Xunta de Galicia. Representantes das plataformas afectadas polo Plano, procedentes de Seiruga-Malpica, Quilmas-Carnota e Corrubedo protestaron xunto aos mariscadores do ría do Burgo que se desprazaron a Camariñas para reclamar compensacións económicas que palíen as perdas derivadas das contaminación de ría. Os manifestantes, moitos dos cales ías vestidos con traxes brancos similares aos que empregaban os voluntarios do Prestige, increparon ao presidente da Xunta á entrada e á saída do pavillón. A maioría dos manifestantes accederon ao recinto onde se celebraba o acto, con todo, non se produciu ningún incidente durante o mesmo. Só se escoitaron os gritos do resto de manifestantes, ao redor dun centenar, que permaneceron no exterior xa que a Policía prohibiulles o acceso por se atopar máis exaltados.

3 Comments

  1. Unha nova que non apareceu na prensa. Foi recollida pola axencia EFE pero polo visto os medios non a consideraron importante, máxime tendo en conta que estamos en vésperas electorais.
    A pleitesía dos medios co poder é manifesta e diso xa se falou nesta mesma páxina. Esperemos que algún día a liberdade se asente nos “mass media”

  2. proyecto KILL+PEIXES

    asociación universitaria de estudiantes de arquitectura ERGOSFERA

    http://www.foro.ergosfera.org

    FORO de investigación propositiva sobre la acuicultura marina en Galicia y sobre el caso particular de la ampliación de la piscifactoría de Quilmas

  3. Liberdade e mass media são duas realidades antagónicas. Dificilmente poderão vir a concretizar-se numa só.

    Na imprensa não aparecem multidões de notícias.

    Existem alianças tácitas entre “o poder” e os mass media. De facto, os mass media fazem parte do poder, e vice-versa.

    Saúde e liberdade!

Deixa una resposta a Xulia C. Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.