Un auto xudicial e unha nova sentenza favorables a Asociación pola defensa do Parque Rosalía de Lugo
O Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo emitiu recentemente auto no que se ordena a paralización cautelar do proxecto das costas do Parque Rosalía. É para nós unha satisfacción comprobar que o traballo levado a cabo desde fai case cinco anos, así como o apoio mostrado por numerosas persoas e colectivos, segue dando os seus froitos e demostrando unha vez máis que foron moitas as informacións por parte do equipo de goberno de Lugo de cara á poboación que, a instancias dos órganos xudiciais, vanse cuestionando de forma cada vez máis clara. O auto fai referencia a posibles delitos de prevaricación administrativa, prevaricación urbanística, coñecemento de ilegalidades na concesión da licenza, omisión do deber de perseguir delitos e numerosas transgresións que se detallan nas páxinas 8 a 17 do documento; no mesmo se solicita informe á Garda Civil sobre o custo que suporía executar a demolición do construído.
E esta mesma semana unha sentenza do Xulgado do Contencioso de Lugo pon novamente de manifesto a validez dos argumentos expresados pola asociación acerca do proxecto na ronda República Arxentina 8, xa que esta sentenza anula as licenzas do edificio construído á vez que acorda procede a formulación de ilegalidade contra o estudo de detalle. Cremos unha vez máis que queda en evidencia o dubidoso proceder do Concello de Lugo na tramitación de licenzas urbanísticas xa que, como se pode comprobar na sentenza, son numerosas as irregularidades que foron observadas e recollidas e que, á súa vez, son motivo de posibles conflitos para promotores, compradores ou Concello en caso de indemnizacións.
> Auto de paralización do proxecto nas costas do Parque
> Información de ‘La Voz’
> Información de ‘El Progreso’
> Información de ‘El País’
> Sentenza de ilegalización de licenzas en República Arxentina 8
> Información de ‘La Voz’
> Información de ‘El Progreso’
I Guerra Dixital Mundial (Paper Storm)
Temos unha CITA coa VERDADE !!!
http://www.wikifiltraciones.com/?p=1560