Pages Navigation Menu

Un estudo aconsella ampliar as áreas protexidas no litoral galego

A área galaico-cantábrica conta hoxe en día con menos dun 1% da súa superficie protexida, cando o Convenio de Biodiversidade de Nacións Unidas esixe a conservación de, polo menos, un 10% da superficie mariña antes do 2012
Oceana presenta un informe cofinanciado por Fundación Biodiversidade sobre as augas galegas e o mar Cantábrico para impulsar a creación de, polo menos, 15 novos espazos protexidos.
As illas Sisargas, os baixos de Bermeo e Néboa, o canón de Avilés, as augas fronte a cabo de Penas, a zona costeira de Sonabia, o baixo de Castro Verde, o canón de Capbretón ou os fondos mariños fronte a Jaizkibel son algúns dos lugares que Oceana identificou como áreas de importancia ecolóxica para a zona galaico-cantábrica e para os que pide protección.
Oceana é unha organización internacional que traballa para protexer e recuperar os océanos do mundo. Conta con oficina en Norteamérica – Wáshington ( DC ), Juneau ( Alaska ), Los Ángeles ( CA ), en Europa – Madrid ( España ) e Bruxelas ( Bélxica ), e en Sudamérica – Santiago ( Chile ). Máis de 300.000 colaboradores e ciberactivistas en 150 países uníronse xa a Oceana.
Durante 2008, a organización de defensa do mar Oceana, en colaboración coa Fundación Biodiversidade, levou a cabo un estudo dos fondos mariños entre Galicia e País Vasco que durou uns tres meses e cuxos resultados facer públicos hoxe. En total percorréronse unhas 1.500 millas e realizáronse 105 inmersións entre a superficie e os 350 metros de profundidade, nas que se identificaron preto de 800 especies distintas e máis dunha vintena de hábitats diferentes. Para iso utilizouse un robot submarino e contouse coa participación dunha decena de submarinistas.

Descargar aquí o informe completo

One Comment

  1. Dende S.O.S. Pontedeume denuncia! non quero deixar pasar a oportunidade que me
    brinda poñer este comentario para desexarvos ao administrador ou
    administradores desta bitácora e a todos os seus seguidores, BO NADAL E UN
    FELIZ ANO NOVO.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.