Pages Navigation Menu

Unha mala lección de ecoloxismo

Adega, a decana das organizacións ecoloxistas galegas tal e como lle gusta definirse, vén de publicar unha crítica(1) sobre a rede Galiza Non Se Vende que amais de falsa descobre unha evidente resaca post-electoral.

Non merecen comentarios esas acusacións de coincidencia entre GNSV e o PP xa que só pode facelas quen é vítima da frustración orixinada pola derrota electoral do 1 de marzo, frustración que moitos máis padecemos e que poucos saben interpretar e asumir cabalmente. Si hai que lembrarlle a Adega que o que é un problema local tamén o é de todo o país, alomenos dos que nos sentimos parte dun territorio que consideramos noso na súa totalidade, que nos moldea e ao que algúns depredadores queren devastar. Difícil ser localista nun mundo globalizado

Trasladar ás organizacións ecoloxistas os problemas partidistas e políticos dos que están ocupando esferas do poder ou ansían facelo, é dunha irresponsabilidade inxustificábel. Se a campaña electoral xa deixou mostras do grao de chabacanería que impera na clase política, non se pode consentir agora que Adega reproduza esas calumnias dirixidas ao resto de organizacións ecoloxistas. A defensa da Terra está por riba das criticables loitas políticas que só buscan un rédito electoral, campo este alleo ao ecoloxismo.

Non é Adega a máis indicada para dar leccións de independencia e honestidade. Esta organización que se di ecoloxista recibíu no ano 2005 da Xunta de Fraga a cantidade de 168.000 € en concepto de subvencións. Pero coa chegada ao poder do BNG e PsDG as súas prebendas chegaron a acadar unha cantidade próxima ao medio millón de euros.(2) As declaracións do responsábel de Adega, Fins Eirexas, equiparando estas subvencións ás que reciben os medios de comunicación, ademais de desafortunadas poñen ao descuberto as estratexias que se utilizan dende o poder. Todo o mundo coñece as razóns polas que o executivo subvenciona aos medios de comunicación, un xeito de recompensar a propaganda que estes fan das actividades das distintas consellarías. Porque se ben é certo que hai subvencións que tentan paliar certas insuficiencias, outras tentan comprar vontades e servizos. Adega abandonou a rede GNSV cando se decatou que as críticas ás actuacións sobre o medio ambiente e o territorio non distinguían a cor dos partidos gobernantes. Esta organización nacionalista con fortes vínculos cun partido político, xa sofríu unha escisión por parte de militantes que criticaban a dependencia de Adega respecto da UPG(3)

Cremos que non é este o camiño axeitado para conseguir unha terra viva e digna para todos, unha máxima esta que Adega tamén fixo súa cando pertencia a GNSV. Non hai razóns para que o movemento ecoloxista actúe dividido se aceptamos que as motivacións que nos estimulan están por riba dos intereses non localistas senón partidistas. Só cando se antepoñen as estratexias partidistas ás xustas reivindicacións medioambientais e sociais, entón debemos aceptar que alguén lle gañou a batalla ao ecoloxismo. E iso sería outra catástrofe para Galiza.

(1) Resulta tamén paradoxal a coincidencia entre as propostas do PP e o defendido por algúns dos colectivos da Rede Galiza Non Se Vende, que saudan agora a volta da piscifactoría de Touriñán e do viaduto da ría de Noia. Os intereses localistas dalgúns destes colectivos, máis preocupados por postulados NIMBY (non na miña leira) que pola defensa do patrimonio ambiental de TODA a cidadanía galega, quedan agora de manifesto. Lamentamos que tivera que vir o PP para poñer en evidencia as contradicións dunha rede que comezou sendo un soplo de aire fresco na sociedade civil galega.

(2) Como exemplos destas subvencións destacan:

Do Instituto Enerxético de Galicia, 38.870 €

Da Consellaría de Vivenda, 64.500 €

De Vicepresidencia, 25.000 €

De Medio Ambiente, 40.000 €

De Normalización Lingüística, 5.800 €

Da Deputación d’A Coruña, 45.000 €

De Sogama, 61.800 €

Por certo, desta empresa hai que subliñar os escuros negocios que se agochan baixo as políticas de residuos e que ultimamente quedaron ao descuberto. Negocios privados millonarios, contratacións de fillos de conselleiros, soterramento de residuos…

(3) “Conclusións do CC da UPG do 27 de marzo e do 8 de maio [de 2004]:
O punto C) da orde do día da xuntanza dese organismo aborda a cuestión das “Debilidades do nacionalismo e medidas para procurar solucións”.
O movimento ambientalista : Ante a fragmentación existente neste ámbito, só corrixida pola relativa fortaleza de ADEGA, mais cunha situación moi dispar respecto ás delegacións territoriais que funcionan, e cunha tendencia á asepsia política, fai necesario actuar a varios niveis:
a) Necesidade de coordenación entre a militancia do Partido que está implicada, tanto en ADEGA como noutros colectivos, así como a recuperación de certos militantes que están descolgados.
b) Estudar a posibilidade de que algúns militantes da UMG sen traballo político concreto, e con interese polo sector, pasen a dedicarse ao traballo ambientalista.
c) Necesidade de discutir a situación de ADEGA en cada zona do Partido, logrando que a militancia do BNG se incorpore á asociación, sobretodo nalgunha comarca en concreto onde están presentes outras forzas políticas”.

67 Comments

  1. A “contradición” é a daqueles/as que se din ecoloxistas e tragan coa desfeita da terra se esta é patriótica e leva o marchamo do seu partido.

    Certamente, en Adega teñen un careto de formigón. Manda truco que esta grei poña a parir a GNSV, precisamente agora que o seu goberno cae polo propio peso.

    Terra Viva
    Vida Digna
    e a ser posible Sen Goberno

  2. Nunca pensei que o ódio ao nacionalismo fose deste calibre por parte da gente de Fusquenlla, ou de alguém que se esconde baixo o nome desse colectivo. Dizer que ADEGA nom é umha organizaçom ecologista ou que está ao serviço do poder, ou do poder do anterior governo, só descalifica ao quem o di. Que ADEGA marchou da Rede “Galiza Non Se Vende” ?, mais bem escapou, para salvar-se dumha posível “esquizofrenia social”. Desde dentro da Rede, houvo muitas pessoas, representantes de organizaçons, que nom escatimárom recursos, para intentar que isto fose assím. Realmente para muitos ADEGA sobrava na Rede, sem dar-se conta que se faltava ADEGA, faltava umha parte moi importante do ecologismo galego. Se olhamos para o trabalho desenvolvido por ADEGA, perante estes anos, vemos que nom é certo isso de que ADEGA traga coa desfeita da Terra. Só umha “mente retorcida” pode afirmar isso. Saúde e Liberdade !!

    Inácio

  3. Españolistas!!! GZNSV Españolistas!!!!

    E segundo despide Inacio, “Saúde e Liberdade”, usando o segundo termo, me permito pensar e actuar conforme ao que penso e pensando nos demáis. Hai outros que actuan como os demáis e pensan como lles din, e dende 2005 foron maioría en diversas asociacións.

    Polo demáis, xa que no comentario de Fusquenlla se estabelece unha mínima argumentación a favor do aserto, a tese de Inácio precisa aínda dunhas probas para afirmar o contrario. Por exemplo, as afirmacións baseadas no ataque cara a persoa e as xustificacións recursivas sobraban:

    “Dizer que ADEGA (….) está ao serviço do poder (….) só descalifica ao quem o di.” ->Ad Hominem nin sequera xustificado.

    “Que ADEGA marchou da Rede “Galiza Non Se Vende” ?, mais bem escapou, para salvar-se dumha posível “esquizofrenia social” “. ->

    ¿Podes definir esquizofrenia social? Non teño a bagaxe política do eufemismo.

    Por outra banda, recalcar que o comentario surxe en resposta a ADEGA polo ataque a GZNSV. ¿Non é curioso que unha organización que di ser politicamente independente xuzgue politicamente a outra organización despois dun resultado electoral, acusándoa á súa vez e falazmente de estar a segunda ao servizo do PP? ¿Quen falou de política primeiro?

  4. Por certo, mira qué cousas de ecoloxista atopas en http://www.adega.info
    sobre a entrada dos parques eólicos en Rede Natura:

    “Por outra banda, queremos expresar a nosa coincidencia coas declaracións do Conselleiro de Industria, no senso de que a Rede Natura non pode ser un “cemiterio” non que “non se poida facer nada”. Efectivamente, ADEGA entende a Rede Natura como un motor de desenvolvemento e xeración de oportunidades de emprego en diversos sectores compatíbeis, entre outros o turismo, área da que por certo tamén é responsábel o Sr. Blanco.”

  5. Ah, non me percataba;

    que ADEGA está ao servizo (non sempre, iso si, porque hai que ter un mínimo de imaxe) de certo Partido ou de certa tendencia política veu rebatido por Inácio falando de odio ao nacionalismo. En fin, el mesmo o dixo. Sinto as dúas mensaxes anteriores por innecesarias.

  6. Parece claro que nós, GNSV, deberiamos dedicar o noso tempo e enerxías a outras cousas máis importantes, e non a estas lideiras parvas. (Adega tamén, claro, que boa falta lle fai; pero, como é sabido, sempre fala antes o que máis ten que calar)

    Tras a última chegada de chapapote ás nosas costas, todo parece indicar que se nos ven enriba un montón de traballo. E non nos sobran as mans.

    Eu propoño que morra o conto. Se alguén sofre de terribles picores e quere rascarse contra a parede do veciño, alá el. Nós, GNSV, debemos seguir estando un pouquiño máis arriba, fora do ruído partidista que tantos escozores produce.

    Un moi querido compañeiro e amigo meu, escribía onte sobre este tema unhas verbas que, como non sabería eu dicilas mellor, limítome a copialas:

    “Nós, GNSV, deveriamos atender ao nosso e seguir sendo @s altofalantes da destruiçom da nossa Terra, e nom cairmo-nos na tentaçom de acusar, desmentir, ou entrar no terreo estéril do “nós somos melhores e vós piores”. Devemos seguir a mesma linha de fundo (Governe quem governe, Galiza nom se vende) e seguir com coerência a linha destes anos. É esse o nosso aval e também a melhor carta de apresentaçom”.

    Pois iso: moita calma, moita fe, moito ánimo e moita forza. Porque a loita non fixo máis que comenzar.

    GOBERNE QUEN GOBERNE
    GALIZA NON SE VENDE

  7. Estimado “Un Lector” ou “Fusquenlla, passo a relacionar um lote de actividades de ADEGA na Defensa da Terra na Comarca de Trasancos, entre Assembleias Comarcais, som feitos nom só palavras:

    2007

    * Participación en la Plataforma del Transporte Sustentable. Ferrol 2007
    * Participación na Plataforma Artabra 21.
    * Constitución e integración na plataforma “Comunidade Menáncaro” 2007
    * Participación en los diversos foros da Axenda 21 local .2007 e de Participación Cidadá.
    * Integración no Consello de Medioambiente. Concello de Ferrol
    * Actividades reivindicativas contra a Planta de Gas de Mugardos, dentro da Asamblea Cidadán.
    * Radio Filispin: Programa “O Souto” de Adega-Trasancos. Presentado e editado por Nés López. Temporada 2007
    * -Reunions e solicitudes á Xunta de Galicia para a protección da Fraga de Menáncaro. (proxexto parado)
    * -Denuncia do proxecto de realización de un campo de golf na zona de Covas, afectando ao LIC “Costa Ártabra”.(proxecto parado)
    * Defensa e actuacions de defensa Parcelaria Covas.
    * Roteiro pola fraga do rio Eume. Marzo 2007
    * Denuncia irregularidades urbanización A Saiña en Valdoviño, e desmonte en zona LIC de Valdoviño. Febreiro 2007
    * Reportaxe-entrevista a Suso L Piñeiro ó presidente de Adega-Trasancos en La Voz de Galicia. Feb.2007
    * Declaración no Dia Mundial dos Humedais. Solicitude protección Humedal de Mandiá. Febrero 2007.
    * Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Fene. Febreiro 2007. Circulo Mercantil. Intervinieron Suso López,, Suso Oca de Adega
    * e Adega Figueroa por parte de Adega
    * Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Mugardos. Marzo 2007. Intervinieron Suso López,, Suso Oca de Adega e Adela Figueroa por parte de Adega
    * Mesa Redonda: O Cambio Climático e medios de comunicación.. Galería Sargadelos. Organización: Fuco Buzán. Interviño Antonio Gª. Febreiro 2007.
    * Mesa Redonda: Pontedeume. Marzo 2007: Medio ambiente e os dereitos das persoas. Organizou Ateneo eumés. Interviño: Nés López. Secretario Adega
    * Xornada de Limpeza de Litoral: 24-marzo.2007. Doniños. Organizou S. Foundation. Colabora ADEGA
    * Mesa Redonda : Piscifactorías: Ventaxas e Inconvintes. Marzo 2007. Galería Sargadelos. Organizou ADEGA, participación de Humberto Fidalgo e Elena Carquijero.
    * Mesa Redonda : Piscifactorías. A Coruña. Maio. 2007 : participación de Humberto Fidalgo.
    * Publicación en la revista CERNA (Revista Galega de Ecoloxía e Meio Ambente), varios traballos en el año 2007-8 sobre temas medioambientales de la zona, planta de gas, Valdoviño,etc, : Humberto Fidalgo, Carlos Outeiro..:
    * Denuncias irregularidades obras de planta de gas Mugardos. Marzo.2007-8 Humberto. Varios medios de comunicación. Roldas prensa 2007 e 2008
    * -Exposición sobre Medio-Ambiente promovida por ADEGA. Obras de Xaquin Marín. Casa da Cultura Fene 2007
    * Día Forestal Mundial. Organizou ADEGA plantación de árbores na ribeira do rio Cádavo, Fene. 22.3.2007.Coordenan: Anton Muñiz e Icia Outeiro…
    * Charla-Coloquio: “Medioambiente e 3ª idade”. Maruxa Espìño. 30.3.2007. Caranza-Ferrol
    * Denuncia construcción ilegal en Valdoviño. Carlos Outeiro. Feita denuncia e demolición ulterior da mesma trala denuncia. Marzo.2007
    * Colaboración na Paralización do Proxecto de Urbanización na Fraga de Menáncaro. 2007. Nota de prensa , roda de prensa e participación no pleno do concello de Ferrol, na “Irregular” aprobación por parte Concello de Ferrol do Plano de Sectorización de Menáncaro. Abril. 2007.
    * Reunions ulteriores có Presidencia de Goberno en Compostela e nota de prensa. Paralisación definitiva. Nov 2008
    * Denuncia construcción irregular no DPMT na Frouxiera, Valdoviño. 2007 Notas de prensa, denuncia á administracions, etc. Carlos. 2007
    * Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Caranza. Xullo 2007 Coordina Suso Oca
    * Problemática actual da ría de Ferrol. Xuxo Piñeiro. Publicación en “Ferrol Hoy”. Marzo. 2007.
    * Día da bicicleta. Tema “Ferrol patrimonio da Humanidade”. Organiza Concello e RadioVoz. Colabora, entre outras entidades: ADEGA-Trasancos. 29.4.2007
    * Colaboración tarefas vixiancias de montes cara o Lume dentro do plan “Defensa do Monte Galego”. Ano 2007. Coordenación : Suso Oca
    * Reunións varias da Comunidade Menáncaro representando a ADEGA, Abril-marzo 2007
    * Idem: Plataforma Artabra 21; Plataforma para a Defensa de Brion e Leixa e Plataforma polo Transporte Sostibel.
    * Publicación: Los vertido ilegales en la comarca. Diario de Ferrol. Suplemento dominicial: Nordesía. mayo 2007. Carlos
    * Publicación “Paisaxes con encanto. “. Diario de Ferrol. Suplemento Nordesía. Xuño. 17.6.2007. Coa participación do Presidente de Adega-Trasancos.
    * Asesoramento a diversos partidos políticos antes das eleccions locais 2007 sobre o plantexamento medioambiental de Adega e propostas de mellora. Febreiro-Maio.2007
    * Roteiro á Illas Cíes (en rlon coa Assemblea ADEGA-nacional). Abril, 2007
    * Manifestación Santiago 6.5.2007 “Rede Litoral Vivo” “Pola Defensa do Territorio. Rolda de prensa previa 4.5 (Ateneo)
    * Bloqueo entrada do gaseiro “Galicia Spirit” na entrada ria Ferrol Concentracións ,, declaracions en medios, roldas de prensa 8-11.maio
    * Manifestacions, movilización, caceroladas,etc, contra la planta de gas e entrada gasieros na ria de Ferrol 12.5.2007- nov 2008
    * Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. E Voluntariado do Lume. Neda. Xuño. Intervinieron Suso López,, Suso Oca , Carlos Outeiro . La Voz de Galicia 22.6.2008
    * Dia Mundial do Medio Ambiente : Charla en Biblioteca Pontedeume: O Cambio Climático. Antonio Gª. 13.6.2007
    * Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Urbanismo e Medio ambiente. E Voluntariado do Lume. Valdoviño. Agosto.2007. Intervinieron Suso López, Suso Oca, Carlos Outeiro
    * Mesa Redonda: Voluntariado do Lume. Neda. Setembro.2007. Intervinieron Suso Oca ,
    * Nota de prensa: Solicitude inclusión de Monteventoso e Prioriño no convenio Defensa. Rede Natura. Diario Ferrol 7.9.2007
    * Propostas ante a Xunta de Galiza, da inclusión de novos Espazos para Rede Natura. Actuación conxunta coa SGHN e Verdegaia. Setembro 2007. Noticias nos medios. Diario Ferrol e La Voz de Galicia. 29.8.2007
    * Nota de prensa: Dilixencias do TSXG contra Cuiña por verquidos ilegais en S. Sadurniño. Diario Ferrol 7.8.2007
    * Participación na actividade “Limpeza de fondos mariños”. Mugardos . Setembro. 2007
    * Participación nos XVIII encontros pedagóxicos de Ferrolterra. “A sostenibilidade da natureza : un futuro que educar”. Ferrol .Setembro. 2007
    * Manifestación “Planta de Gas Fora da Ria”. Ferrol 30.9.2007. Diario de Ferrol 1.10.2007
    * Denuncia do “recheo” da mina de As Pontes con auga do Eume para facer unha lagoa artificial. Setembro-Outubro. 2007
    * Denuncias e notas de prensa da afectación das obras do gaseoducto, as Fragas do Eume. Outubro.2007. La Voz de Galicia. 12.10.2007
    * Programa de Compostaxe caseiro en Ferrol, Valdoviño e S. Sadurniño. Diario Ferrol 12.9.2007. Varias reportaxes e novas na prensa 2008 (actividade levada dende ADEGA nacional: Desirée, .etc
    * Denuncias das actuacions con maquinaria pesada nos vieiros do rio Belelle. Outubro 2007.
    * Denuncia e solicitude ó concello de Ferrol, de que se incorporen e protexan zonas de Defensa incluidas na Rede Natura 2000. Notas de prensa. Diario de Ferrol e La Voz de Galicia. 20.9.2007 Setembro 2007. Carlos
    * Denuncia ante a fiscalía e nota de prensa de posible trato de favor irregular por parte da Xunta de Galiza áos propietarios de Reganosa. Humberto Fidalgo. Outubro.2007
    * Apoio á veciñanza de Mugardos pechada no concello de Mugardos en protesta pola planta de gas de Ferrol , colaboración nas actividades, participación peche, etc.
    * Marcha Ferrol-Mugardo de apoio á veciñanza de Mugardos pechada o concello. Diario de Ferrol 8.10.2007
    * Denuncia e colaboración na paralización do proxecto de campo de golf en Covas. Setembro 2007
    * Participación nos encontros Eco-Pedagóxicos. Ferrol. Setembro 2007. Concha Borrerias, Antonio Gª.
    * Denuncia contra o recheo do porto de Cedeira (21.10.2007)
    * Denuncia e nota de prensa: Urbanización “irregular” en Ortigueira. 23 Outubro 2007 , Noticias na prensa
    * Participación nas mesas de estudo e seguimento dos Biocombustibles. Conchi Borreiras e Nés. Ferrol setembro-outubro 2007
    * Participación no foro “Enerxía e Sostibilidade”. Universidade de Coruña-Campus . Outrubro 2007
    * -Protestas ante o xuntanza Foro Gasista Mundial. Planta de Gas Reganosa. 18.10.2008(Diario Ferrol 18.10.2007)
    * Nota de prensa apoio á instalación da SGHN no novo local de Ferrrol. Casa do Coronel. 24.10.2007
    * Denuncia Verquidos no Rio do Tronco (Narón): Diario de Ferrol 3.11.2007.
    * Artigo no Diario de Ferrol. Suplemento Nordesía: “Ríos de Ferrol. A visión ecoloxistas” 4.11.2007. Coa participación do Secretario de Adega-Trasancos.
    * Manifestación Nacional en Corrubedo contra o Plano de Acuicultura. Gran exito de asistencia e repercusión nos medios.
    * -Denuncia de afectación do rio Eume polo gaseoducto dende a planta de gas. Diario de Ferrol. 12.10.2007
    * Denuncia “tala ilegal” en Rede Natura en Valdoviño. 5.11.2007 en conxunto con outros colectivos.
    * Denuncia ante a Fiscalía de “pelotazo” cós terreos da actual Reganosa. Nov 2007.
    * Denuncia verquidos ilegais de Rico S,.A. en Cabanas. (Diario Ferol 15.11.2008) Paralisado.
    * Denuncia “tala ilegal” na “Frouxeira”. Valdoviño. Diario Ferrol 6.11.2007

    2008

    * Denuncia diante da Conselleria de Medio Ambiente dos danos na zona dunar de “A Frouxeira” (Valdoviño) . Diario Ferrol 16.1.2008
    * Monografia “Ferrolterra Protexida”. Nordesía. Diario de Ferrol. 17.2.2008. (Coa participación do Secretario de Adega-Trasancos)
    * Programa de Compostaxe caseiro. Ferrol. Diario de Ferrol 11.2.2008
    * Alegacions ó “Plan Enerxético Galego”. Diario de Ferrol: 22.1.2008
    * Constitucion e participación de marchas ciclistas “Masa Crítica”. Diario de Ferrol 29.1.2008
    * Denuncia da prórroga de concesions ilegalis na costa. Diario de Ferrol. 15.2.2008
    * Participación na manifestacion “Galiza non se vende”. Compostela. Febreiro. 2008 (La Voz de Galicia 18.2.2008. Rolda de prensa previa. Diario de Ferrol 13.2.2008
    * Contaminación na Costa Galega. Entrevista ó Secretario Executivo de Adega. “La Voz de Galicia” 29.1.2008
    * Protesta e alegacions ó enlace da AP-9 por Neda. Feb.2008 (La Voz de Galicia 20.2.2008
    * Denuncia polo recheo da lagoa da mina das Pontes. Feb. 2008 . Diario de Ferrol. 21.2.2008. La Voz de Galicia 19.2.2008
    * Mesa Redonda: As Rias Galegas: Riqueza a Defender. Xaneiro 2008. Ferrol
    * Marchas ciclistas: Masa critica. 2007/2008
    * Denuncia retraso colector depuradora Ferrol. Marzo. 2008
    * Denuncia irregularidades limpeza nas praias de Fene. 2008. Diario Ferrol 13.3.2008
    * Exposición “Art Natura”. Fene. Febreiro-Marzo 2008
    * Encontro cós Pintores. Art Natura. Fene, 12.Marzo. 2008 . diario Ferrol 13.3.2008
    * Encontro cos Fotográfos. Art Natura. Fene. 13. Marzo. 2008
    * Encontro cos Escritores. Art Natura. Fene. 14.Marzo.2008
    * Dia da Arbore. 2008. Plantacion de varias arbores en Fene. Marzo.2008
    * Roteiro nocturno polo Rio Belelle. Marzo.2008 . La Voz de Galicia. 29.3.2008
    * Participacion en “Caceroladas e Manifestacions” po-las entradas de gaseiros á pranta de gas de Mugardos. Xaneiro-Novembro.2008. Diario Ferrol e La Voz.
    * Denuncia “Irregularidades contables” de Reganosa có Grupo Tojeiro e a Xunta: La Voz de Galicia: 6.3.2008
    * Denuncia o Plano Acuicola. Diario Ferrol 6.3.2008
    * Solicitude á Xunta de Galicia de prohibición de caza de aves agacha e arcea. Diario Ferrol 25.3.3008
    * Monográfico: “A contaminación Invisible”. Diario de Ferrol 30.3.2008. Suplemento Nordesía
    * Denuncia que a lagoa da mina de Endesa en As Pontes, pode incrementar a actividade sísmica. Diario Ferrol 2.4.2008
    * Depuración das Cidades Galegas. Adega. La Voz de Galicia. 7.4.2008
    * Alegacións o Proxecto de AAI de Forestal Atlántico para verquer na Ria de Ferrol. Abril. 2008
    * Xornadas “Agrocombustibles a debate”. Vicerectorado Campus Esteiro. Ferrol 4-11-18-25 Abril. 2008. En colaboracion : ADEGA, SGHN, Verdagia e Xoaniña. Diario Ferrol 29.3.08; 12.4.08 ; La Voz de Galicia 4.4.2008
    * Reunión coa veciñanza Neda. Impacto medioambiental do enlace AP-9 sobre o “Val da Mourela e o Belelle”. Abril. 2008.La Voz 9.4.2008. Reunión có alcalde: 9.5.08
    * Xornada “Limpando as Nosas Rias”. Organizou ASOAR-ARMEGA. Colaborou ADEGA-Trasancos. 3.5.08. Mesa Redonda sobre “Contaminación na Ria”. Coa participacion de ADEGA
    * Apoio á manifestacion prevista 18.5 en defensa da lingua
    * Reunión coa veciñanza de Ferrol-Vello pola contaminación por descargas de clinker e outros graneis. 8.5.08
    * -Actividades en relacion có aniversario chegada 1º gaseiro á pranta de gas. Manifestación 9.5.08
    * Nota de prensa, e cartas Conselleira Vivenda e Alcaldia: Daños polo proxecto polígonos industriais Mandiá e Leixa. La Voz e Diario Ferrol 1.8.20080
    * Traballo de campo, medición pH diferentes partes rio Eume e afluentes. Declaracions na prensa e reportaxes (agosto e setembro 2008): Humberto (La Voz. Diario, Correo Gallego..).
    * Elaboracion cuaderno sobre problematica ambiental ria de Ferrol (Suso)
    * Concentracion contra obra “ilegal” na Saiña(Valdoviño) 9.9.2008 (Diario, La Voz, El Pais)-
    * Presencia no Pleno de Valdoviño pola obra ilegal na Saiña: 15.9.08. Declaracions de Carlos (Diario e La Voz de Galicia: 16.9)
    * Roteiro polas dunas de Corrubedo. Setembro.2008
    * Concetracions-caceroladas entradas buques gaseiros : todo o ano
    * Participacion Mesa Redonda “Puntos negros na comarca”: Fervesteiro: Nés Lopes
    * Consitucion plataforma afectados Polígono Industrial Vilar do Colo. e o seu entorno (integrado por Adega e outros colectivos). La Voz de Galicia e Diario de Ferrol 19.9.2008 (Suso e Xabier)
    * Nota prensa protesta polo inicio da activiadade nas industrias do porto exterior da producción de agrocombustibles a partires de produccións tras deforestacións bosques primarios. La Voz. Setembro.2008
    * Entrevista Fiscal Medioambiente: asunto As Pontes, Eume: 19.9.2008, Humberto
    * Charla-Coloquio: Problematíca do rio Eume e Lago d’As Pontes. Pontedeume. 19.9.2008. Participacion Concha Ferreiro
    * Protesta-paralización circulación camiones ao porto exterior con transporte de clinker e mercadurías perigosas no seu paso por Valón. Setembro.2008 (Serxio, Antonio)
    * Participación na actividade “ A limpar o mundo”. Esmelle. Ferrol 20.9.2008
    * Participación na actividade “Limpeza fondos mariños”. Mugardos. 27.9.2008
    * Actividades da Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar do Colo (Adega entidade do mesmo)(Fene): Actividades varias: roteiro, concentración, denuncias, presenza en plenos. 3.10-2008. La Voz (Suso’s, Xabier, Serxio, Nés,..)
    * Limpeza “Proxecto Rios” 2.10.2008: Rios Baa(Fene) e Belelle(asociación Néboa). Diario Ferrol e La Voz 3.10.2008
    * Participación na xornada de “Limpandos as nosas rías”. Fene 11.10.2008. Mesa Redonda en Fene. Participacion de Suso
    * Participación nas marchas ciclistas Masa Critica y na Masa critica galega. 27.9.2008
    * Denuncia niveles moi elevados metales pesados no Eume. El Pais , La Voz e Diario Ferrol 22.10.2008
    * Participación no Congreso Galego de Medio Ambiente. Coruña 27-31.10.2008
    * Denuncia danos eventuais polo tratamento do embalse do río Eume con carbonato cálcico. La Voz e Diario Ferrol. 2.11.2008
    * Proceso Participacion Cidadá. Concello Ferrol. abril-novembro.2008 Suso e Serxio
    * Monitorización Plan de Compostaxe Casero. 3 ao 10.11.2008. (actividade dende Adega- nacional, Desirée, Martiño,..)Localia. TVG. La voz 3.11.2008
    * Participación nas actividades cientficas do Lobo en Galiza. Coruña. 8.11.2008
    * Denuncia irregularidades contables Reganosa: La Voz de Galicia/Diario Ferrol. 8.11.2008
    * Integración na “Rede do troco”. Outubro.2008
    * Mesa redonda:Movementos asociativos. Esteiro. Novembro 2008. particip Adega Nés López
    * Envio a Fiscalía Medioambiente “Determinacion analitica niveles de metais pesados no Eume” (en colaboracion coa Univ Coruña) Novem.2008
    * Mesa redonda “ A defensa medioambiental: unha visión plural”. 25.11.2008. Participación Adega: Suso Oca, Fins Eixeira, S. L.Piñeiro
    * Intregración de ADEGA no Consello de Medioambiente Concello Ferrol. 27.11.2008
    * Participación nas marchas ciclistas “masa crítica” e no “mercadiño do troco”. Decembro.2008

    2009

    * Convocatoria e participación nas concentracións de apoio ao pobo palestino. Xaneiro 2009
    * Convocatoria e participación nas protestas-concetracions pola entrada “ilegal” de novos gaseiros na ría de Ferrol. Xaneiro 2009
    * Envio de cartas e informes ao Defensor do Pobo e Parlamento Europeo para intentar desestimar ao proxecto polígono industrial en S. Pedro de Leixa (Ferrol), 19.2009

    Saúde e3 Liberdade !!

    Inácio

  8. Inácio, nom nos enchas a página de letras. Na primeira mani contra Raganosa nom havia mais pessoas de Adega que as justas pra termar dumha faixa para estar por nom nom-estar. Na segunda simplesmente decidiu nom estar. A oposiçom de Adega contra Reganosa a partir de 2005 (e antes segundo quem) foi só para a galeria. Nom nos intoxiques, ADEGA fai o que deixa a UPG

  9. Diante das Eleiçons Galegas 2009, que se celebrarom este 1 de Março, as plataformar e colectivos ecologistas Amigos da Terra, CEMMA, FEG, SGHN e ADEGA, consensuarom “Um Programa pola Terra” que engloba umha série de propostas ecologistas para que as diferentes organizacións políticas as integraram na sua acçom de governo ou de oposiçom durante a vindeira legislatura. Estas som propostas para o desenvolvimento de actuaçons políticas sustentáveis.

    Na sua apresentaçom falava-se de que “a Xunta de Galicia tem transferidas e reconhecidas amplas concorrências para contribuir a acadar um futuro sustentável para o nosso país”. De que “a amplitude da crise ambiental global, encabeçada pola cada vez mais perceptível mudança climática e a extenuaçom dos recursos naturais e o incremento das desigualdades sociais, é de tal magnitude que requer umha mudança gradual mais radical nas políticas desenvolvidas por todas as Administraçons e, particularmente, pola Xunta de Galicia”. Di-se no Programa que “o nosso país contribui a esta crise ambiental e é, com uma pegada ecológica muito elevada, um exemplo de insustentabilidade: arestora a populaçom e o tecido socioeconómico galegos precisam dumha superfície do planeta equivalente a cinco “Galizas”.

    As propostas reflectidas no citado Programa tenhem como alicerde três princípios básicos, desenvolvidos no próprio Programa:

    1º O actual modelo económico e social é inxusto e insostible.

    2º É necesario un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas.

    3º Participación e transparencia non poden quedar só en verbas.

    As organizacións ecologistas dim que as propostas que elaborárom a partir dos citados principios que as consideram, no seu conjunto, imprescindíveis para acadar que a Administraçom melhore a qualidade de vida da populaçom e se avanze no caminho da sustentabilidade. Ademais dim que é “umha demanda dum sector crecente da sociedade galega, …” “Estas 12 propostas concretas, .., podem significar um punto de inflexom para emprender o futuro doutro xeito”.

    1. Reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) de forma que en 2012 non superen nun 15% as de 1990.
    2. Decrecer o consumo de enerxía e promover máis as renovables sen destruír o territorio.
    3. Establecer unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas e redacción e aprobación dun Plano Integral de Transportes sustentable.
    4. Aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drasticamente o crecemento urbanístico e defenda a costa.
    5. Defender a soberanía alimentaria e o equilibrio territorial para manter un mundo rural e mariñeiro vivos.
    6. Parar a perda de diversidade biolóxica.
    7. Implantar unha nova cultura da auga.
    8. Pechar a incineradora de SOGAMA no 2017 e promover a redución e a reciclaxe dos residuos urbanos.
    9. Avanzar na democracia participativa.
    10. Fortalecer a cooperación internacional para o desenvolvemento sustentable.
    11. Impulsar a contratación pública verde.
    12. Facer unha reforma verde do sistema fiscal autonómico.

    Doce puntos que estám desenvolvidos no programa que se pode baixar nos Arquivos Ártabros do Colectivo Ártabra 21
    http://inaciogz.googlepages.com/ProgramapolaTERRA09.pdf

    Dentro do punto sete pode-se atopar unha referência clara ao feche de REGANOSA: “… Asemade, é preciso garantir o peche de REGANOSA na ría de Ferrol e poñer fin á actividade industrial de ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra …”

    Ou mesmo a presência de ADEGA no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol desde a sua contituiçom no 2001 até hoje [07.03.2009].

    A presência permanente durante o peche da vizinhança de Meá no Concelho de Mugardos durante 112 días no 2007.

    Artigo de Adela Figueroa:
    http://artabra21.blogspot.com/2007/08/adela-figueroa-ra-e-nosa-e-non-de.html

    Artigos e notícias Anti-REGANOSA na web de ADEGA:
    http://adegaereganosa.blogspot.com/

    Está claro que moit@s activistas e soc@s de ADEGA aguantam dumha grande contradiçom ao militar tanto na UPG como no BNG, sabendo qual é a postura pública destas duas organizaçons com respeito a REGANOSA. Mas segue-se aguantando e nom por isso se rompe o consenso de qual é a postura de ADEGA respeito de REGANOSA. A ampla maioria da gente de ADEGa, consta-me que tenhem critério próprio, indpendentemente da sua militáncia política. Está claro que ADEGA quedou moi deteriorada logo de que um numerosso grupo de ecologistas de grande valia e qualidade deixara a organizaçom, para constituir mais tarde o que hoje é VERDEGAIA. O que queira seguir vendo ADEGA = UPG, pois que siga coa sua teima sectária. Mas as evidências som outras. E ADEGA nom tem que demostrar-lhe a ninguém que é umha organizaçom ecologista que defende dia a dia a Terra como quem mais.

    Saúde e Liberdade !

    Inácio

  10. Inácio Adega debe de ter algún problema cando se adica a descalificar a rede. Por outra parte neste artígo de Adela en Vieiros, non parece que haxa ningunha autocrita. ¿Ou é que o bipartito non fixo nada mal en canto ó territorio? ¿ Entón porque surxe GNV?
    Un saudo

    Que vai acontecer agora?
    12:04 03/03/2009
    Temos diante de nós un novo panorama político. Volta o PP a governar a esta sofrida e formosa Terra. Volta porque foi votado pola maioria da população de Galiza. Com uma diferença de dois escanos , com relação ás anteriores eleições e com um número de votos não mui superior a aquelas, estes resultados implicam uma mudança radical de Governo na Galiza.

    Diante deste feito muitas perguntas ficam no ar:

    Que vai passar côa Lei de Proteção do Litoral? Com a proteção dos 500 metros da linha de costa?. Que vai passar com o recentemente aprovado Plano de Resíduos que prevê uma descentralização dos pontos de tratamento e a diversificação no mesmo, incluído a com postagem e a separação do lixo como princípio básico. Vamos retornar á incineração como impôs, no seu momento, o Governo Fraga com a criação de SOGAMA?. A Central incineradora para toda a Galiza.

    Que vai passar com o meio Rural, a peça mais mimada do Governo que nos deixa? . Lembramos que, durante os 16 anos de Governo do PP, o agro galego esvaziou-se de gente e encheu-se de eucaliptos. Desorganizou-se como nunca antes na historia deste Pais, plantaram-se veigas e prados com árvores de curto rendimento e abandoaram-se as práticas tradicionais de cultivo que mantiveram um agro tão rico tantos e tantos anos. Preparando-o , desta maneira para arder….

    Por isso agora, preocupada pergunto-me que vai passar com o nosso rural. Vai-se retomar as velhas políticas de destruição da produção agrícola ou, póla contra , este governo traz alguma alternativa de futuro para o nosso empobrecido e desvalorizado agro? . Que se vai fazer com as UXFOR(Unidades de Xestión Forestal)? Que vai passar com o banco de terras? (Feijoo anunciara, há já tempo que pensava eliminá-lo). Que tipo de política agrária van pór em prática. Preocuparam-se por revitalizar o rural, ou deixaram-no esmorecer pola sua conta?

    Em quanto as políticas energéticas , outro temor me assalta: Que vai passar com o Plano Eólico? Respeitara-se o resultado das adjudicações junto com o compromisso das industrias de deixar uma parte dos seus beneficios para a Xunta de Galiza, ou repetira-se o velho modelo em que as empresas podam se instalarem ca sem deixar nada a cambio, e sem qualquer respeito pólo ambiente, como o caso da Serra Do Xistral (p.ex.). Que vai passar com o conjunto de concessões para centrais elétricas destinadas á Ribeira Sacra? Feijoo terá inconveniente que á sua Terra (Os Peares) continue a esmorecer contemplando a morte do rio por esganamento e a da População por simples lei de vida?

    Que vai passar com a vivenda? Continuara-se com as vivendas sociais de proteção oficial? Com a recuperação dos cascos históricos? Com a norma do Habitat que garante a saúde e a habitabilidade dos nossos lares?. Com o concepto de vivenda sustentável que estaba s a ser implementado póla Conselharia do BNG?

    Que passara com o servizo Galego de Benestar?

    Pelo que respeita ao concepto de Galiza como País, deixarám que as vias de comunicação cheguem tarde e mal, como véu acontecendo até agora?. Esqueceram-se agora do tren de cercanias e de proximidade que defenderam no Concelho de Lugo ?. Recuperarão as vias de comunicação entre Lugo- Barcelona e Madrid completamente eletrificadas? . A linha Lugo Ourense que está prevista para ser de via simples, reclamarão que seja de dupla via eletrificada? Que vai passar com Lugo e o seu crônico isolamento por comboio? Reclamarão uma via férrea com Santiago de Compostela e mais com a Marinha para romper esse fatal circulo viçoso da pobreza e do isolamento que vai caracterizando a Lugo?

    Que vai passar com a música, com a fala, com a cultura e o arte em geral? Qual a estética em que nos vamos ver refletidos como povo e que será a expressão da ética política e social que o novo Governo defende? As lembranças, ainda na memória recente destas expressões culturais na época anterior do PP faz-me arrepiar .

    Poderão os pais que assim o quiserem educarem aos seus filhos em Galego? (empresa , ainda hoje impossível )

    Tenho todas essas perguntas,e ainda mais , porque na campanha eleitoral escutei mais acerca da suja vida política de Madrid que dos nossos problemas. A lama tapou a iniciativa daqueles que pretenderam mostrar ao público logros, propostas ou projetos. Ficou bem palpável a capacidade da direita para construir insidias e miseráveis argumentos que acabam por formular a reflexão tão “manida” de que “todos são iguais”. Nesse barulho mediático ficou oculto que o modelo neoliberal tinha estourado produzindo esta grande e grave crise em que estamos mergulhadas e que esse é , precisamente, o modelo que sempre tem defendido o PP porque forma a sua ideologia .

    Por isso deixo ir no ar todas estas reflexões, mais que dúvidas , expressão da minha fonda preocupação pólo futuro mais imediato da Galiza, o meu País.

  11. Pensei que estabamos a remar xuntos contra as desfeitas medioambientais,pero pareceme que tanto uns coma outros tedes todos ubicación política.E non é malo é politicamente correcto,sempre que prime a vida e o ecosistema sobre a cor política.
    Espero tanto uns coma os outros recapacitedes as vosas palbras.
    Desligitimizades unha loita legal.

  12. !Menos mal que vos dechedes de conta agora!.
    Eu deime de conta na primeira roda de prensa co motivo da I.L.P contra o Plan Acuicola.
    Deime de conta de duas cousas fundamentais:

    1ª que ADEGA defendia a Acuicultura industrial (http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idEdicion=1026&idNoticia=349732), sempre e cando cumplise a lei (¿qué lei? a que os politicos fan a súa convenencia)

    2ª Qué Fins, Manoel e Martiño sabiano todo, e a cambio do seu apoio nos tiñamos que ENTREGAR AS NOSA TERRAS (quixeron meter na mesma I.L.P o dos 500 mtrs de por vida)

    Nos non tragamos, e en reunions posteriores varios colectivos mais TAMPOUCO.

    Pareceme mal proceder que ADEGA non nos felicite por evitar, tras gañar o PP, que as piscifactorias de Merexo, Camelle e Seiruga non van avante.
    Parecem mal tamén que por cuestions persoais conmigo, ADEGA non movese palla por Seiruga. Tanto polo tema da piscifactoría como co da extracción d´area da mesma praia.
    Non vos honra nada esta actitude. Nos non vivimos coma vos da “ecoloxia”. Nos fixemos, si cabe , maior esforzo ca VOS. Deixamos o noso traballo sen atender, movilizamonos case a diario, puxemos a cara a piques de levar ostias, puxemos cartos dos nosos bolsillos, acudimos a avogados, etc…
    Agora vindesnos criticando. !Vaia por Dios!, ¿VOS?.
    Vos ,que tendes un soldo pra defender estas barbaries.¿Non é o voso traballo?, ¿non tiñades, vos, que poñervos en contacto conmigo?

    Non seria mellor que nos derades os parabens e dixerades, !vamos a seguir loitando contra estas desfeitas!. Non, tiñades que morrer matando. Estou de acordo con GNSV, por unha vez, en que estades “politizados”. Xa dende Santiago non vos tiña estima polo vosa actitude , agora os feitos danme a razón.
    DIMITIDE VOS TAMÉN.

  13. Precisamente, susete70, evidencias aparte, a propia diversidade de GZSNV creo que garante unha pluralidade de demandas sen posicionamentos partidistas, por pura estatística.

    Así que non cómpre ningunha recapacitación por esta beira da discusión.

  14. Alexandre veseche ben de que pé coxeas.
    Eu vivo no litoral, coma algun mais.
    Non sei donde vives ti, pero seguro que se che quixera quitar as tuas propiedades ,pra uso e disfrutre de todo quisque, igual non habias ficar contento. Igual tiñas mais pena da que tes por perder o BNG.
    Se o pobo, entre eles eu , votou PP , que goberne PP. Pra desgobernos xa chegou co carallo do BIPARTIDO. E dicho un ex votante do BNG , pro non co coco lavado.

  15. Tanto me dades os acomplexados vantaxistas do PP como os neotrepas da cultura. Por min podedes votar a Fuerza Nueva…

    Goberne que goberne!
    Adiante, irmaos de GNSV, contra a bicha que nos come!

  16. Inácio, se ver ADEGA igual a UPG é sectário eu som bem sectário, mas nom cego
    Alfonsinho, divias ficar caladinho, se tedes boas relaçons com o PP e já nom aparecestes na última mani de GNSV, devias calar a boca e nom emporcar este foro, senhor afectado que se mobilizou polo seu interesse pessoal, egoista e depredador, que lhe importa um caralho o médio e que só lhe importa o seu cú.
    Nem ADEGA nem ninguëm tem a obriga de moverse polo teu interesse pessoal, que é o que ti defendes. E o pior de ADEGA dá-che a tí mil voltas em compromisso e entrega, cobre ou nom cobre. E o mesmo para tí Castanheta, carne do voto de cacique. Os vossos interesses e a defensa do médio ambiente nom tenhem nada a ver, farsantes.
    Seiruga limpa? Seiruga chea das merdas que construides vós a volta dela!

  17. Claro que si, Hermerico. Sólo a nosa Plataforma ficou na casa. ¿Verdade?.

    Hai mais asociacions ecolóxicas que ADEGA. Gracias a Deus. Algunhas si que se procuparón e incluso nos pasarón información, PX e Verdegaia.O PX chegou a denunciar os casos da Costa da Morte en Bruselas.

    Ti ,tuteote porque non mereces outra cousa , me parece que de ecolóxia entendes mui pouco. Mellor dito nada de nada. ¿Sabes donde fica Seiruga?, ¿acaso a praia é miña?, ¿e o Xuncal?, ¿e a praia de Beo?, ¿e o Castro de Entretorres?.
    Evidentemente claro que teño un interes persoal , ¿como non o vou a ter?, !eu vivo ahi!. E non vivo sólo, hai mais xente.
    E seguirei movendome, non che quepa duda.Do meu xa eu dou conta. Non vou traicioar o esforzo dos meus pais. Ti o mellor nin coñeces o teu.
    Inda que eu tivese discusions con ADEGA, ¿teñen acaso os meus veciños que pagar por min?. ¿Non pode ADEGA , suvencionada en parte cos nosos impostos, defender a causa?.

    Unha cousa mais, o único que emporca este foro son as tuas verbas. Non te excites tanto. Xa sei de que careces. De educación.

  18. Ves o que falaba Hermerico,estas a facer disto merda.O que ti defendas o estas a desprestixar,pois os que de verdade coñecemos a Seiruga sabemos ven da loita deles.

    E VOTASEN O QUE VOTASEN E COUSA DELES.
    ¿A quen querias ti que votasen???
    ¡RESPETA!

    HERMERICO SE AGACHAS E TE VES CATRO HUEVOS NON É QUE SEXAS COJONUDO,E QUE ALGUEN CHE ESTA DANDO POR CULO.

    …ALGUN DEUSE CONTA A TEMPO

  19. Hermerico , pareceme que debes ter algun problema de tipo psiquiatrico. Non sei se te escapaches dalgun centro ou se ainda estas nel , o mellor escribes dende ahi.
    Eu votolle a quen me da a gaña , e o meu dereito. Pareceme que o unico dictador e que emporcalla este foro es ti.
    Non quixera chegar aa palabras de susete70, que te describiu exactamente.
    Pedirialle o administrador da paxina que moderase comentarios coma o teu.
    Xenio temolo todos, e postos a largar non vexas a que podemos armar. E moi sinselo largar por esa boquiña insultos.
    Xente coma ti é a que nos fai andar pra atrais.
    Non sei porque carallo te tes que dirigir a min, eu diriginme a Alexandre.
    ¿Acaso sodes a mesma persoa?, ¿que escribes con varios seudónimos?.
    Mala educación e a boca chea de merda, tanta non che colle dentro xa. Por iso che sae cada ves que a abres.

  20. Os pepeiros tampouco tedes nada que facer neste foro. Vir a quí con alardeando de votar ao caciques… manda carallo. O moderador deste foro debería quitar as vosas provocacións. Cando a xente de GNSV berra que todos os partidos son iguais ao PP non quere dicir que o PP sexa igual ca o resto. O PP é a grande mafia e todos o sabemos. O problema para nós é cando se lle fai o xogo a esa mafia, por parte de quen sexa: ADEGA, BNG, PSOE, castañeta, susete ou cristo bendito.

    O povo unido funciona sen vós.

  21. milio ,nos tamén formamos parte do povo, queiras ti ou non.
    Ti parece que non.Formas parte da mafia, intentas impoñerte.Propio dunha politica nazionalista, a collons porque o dis ti.
    A que povo unido te refires,¿os que teñen a mesma ideoloxia que ti?.
    Respeta a opinión dos demais, son tan boas coma a tua.Esta web e pública, sempre o foi.
    Se nón estas conforme , escribete un diario e de ves en cando repasao, pra estar de acordo contigo mesmo.

  22. Menudo mitin, alexandre. Qué ben aprendido tes o panfleto eleitoral. E dis que non eres do BNG? Non te chamarás Adela? que na rede todolos gatos non son pardos….
    Mira, con todo aínda que se extravíen algúns deses grandes proxectos do goberno saínte, algúns non imos botalos en falta, empezando polo plan eólico (se nota que non son Jacinto Rey?)e seguindo polo insustentable plan sectorial de vivenda (non hai mais horizonte que o ladrillo para esta terra?).
    A risco de tocarte na fibra sensible direiche que aínda que non tiveron ocasión de demostralo, non creo que as UXFOR nin o banco de terra, nin catro subvención que se daban á plantación de autóctonas, foran a salvar este desmantelado medio rural que sigue sen dispoñer de servicios mínimos (por qué fernandito blanco on se adicaría a negociar cos seus ex xefes de telefónica un auténtico adsl para o rural?). Detrás deses proxectos estrela cara a galería, non había a menos intención de cambiar a paisaxe rural Por iso seguiron (si, home,si) animando á xente a plantar eucalipto para protexer os intereses da empresa promotora desta espacie, ENCE, cousa que ninguén ignora, ti tampouco.
    Respecto ao plan acuícola non teño que falar nada, non si? E o plan de residuos: E todo ao que podemos aspirar nesta materia?
    Que lle vou facer, son así de esixente
    E vouno seguir sendo, que non teño mais que a hipoteca da miña casa por pagar.

  23. estase a falar por falr. Eu pediría un pouco de moderación.
    O que escribíu Alexandre é unha entrevista a Adela Figueroa en Vieiros. Non quere iso dicir que “comulgue” con ela. Eu polo menos non o entendo así. A opinión de Alexandre remata en Que vai acontecer agora?

  24. Desculpame Alexandre. Entendin que eran tuas .

  25. Advírtase o interés suscitado e o desfogue dos bodegueiros que creo atribuir ao feito de que eles non son capaces de dar cabida nos seus medios de información á discrepancia. Enténdese a súa amargura porque nestes anos monopolizaron o movemento ecoloxista e o puxeron ao servizo de organizacións políticas nacionalistas -que é como o localismo, pero ao besta-.
    É comprensíbel esa rabia pola incapacidade de movilización dunha organización mercenaria, xerárquica e anquilosada no ambientalismo.
    Todos lembramos as súas reticencias a participar, desde un principio, nas movilizacións de GNSV, pero foron os primeiros en saír na prensa para aproveitarse do enorme eco social acadado. É a práctica habitual desta organización. Non falo dos seus membros, simpatizantes ou cotizantes, falo dos seus responsables e da súa estructura xerárquica e piramidal.
    En GNSV nin hai responsables nin hai cotizantes, pero movemos o país.

  26. Peguei o artígo de Adela para amosar a falla de critica o bipartito Bng-Psoe por parte de Adega. E pareceme significativo que Adega critique a GNV, cando esta nace para defender a terra, goberne quen goberne.

    Saudos

  27. “En GNSV nin hai responsables nin hai cotizantes, pero movemos o país”

    Que non hai responsábeis, fica ben claro. Pero que vos movedes polo país…
    -A Plataforma de Seiruga, incluida na RGNSV fixo campaña polo PP, ao igual que a de Merexo. Se ben esta última tiña reivindicacións ambientalistas, a primeira só quería especular coas terras para pegar pelotazos urbanísticos (preguntádelles que pensan da moratoria dos 500 m).
    -O Comité en Defensa das Rías Altas (isto é: Brasilia, marido e filla) chegou a espetar nunha xuntanza con Costas a devolución de competencias ambientais de Galiza ao estado. E faltoulle tempo para facerlle o pasillo a Feijuey durante a campaña.
    -A Plataforma contra a Variante Interior de Noia pide a volta da macroponte sobre a ría, proxecto que por certo, aprobara Feijuey cando dirixía a COTOP e que custou moito tumbar.
    Mirade a quen tedes ao voso carón. Pero se son os de “O meu cacho de Galiza Non Se Vende…barato”, e tamén os da “Non Na Miña Leiriña”, e aínda faltan os de “Contra Fraga, vivíamos millor”.

    Menuda tropa chachos.
    Ala, a tocarlle a gaita a Feijuey

  28. Desculpas, Alexandre, malinterpretei a cita como si fosen palabras tuas, pero xa me soaba a min coñecido:ata pensei que eras Adela con novo alcume. En fin, sirva o meu anterior comentario para respostarlle a ela. Un saúdo

  29. Soamente a unha persoa moi retorcida se lle pode ocurrir semejante parvada:

    “A Plataforma de Seiruga, incluida na RGNSV fixo campaña polo PP, ao igual que a de Merexo. Se ben esta última tiña reivindicacións ambientalistas, a primeira só quería especular coas terras”.

    Quen di esto coñece nada Seiruga.Quen di esto seguramente non coñece nin a seu pai.
    E mais, os de Merexo eran todos propietarios das terras que defendian.
    En Camelle ,igual.
    En Quilmas ,igual.
    En laxe Brava, igual.
    En Arou , igual.

    En Seiruga non habia nin un propietario que estivese na plataforma. ¿Qué defendian entón?. Eu sempre lle oin decir as praias de Seiruga e Beo, a contaminacion da zona, o Xuncal, o Castro de Entretorres , etc…

    Galica xa se vendeu, non sei se ti coñeces a esta xente da Seirugalimpa. Eu si. E pareceme unha baixeza que andes a darlle o pico amparandote nun anónimato.
    O dito, esforzate en buscar a teu pai.

  30. magoa ver todo isto. o ecoloxismo e a esquerda didvididos deste xeito. xa tivemos catarse dabondo: creo que vai sendo hora de ir calando e construíndo,non estamos tan afastados uns dos outros. o dia 15 todos votamos en liberdade e en conciencia e nos catro anos anteriores tamén obramos así. todos sabemos que ninguén gañou nada, uns perderon mais que outros. pero as derrotas teñen unha vantaxe que non teñen as victorias: son instructivas, para quen sabe aprender delas e non persiste en defender os erros. queda moito por facer e, desgraciadamente, moita galiza posta á venda. Saude a todos.

  31. Non cabe falar de política, pero respostar ás provocacións dos adegueiros é de comprida necesidade.

    Que haxa particulares que voten aqueloutro partido na organización criticada non é unha novidade, porque por pura estatística así son as evidencias da probabilidade. Pero a estatística fala tamén nos termos medios (cousa que ADEGA e BNG non saben apreciar cando lles interesa), e ben sabido é polo aparato pseudoprogresista da UPG e o seu brazo ecolnacionalista que a maioría dos arrexuntados a GZNSV se sitúan á esquerda do BNG.

    E non hai nada peor para un nacionalista exaltado e de inculta verborrea reduccionista que o complexo de inferioridade que supón que a crítica veña lexitimada pola intrínseca esixencia da esquerda real. E xa se sabe, neso non lle teñen a que envexar ao nacionalismo español, se ben por motivos diferentes (xa se verá no futuro), o típico recurso á alusión á disidencia é o máis efectivo para desprestixiar o que xa de por si ten máis prestixio que o continuamente criticado (perdéronse as eleccións, para desgracia de todos).

    De roxos e masóns que se dicía, agora o trocan por fachas e españolistas.

  32. Bem, Alfonsinho, Castanhita e demais ralea pepera, agora tirastes a careta. Já sabia que o PP vos prometera umha “amnistia”, já sei quem estivo e quem nom na Mani de GNSV, já vejo como defendedes os vossos interesses pessoais e como pretendedes fazê-los passar por ambientais, sei perfeitamente quem e quem e o que fai no ecologismo, e vós,”ecologistas de um dia”, nom pintades nada e voltaredes às vosssas casinhas agora que conseguestes que nom vos toquem a leira, sei onde está seiruga e como está. Sei todas essas couasa que dezides que nom sei, o qual nom é muito saber, porque a “conciência ambiental” das associaçons de afectados é bem evidente
    Os vossos insultos e vossa excitaçom amossam que nom gostades de vos ver retratados como destructores da costa que sodes, e para além disso ofende quem pode, nom quem perde os papéis.
    “Como todos som iguais votamos nos de sempre”, sobre todo se nos prometerom amnistia de nom chantar-nos a grande desfeita para que podamos continuar as nossas pequenas desfeitas particulares.Sodes como os adegueiros do Ribeiro “procupadíssimos com a gestom do lixo” desde anteontem, como a chusma da variante interior de Noia (ou como a do viaducto, que tanto tem), ou como qualquer outra banda que lhe passem pola leira, que lhe dá o “ecologismo sobrevenido”, que sana mais rápido que um catarro.

  33. Sobre os erros ambientais do bipartito, particularmente boa a análise da política rural:
    http://www.vieiros.com/columnas/opinion/701/algunhas-papeletas-verdes
    Pouco hai mais que engadir

  34. Como está o ambiente? Como se poñen estes de Adega, por non gañar un partido político as eeccións? Nin que lle votaramos tod@s @s de a RGNSV, habían de gañar!. Pero se o ano pasado, na mani de febreiro eramos 5000, na praza da Quintana, e este ano pouco máis de 3.000, e algúns deles eran votantes independentistas, de NOS-UP. Pero de que van? A ver se os que non votamos BNG, temoslle que pedir disculpas a Adela Figueroa! Eu o 15 de febreiro, dixeno ven alto, Bloque, Psoe, pp a mesma . . é! E o 1 de marzo, iba votar nulo e o final non votei! Pero iso non me fai a min culpable de que gañara o PP, os culpables son as cúpulas do BNG e do PSOE. Que vaian freir esparragos! Ogalla desapereceran os tres, ou os 4, ou todos! Este Sistema non nos serbe! Goberne quen goberne, eu non me vendo!

  35. MIÑAS OPINIONS SON A TITULO PERSOAL E NON REPRESENTO COLECTIVO NINGUN,NIN PARTIDO POLITICO

    Ben dito Víctor Manuel,eu votei a IU sabendo que non pintamos nada os roxos nesta Galicia facha.
    E tampouco foi culpa miña o do PP,A culpa foi do BNG e do PSOE.
    Que seguiron coa dinamica imposta polo PP de recalificar o atlantico se facia falla.

    Eu votei pola unica muller Yolanda e unico candidato que dende o primeiro día estivo con GNSV.

    GNSVP???? PENSEI QUE ESE ERA O LEMA???

    E o final todos tiñan a sua quiniela electoral.

    Como diria un facha ¡manda huevos…

    http://tomaxculo.blogspot.com/

  36. Eu non sei que pensar de vós.Estou dacordo en moitas cousas, sei que Adega ten unha tendencia que non oculta, e non estou contento co que fixo o bipartito en materia ambiental;aínda que fixo máis que o PP dende logo, e tamén algunhas cagadas.Sempre é normal que queiramos máis, pero o que nos espera a partir de agora….e vós con xente do PP como a de Noia da variante interior non…de que pe coxeades?

  37. sorpredente e certamente tráxico, vérmonos a todos con este tono.
    Se nós somos os roxos e tolerantes… manda carallo
    non me estraña nadiña que a esquerda esteamos mirando cara o poder e chorando.
    Témolo merecido, pero por gilipollas, non porque medio país sexa facha.

  38. Oe ti Hermerico o como merda te chames!, xa che dixen que postos a descalificar todos sabemos arriar pola boquiña.
    Non es mais que un hitleriano de merda, non mereces nin vivir neste pais.
    Eu chamome Castañeta, e sempre me chamaron asi no meu povo. Son fillo de Castañeta e neto de Castañeta, veciño de Maria de Ausinde.
    Non me cambies o nombre por castanheta morea de merda.
    E con careta andara tua nai e mais toda a tua raza se tendes a cara coma lingua faibos falla.
    metete con maria santisma del altar se queres, conmigo nin me nombres. a proxima van ter que censurar, morea de esterco.

  39. Creo que algúns estades a meter a toda a Rede GNSV no mesmo saco. Non teño datos paar cuestionar se en Noia vanda man do PP ou non o van, pero en todo caso, e cousa do colectivo d eNoia, non da Rede. Por outra banda algúns afirmades que determinados partidos están ne Rede dende non sei cando. Non sei como nin donde, pero a Rede Galiza Non se Vende, non é partidista, aind aque hai algún colectivo aproveitado que sendo partidista, está an Rede, `pero coidado que nons e lle vexa moito o plumeiro. Na Rede están sendo un pouco blandos copn certas sensibilidades partidistas, e non pode ser. Non podemos ser o brazo social de ningunha organziación política con aspitacións electorais. Ogalla sexamos capaces, de reñecelo e ser coherentes. Non podemos deixar este asunto máis tempo ou imos acabar como ADEGA. por favor que se tomencartas no asunto

  40. Evidentemente non era esta a intención de Fusquenlla ao escribir este artigo. Fíxose por considerar que unha saída de ton de Adega ben merecía unha resposta por parte dos que nos sentimos aludidos como integrantes de GNSV; por ser a réplica un dereito lexítimo dos que se sinten agraviados.

    Seguimos crendo que a crítica é libre e beneficiosa para os que a practican, mesmo para os que a sufren. Mais a crítica debe sustentarse no respecto polos demais e na veracidade dos seus plantexamentos.

    Non parece ser este o comportamento de moitos dos que aquí de manifestan sobre esta cuestión. E resulta triste porque denota unha carencia aínda non superada dos que nos sentimos de esquerdas, dos que temos como prioridade a defensa de Galiza e da súa xente. A tolerancia debe ser unha cualidade intrínseca ao pensamento de esquerdas. Sen ela dificilmente podemos formar unha sociedade baseada no respecto mutuo. Abondan casos nos que certos partidos autocalificados de progresistas exercen o poder dende posiciòns de forza e menosprezo polos que non comparten as súas ideas.

    Isto é o que agora podemos apreciar nestas discusións cheas de insultos, desprezo e zafiedade. Podemos disentir pero sen recorrer ás prácticas habituais de partidos da prehistórica dereita. Un lector deste foro o resumía moi ben: “De roxos e masóns que se dicía, agora o trocan por fachas e españolistas”.

    Vellas prácticas con novas linguaxes. Compre superar estas deficiencias porque o que nos preocupa, a destrución do noso territorio, merece a unión das nosas forzas. Fusquenlla ten colaborado con Adega en diversas ocasións e espera seguir facéndoo no futuro. Porque tamén é certo que moitos afiliados a Adega merecen o maior dos respectos pola súa traxectoria en defensa de Galiza. E se temos que disentir, procuraremos facelo con clase. Con conciencia de clase.

  41. Acabámonos de enterar das mentiras e calumnias que escribiu sobre nós e outras plataformas veciñais unha persoa que non dá a cara aínda que imaxinamos de onde pode vir e que emprega o seudónimo “Galiza Xa Se Vendeu”.
    En primeiro lugar, temos que indicar que tanto a Plataforma de Seiruga Limpa como a de Merexo non pertecen nin perteceron ata o día de hoxe á REDE GALIZA NON SE VENDE e diso hai probas, pois nos carteis das 3 manifestacións nacionais que se atopan nesta páxina web ou naqueles que aínda hoxe están na rúa, como sucede na cidade coruñesa pódese comprobar e, se fai falla, os membros da Rede, nós mesmos, podemos ensinarlle a quen o desexe os 3 carteis das diferentes movilización onde aparecen todos os convocantes.
    Nembargantes, estas plataformas que están no seu dereito de estaren ou non na REDE GNSV, participaron, como outras, nas diferentes movilizaciós da mesma,(no caso da de Merexo en todas) e axúdáronnos na nosa loita (o que tanto a Rede como nós lles estamos moi agradecidos) pois era tamén a súa loita, contra o nefasto e brutal Plan Acuícola do bipartito, que era un dos temas prioritarios da REDE.
    Loitaron( nós sí os coñecemos, tanto aos que levaban o tema como a moitos veciños/as) porque non querían unha macropiscifactoría ou a ampliación enorme da que xa tiñan destruíndo a súa costa, fronte as súas casas,envenenando e destruíndo as súas praias, acabando ca súa fermosa paisaxe e patrimonio cultural así como ca forma tradicional de vida que tiñan que condenaría á pesca e ao marisqueo para sempre e impediría un turismo verdadeiramente
    sustentáble e respetuoso cun entorno tan sensible como martavilloso que as distintas administracións deberan defender.
    Cando as plataformas, entidades sociais os veciños/as solicitan axuda, información ou asesoramento, ningunha entidade ecoloxista, ninguén , debe preguntarlles a quen vota cada un deles, de qué partido son ou se non votan ou votan en branco etc. Non é a nosa función. Simplemente, se podemos,axudámoslle ou lle procuramos axuda. O ideal é que os veciños/as e os ecoloxistas ou os defensores do patrimonio loiten sempre xuntos contra os “talibáns” do litoral e do territorio de Galiza.
    En terceiro lugar, no Comité de Defensa das Rías Altas, non somos tres, como dí este cidadán/ana tan mal informado senón que entre os membros e os colaboradores do mesmo agora somos bastantes máis aínda que sempre pensamos que é mellor non ser moitos e ata ser moi poucos pero si ser libres, moi activos e independentes, E NO NOSO COMITÉ NON EXISTEN SUBVENCIÓNS POR PARTE DE NINGUNHA ADMINISTRACIÓN OU ENTIDADE, NIN EXISTE A FIGURA DE “LIBERADO”, non pode estar ninguén que pertence a algún partido político ou sindicato e todos os gastos os pagamos do noso bolsillo.
    En cuarto lugar, Brasilia non solicitou ás competencias ambientais para o Estado, senón que foi a promotora da idea que contou co apoio de todo o Comité e despois da práctica totalidade do ecoloxismo galego que traballaba no litoral(destacando a mesma FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA, ONDE ESTÁBA E ESTÁ ADEGA entre outras entidades)de que “o Ministerio de Medio Ambiente se fixera cargo dun xeito excepcional das competencias da costa galega e maneira plena e exclusiva mentres non se tomen as medidas e os instrumentos necesarios para unha axeitada e sostible ordenación e xestión do litoral galego, no que prime o interese xeral e non o ecomnómico, e no que se garanta a protección integral da costa, e , en particular, os espazos protexidos das REDE NATURA 2000, así como os lugares de interese cultural, social e paisaxísticos que ten este litoral, amparándose nos Artigos 45, 149.23ª,150.3 e 155 da Constitución” como aparece nun documento asinado por todos nós dirixida á ministra de Medio Ambiente,Sra Narbona, selado na Demarcación de Costas de Galiza con data 8 de agosto de 2006 que temos copia e que foi acompañado dun grande dossier con documentos, fotos , proxectos e plans nefastos do litoral galego nun momento onde o bipartito non tiña demostrado sensibilidade nin interese algún para protexer a costa virxe e os espazos protexidos da mesma, retirara a protección dos 500m non provisionais das rías altas da Xunta anterior, non contestaras ás nosas cartas e demandas e deixaba arrasar co litoral da costa de Lugo, Fisterra etc.
    Lémbrote que no programa da campaña electoral anterior os socialistas non tiñan ningún Plan de Protección Integral do Litoral, só da Paisaxe e o BNG nin eso que nos sepamos.
    Costas ten competencias compartidas ca Xunta no litoral e se ésta QUERÍA DESTRUÍLO COMO XA SE DESMOTROU despois cos diferentes Plans: Acuícola, Portos Deportivos, Sectorial de Vivenda, Residuos, Infraestruturas, etc.e ca trampa da moratoria dos 500m. do litoral que era provisional, non de interese supramunicipal, nacional e europeo como debera ser e que flexibilizara servindo aos intereses das promotoras e co obxectivo de cementalo miserablemente e pouco a pouco tralas eleccións como sabemos ben é lóxico que presionáramos e lle lembráramos a ese Ministerio a súa obrigación de salvalo apoiándonos na LEI DE COSTAS E NA MESMA CONSTITUCIÓN, que cumpriran coa súa obrigación e non nos deran a entender que non podían facer nada.
    Non contestaron aínda que lles pareceu ben a idea, segundo nos informaron oralmente e lles gustou outro escrito onde os ecoloxistas especificábamos autras medidas urxentes para salvalocomo a protección da faixa costeira dos 500m entre outras moitas medidas específicas e melloralo.
    En quinto lugar,nin Brasilia nin ninguén fíxolle o pasillo a “Feijuey”, tal vez ti non sepas que foi perseguida e acosada dun xeito brutal baixo o goberno de Fraga e que estiveron a piques de botala do traballo inxustamente cando pertencía a unha asociación veciñal, que despois foi perseguida polo goberno bipartito, que este Comité (e algúns anteriormente)participou e organizou distintas mobilizacións baixo o goberno da “dereita” e logo baixo o goberno da “esquerda”e propuxo as 3 mobilización da REDE GNSV que se fixeron porque eran moi necesarias e seguro que outros o farían tamén, que denunciaron ante a mesma FISCALÍA DE MEDIO AMBIENTE DE MADRID conxuntamente con outras entidades ecoloxistas, entre elas Adega( asistiu un dirixente de Ferrol que aora traballa en Verdegaia) arredor de 200 denuncias que eran verdadeiros atentados contra a natureza ou territorio cando gobernaba Fraga,en marzo e xullo do 2002,elaborando o Comité un enorme dossier de probas, documentos, informes e fotos, mais todo quedou impune e se arquivou ao ano e medio despois , a pesares do compromiso do fiscal, Sr. Valerio que definiu como ” un salvaxismo” o que sucedía na nosa terra e que dependía do Sr. Bermejo.
    Os compañeiros da variante de Noia tamén foron acosados, entre outros, e teñen dereito de defender a opción que consideran menos mala aínda que xa saben o que pensamos algúns pois unha ponte pola ría tampouco a vemos como solución polo impacto brutal paisaxístico e visual así como sobre o marisqueo e a pesca, non sabemos se fora subterránea se sería a solución.
    Adega estaba na Rede como eles e non ouímos ningunha opinión en contra dese proxecto nas asembleas por parte dela.

  42. Gracias a todos en xeral, e gracias en particular a Brasilia por ese feixe de información facilitada, case me colapsas o correo.
    Gracias tamén por estar sola con nos en moitas das manifestacions que a “motu propio” temos feito.
    Gracias pola tua entrega para con nós.

    Non vou entrar o trapo,e comentar sobre as descalificacions personais. O tempo pon a cada un no seu sitio.

  43. Lendo o artigo-río de Brasilia queda clara unha cousa: que vive nunha realidade paralela. É a María Pita do ecoloxismo coruñesista, subida nas barricadas coa constitución española na man. A ver se na RGNSV tedes un pouquiño de vergoña e miramos ben a quen temos ao lado e que discurso gastan.
    E si como di a Sra. Brasilia, o seu comité familiar de defensa das rías altas non está na RGNSV, que os responsábeis da páxina web o borren da listaxe de colectivos. Ou nen sequera se sabe que colectivos estamos na rede?

  44. Realmente esta esta sendo umha mala leiçom de ecologismo

  45. Castanhita, nom te alteres, fuches ti quem começou a insultar, agora nom te queixes, ofende quem pode, nom quem quere, vá! a ranhá-la

  46. E dalle, CASTAÑETA.
    No meu primeir comentario critico , equivocadamente, a Alexandre. Logo pedinlle disculpas , que reitero.
    Ti ,Her-borrico, no teu comentario seguinte o meu dis (sic) “E o mesmo para tí Castanheta, carne do voto de cacique”.

    Unicamente que Alexandre e ti sexades a mesma persoa, extrañame , Alexandre non é tan mal falado.

    Mira ben, se queres . Antes de falar pensa o que dis. E son CASTAÑETA , Her-borrico.

  47. A Fusquenlla:

    Abristes a caixa dos tronos pretendendo dar leccións de ecoloxismo cunha crítica desproporcionada e inxusta a ADEGA, e agora templades gaitas ao atoparvos fronte aos vosos cadáveres do armario. Lin o documento de ADEGA sobre o suposto “ataque” á RGNSV, e máis aló de feitos que todos os que levamos tempo nisto do ecoloxismo coñeciamos (e calabamos por vergoña), ninguén da RGNSV comentou os contidos e as propostas que se fan, nen se ocupou de sair para plantarlle cara ao PP.
    Concordo na apreciación de que esta leria fratricida está a facer un gran dano ao ecoloxismo cando debería dar unha imaxe de unidade fronte á involución que se nos vén enriba. O tempo, certo é, poñerá a cada quen no seu sitio, e na primeira liña de defensa xa non veredes aos que logo de brindar con champán, adicáronse a difamar e insultar en canto foro teñen a man.
    Por que será que votaron ao PPdG? (tararear como a cancioneta da primeira manifestación)

  48. As institucións, os partidos , as asociacións e colectivos , todos teñen cousa boas e malas , todos teñen xente competente e inutiles. Os proxectos non son bos ou malos polo partido ou persoa que os defenda, senon polo proxecto en si. Creo nas persoas mais que nas institucións. As críticas estan ben e discrepar tamén sobre todo cando estan ben argumentadas. Eso fai que o mundo siga para adiante. ¿ E que solo poden criticar os políticos e certos grupos ecoloxistas? Non somos borregos , eso e o que queren os partidos e certas agrupacións , xente mansa e docíl ( si buana…). Non xulgo as persoas polo que votan. Dun tempo a esta parte opoñerse a un proxecto respaldado por un partido significaba pasar automaticamente a oposición . Esa era a tactica do sr. Pachi Vazquez. Estou totalmente da cordo co que di o post do comite da defensa das rias altas:

    “Cando as plataformas, entidades sociais os veciños/as solicitan axuda, información ou asesoramento, ningunha entidade ecoloxista, ninguén , debe preguntarlles a quen vota cada un deles, de qué partido son ou se non votan ou votan en branco etc. Non é a nosa función. Simplemente, se podemos,axudámoslle ou lle procuramos axuda. O ideal é que os veciños/as e os ecoloxistas ou os defensores do patrimonio loiten sempre xuntos contra os “talibáns” do litoral e do territorio de Galiza. ”
    Non se pode expresar mellor.

  49. A primeira victima do PP vai selo cabo Touriñan, pensan acabar co entorno con unha macropiscifactoria de Pescanova, estaba na rede natura do UE e agora imos perder uns dos lugares máis caracteristicos de Galiza e gañamos catro curritos miseros do carallo a cambio. Alguen vaise cos bolsillos cheos, seguro que sí.

  50. Ecoloxismo apolítico?…todos sabemos do pé que coxean os apolíticos…
    Anarquistas, independentistas, comunistas, peperos(todos mesturados en GNSV) teñen puntos en común no ámbito do ecoloxismo…resulta curioso!
    Vendo os comentarios sexistas e homófobos da xente que apoia esta rede sábese ben a clase de xente que son…
    Agardo ver as vosas movilizacións nesta próxima lexislatura.

  51. A ver alicia, iluminame:

    ¿ De que pé coxeamos @s anarquistas ” apolíticos”?
    ¿ Que é iso que sabemos tod@s?

  52. Un paso máis, agora, ademáis de fachas e anarquistas, tamén hai sexistas e homófobos.

    Oes, sodes os da rede GZNSV uns depravados ou que?

  53. O que si está claro é que a campaña antiGZNSV xa ten director e está completamente orquestrada.

    Noraboa, tedes unha capacidade de mobilización que xa quixeran os demáis. Agora toca preguntarse por que, se en realidade a rede é un sumideiro no que son protagonistas o PP, os homófobos, os sexistas, e non sei qué trapalladas máis, se cadra masóns e exorcizados, segue sendo ADEGA a única organización que decidiu deixala e continuar coa falacia e o insulto cara o resto de ecoloxistas que aquí se agrupan.

  54. Non paran estes luras dos partidos de cuspir contra o vento!

    O que sabemos de boa tinta é o que hai nos partidos aos que obedece a caterva que destrúe este país. E penso que, salvo anarquistas -cousa moi digna nos tempos que corren- alí é onde hai que buscar toda esa merda que vos sae pola boca.

  55. o problema dos partidistas (vantaxistas) como a Alicia é que sempre confunden a política coas asociacións lamentables ás que pertencen.

    Na Rede non somos apolíticos, ninguén dixo iso nunca. O que non somos é uns vendidos.

  56. Alicia, mal, assim nom. Existe nacionalismo fora do BNG, melhor dito, o verdadeiro nacionalismo está fora do BNG. E TODO o ecologismo está fora do BNG, ainda que agora toca disfarzar-se de ecologista aos bloqueiros.
    Com certeza há muita merda nas manis de GNSV, como dixem acima, mas essa merda vem e vai ao ritmo das mudanças de governo e da finalizaçom dos conflitos. O que importa e a gente que está sempre, governe quem governe, porque a defesa do ambiente e dumha vida digna em equilibrio com a natureza está por cima de qualquer ideologia.

  57. Quixen entender que Susete70 defendía un ecoloxismo apolitico(non apartidista, que eso é outra cousa). Tamén Alfonso Vidal Varela fala dos que están politizados coma se eso fose unha tacha.
    En canto á homofobía non hai máis que ver o comentario a berros de Susete 70:”HERMERICO SE AGACHAS E TE VES CATRO HUEVOS NON É QUE SEXAS COJONUDO, E QUE ALGUÉN CHE ESTÁ DANDO POR CULO”. Se esto non é homofobia…
    Tamén había outro por ahí que mentaba aos fillos sen pai que ahora paso de buscar quen é pero se lestes todos os comentarios seguro que tamén o veriades.Esto non é sexismo?
    O dito veremonos nas próximas movilizacións contra o goberno do PP

  58. Alicia, non sabes distinguir entre a xente que escribe nos comentarios e aos autores dos post?
    Quere dicir que ti tamén es de GNSV por escribir nesta páxina?

  59. Se nun post se critica as posturas de GNSV, saen un cento decindo que o autor ou autora é da UPG mais se outro post defende a GNSV non se debe pensar que é membr@ desa rede???

  60. Eu despoi de ler todo so unha reflexion: “Si os meus amigos non os miro polo seu cor politico, os que me gobernan so os miro polos seus feitos, pois os unicos que queren que o que fan se mire polo cor politico ou partidista o que pertecen son os representantes ds partidos politicos pra non ter que pechar o seu CHIRINGUITO ou que non nos demos conta dos inutiles que nos gobernan”

  61. Alicia, eu non me referia os compoñentes da organización. Mais ben a organización en si mesma, como ente.
    Cada quen pode e debe ter a suas propias ideas politicas, faltaria mais.
    A idea de “Asociación ecolóxica” debe estar por encima destas tendencias “politicas”.
    Hai organismos e asociacions que , a pesares de que os seus responsables sexan de corte politico mui definido, deben de permanecer “puros” no seu obxetivo.
    ¿Ti imaxinas que o xuiz que me xuzgase fose do PP e eu do BNG (ou viceversa), e que dictase sentencia en base as suas “ideas politicas”?, xa non queria nin avogado de oficio. Pediria o traxe de raias pra ir aforrando tempo.

    Cambiando de tema. ¿Sabe ADEGA que en Malpica estamo-nos a defender ante, a mais que posible , extracción de 102.000 metros cúbicos de area da praia de Seiruga?. Parece ser que a esta praia non paran de choverlle ameazas.
    ¿Qué dixo, ou ten que decir ADEGA ao respecto?, ¿presentou alegacions?,¿puxose en contacto con alguén?. O dragado , se non se remedia, empezara o día 1 de Abril, dentro de 18 dias.
    Fai un mes chamei a Greenpeace, Sebas , e ainda estou esperando novas.
    ¿Qué pasa coas Organizacions ecolóxistas?, ¿por qué , na maioria dos casos somos nos, o povo, os que temos que dar a voz de alerta e pedir axuda?, ¿non deberia de ser o reves?. Recordo que estes proxectos son de exposición pública e ,o que mais ou que menos, non temos acceso a este tipo de información , xa que non e algo habitual nos nosos traballos.

  62. Os galegos está claro que somos un fato de merdáns incapaces de pór un berro común. Teñen que fodernos vivos coma cando o Prestige para saír á rúa como se debe. Estou farto da manipulación que facedes algúns don non asociados ou alistados, e paso a explicarme:
    son galego por riba de todo, galeguista e ecoloxista, fun coller o puto chapapote, fun ás manifas de Nunca Máis e asistín á última de GNSV e estrañei a presenza de ADEGA, porque eu, inocente de min, penso que a terra está por encima da puta política manipuladora. Esa manifestación estaba convocanda antes de saberse a data das eleccións e o seu lema era claro. Soportei comentarios retranqueiros de non nacionalistas dicíndome que me ía manifestar contra o “meu” goberno, e de nacionalistas de postal do BNG chorando que non era o momento de se manifestar, probablemente bloqueiros dos que sobran neste país, os que medran ao abeiro dos partidos dos que chuchan, sen importarlles unha merda, como lles importou a eles (o funesto Pachi e o tan ben valorado Blanco, a srta Caride, etc etc) estes 3,5 anos no goberno a xente que se foi manifestar a Compostela. Fun un dos que se sentiu decepcionado, porque achaba que no BNG habería voces contra a desfeita ecolóxica constinuista do cancro do país, a dereita capitalista que se aproveita da dereita por analfabetismo (un 80% dos seus votantes), o PP que agora volverá coa súa política de terra queimada.
    Onde estaba ADEGA, porque non estaba connosco? Porque calou a boquiña cando Pachi os untou ben untados con 100.000 euriños para os seus gastos se calaban a boca contra as minicentrais? Quero unión dunha puta vez, sentinme manipulado por GNSV porque agora tamén cala, conivente co que vén agora, con Touriñán e co viaducto de Noia, coas canteiras do Courel e coa promesa dun concurso eólico aínda máis terríbel. E REGANOSA? Pois mellor aínda para eles… Somos un pobo analfabeto, dividido, ignorante e interesado no mal sentido da palabra, minifundista mental. Fun votar a pesar da decepción para intentar axudar a evitar o inevitábel, porque o urxente é primeiro, o importante despois, pero nin así, este pobo educado e informado (nótese a ironía) falou. Quero que os galegos saiamos á rúa XUNTOS e nos fagamos ouvir, non quero reivindicacións de comunidade de veciños, damos un espectáculo lamentábel, até as asociacións ecoloxistas andan a rifar, é de noxo.
    GNSV, e a nova manifestación para cando? Cando os bulldozers comecen o seu traballo? ADEGA, cando ides pedir desculpas pola vosa conivencia co bipartito nos seus abusos ecolóxicos? Paciencia, ratos, que ardeu o muiño! Agora imos cagar por nós pero de verdade…

  63. Mentres haxa ecoloxistas de postín ao servizo dos nacionalistas de salón e garavata, de cí, imos de cú. E si, concordo que despois do vivido en Compostela o 15 de febreiro, o ecoloxismo en Galiza é equivalente a dicir “non na miña leira”. É dicir, aquí hai para todos, e reitero, é de noxo e concordo ao 100% con Ornitólogo, que lástima de país e que lástima de xentiña. ADEGA ao servizo do pailanismo de mellor estes males menores d ecerto sector do BNG, vendéndose como non se pode vender un ecoloxista, e senón que saian a desculparse pola súa conivencia nestes 3,5 anos… e GNSV, por non saber dar unha imaxe coherente e unha voz unánime, con asociacións integrantes que son contraditorias con plantexamentos realmente ecoloxistas. Para cando un Iniciativa por Galiza – Os verdes ao estilo de IC-Els Verts? Ah, esquecía que somos un país ubdesenvolvido e mal educado.

  64. Alicia, nisso tes razom, homófovos e machistas, normalmente coincidem com a merda que entra e sae do “ecologismo” segundo lhe entrem ou lhe saiam da leira. Já ves como insistem em que os ecologistas acodam veloces e entregados a defender a sua imcomparável leirinha, que para isso estám , faltaria mais
    Nacho, nom existem partidos ecologistas, terias que informarte um pouco do que fam esses IC-Els Verts no governo catalám, levam a conselharia de interior, da que já teras ouvido falar.

  65. Pois non, recoñezo que non sei con profundidade o que fixeron na súa Consellaría de Interior, pero si teño seguido ao seu parlamentario en Madrid e coñezo Cataluña, e a súa destrución ecolóxica non foi peor da que padeceron outras zonas de Europa con semellante desenvolvemento económico, e que agora cando menos xa se lle botou freo, e aquí, que levamos 30 anos de atraso con todo, pois con iso igual, aínda nos queda moito que escarallar antes de frear.

    Se non existen partidos ecoloxistas, pois peor mo poñes no que toca a ADEGA, porque se esforzou bastante en non levar a contraria ao goberno da Xunta nestes anos, ou mellor dito, á parte do goberno que levaba o Bloque, en alusión directa a Industria, o que para min foi unha tremenda desilusión, é dicir, xogaron á política, que aqui ten ben pouco de ético e ecoloxista. Algo tería que falar ADEGA de como compraron o seu silencio para seguir adiante co abuso das minicentrais, cun presidente de Augas de Galicia mantido no poder polo Bipartito e que viña de antes, igual que a baixada de pantalóns ante REGANOSA. Eu xa non sei que pensar, dime ti, Hermerico, temos alguén en quen confiar? Greenpeace, por pór un exemplo, é demasiado grande para ter en conta a nosa singularidade, pero serían os únicos con capacidade obxectiva para xulgar a desfeita que se fai aquí. Infelizmente o Bipartito non se soubo defender da merda que lle botaron enriba na campaña, pero ese non é o tema aquí. A min que me expliquen a súa claudicación, era necesario invadir a rede natura co concurso eólico? Por que non impediron o que se aveciña no Courel? Reganosa? Corrubedo? Ribadavia?… Dime ti se isto non é a mesma merda. Hermerico fixo da negociación cunha Roma decadente o seu Reino novo, se cadra con intención de poltrona, como fixeron estes, meu, son paifocos da política.

  66. Por certo, GNSV, fun convosco a Compostela e levei unha decepción grande na convocatoria, heteroxénea e un tanto folclórica. O lema era xusto, e era xusto o que pensaba, que Galiza non se tiña que vender á política de merda, estea quen estea no cargo. Non vexo utilidade en defenderse de ADEGA, e si a vexo en chamar a ADEGA a se manifestar contra o que se nos vén eriba. para cando unha nova convocatoria? Para cando a fin desta pantomima das asociacións FEG por un lado, e outras asociacións polo outro? É que a ecoloxía é política? Levar a ecoloxía á política é unha cousa, que a ecoloxía se politice, outra moi diferente.
    Chamádeme inxenuo. Agora xa podedes cargar contra min os dun lado e os do outro, porque teimastes en crear bandos cando nisto non debe habelos. E ollo cos axentes dobres que tedes metidos na rede, moito sicario de Galicia Bilingüe hai por aquí que confunde o touciño coa velocidade, e eu con eses non saio á rúa.

  67. Engadimos Galicia Bilingüe coma axente dobre que dirixe a rede GZNSV, xunto con homófobos, sexistas, fachas e .,. xa perdín a conta.

    Nacho, vexo correcto chamar a ADEGA a se manifestar. Fíxose, viñeron, viron que non pintaban nada nin podían manipular, e polo tanto, se foron. Como Xulio Cesar, pero non venceron. O que veu despois foi a farsa sobre as intencións xerais de GZNSV, e por parte dun colectivo que integra esta rede, respondeuse pola contra cunha gran verdade, que ADEGA responde, en determinadas cuestións politizadas, aos intereses do partido que a controla cando non se trata de facer ecoloxismo puro. A UPG.

    Iso é unha verdade, o que se verque sobre GZNSV é unha farsa, e defenderse con datos é un dereito, de utilidade sobretodo.