Unha nova ameaza á planta de gas
O pasado xoves 27, ás 19 horas producíuse, na comarca de Ferrol, un tremor sísmico de intensidade 2,6 na escala Richter, orixinado a 16 quilómetros de profundidade baixo as augas e cuxo epicentro sitúase na mesma boca de Ría.
A páxina web do Instituro Xeográfico Nacional ubica o epicentro en MUGARDOS, e sinala que malia a súa curta duración foi detectado con intensidade en diversos lugares dos concellos de Ferrol, Mugardos, Narón, Valdoviño, Cedeira, Arteixo, Oleiros e a propia cidade da Coruña.
Xa en abril do 2006, un terremoto de magnitude 5, cuxo epicentro localizouse 60 quilómetros mar dentro, fronte ao litoral norte coruñés, sentíuse especialmente en Ferrol e a súa zona de influencia.
Desde o Comité Cidadán de Emerxencia vemos con enorme preocupación este tema, xa que cunha Planta de Gas ubicada temerariamente no interior de nosa Ría, ao carón das nosas casas, de producirse un seismo de gran intensidade, cun epicentro próximo, os efectos devastadores sobre a poboación e sobre a comarca veríanse tremendamente multiplicados.
Un motivo máis para engadir á longa lista de ameazas desta Planta de Gas, e que reafirma a irresponsabilidade de cantos decidiron a súa ubicación e de cantos contribúen a mantela ao borde da nosa Ría.
Un motivo máis para seguir proclamando:
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA !!
Enlace a web do Instituto Xeográfico Nacional
http://www.ign.es/ign/es/IGN/Sismologia10Espana.jsp
Enlace á noticia en La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/02/28/0003_7558993.htm
Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
A falla que mexeu o outro dia baixo Ferrol é a mesma que pasa por baixo da neolagóa de As Pontes. As fallas non se moven á vez senon por anacos. O que quere dicir é que está viva como xa se dixo hai moito tempo. Os años de toda Galiza calan, mortos de medo porque non lles acaia a eles problema ningún e mentras sexa aos demais. acougan. E mentres a lagoa sigue acugulando auga e todos veciños e politiquiños seguen calados e ollando para outro sitio. Oxalá nunca ocorra nada pero os nosos dirixentes e os empresarios non lles importa nada porque eles están lonxe dos perigos e o que haxa que reparar farase cos artos de todos nos depois eles teren apartado as suas ganancias e salarios.
Galiza non se vende con Freijoo estará en liquidación
GNSV puxo a Terra e o Mar de Galiza por riba de calquera submisión partidista.
Foron as organizacións gubernamentalistas, quen abdicaron da defensa da terra para dedicarse a outros labores. Pódese dicir que o seu “pragmatismo politiqueril” é a nosa miseria.
Adiante GNSV, sen partidos.
Terra viva e vida digna para todas!