Pages Navigation Menu

Verdegaia denuncia o verquido en Pontesampaio de entullo proveniente das obras do AVE

A asociación ecoloxista Verdegaia vén de denunciar ante a Delegación provincial de Pontevedra da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o verquido ilegal de perto de cen camións cargados con entullo -que provén das obras que se están a realizar para a construción da vía do AVE- no Monte da Caritaina, lugar do Rañadoiro, na parroquia pontevedresa de Pontesampaio.Así mesmo, Verdegaia solicita que non se legalice este verquido, que se restableza o estado natural do lugar onde se realizaron os verquidos e que se persega aos autores desta ilegalidade.

3 Comments

  1. Xa que non nos deixan facer NADA e todo se lles vai en aparentar o que non son, e o desenvolvemento insoportable segue camiñando a bo ritmo, grazas ó Conselleiro Trapalleiro!

    Xa que nada serve para nada:

    ¿ POR QUE NON PRANTAMOS ARBORES ?

    http://www.plantemosparaelplaneta.com

    Cando menos, daríamos algo de sombra…!

  2. ¿Cuando nuestros políticos dejaran de hacer demagogia con el saneamiento de nuestros ríos y nos presentaran unos ríos en Ourense ciudad saneados de verdad?

    El vertido de ADIF hizo que el Miño
    perdiera su potabilidad
    El gasoil presente en el agua duplica el máximo permitido para consumo
    humano
    Miguel Ascón 4/6/2008
    El vertido de 50.000 litros de gasoil desde un tanque de ADIF a la red de
    alcantarillado llegó al Miño haciendo perder la potabilidad de sus aguas. Esta es
    una de las principales conclusiones del informe elaborado por el colectivo
    ecologista Adega y adelantado ayer por La Voz. Este documento destaca que la
    presencia de hidrocarburos llegó a ser de 0,11 miligramos por litro, con lo que
    se doblarían los parámetros permitidos para el agua potable de tipo A1, es
    decir, aquella destinada a consumo humano que va a recibir un tratamiento
    físico simple de filtración e desinfección. La normativa establece para esta
    categoría un máximo de 0,05 miligramos de este tipo de compuestos por litro.
    La muestra citada se corresponde con líquido recogido en el Miño en las
    inmediaciones de la depuradora. Otra de las evidencias analizadas, tomada a
    kilómetro y medio aguas abajo de ese punto, también supera los parámetros
    permitidos para el tipo A1. En este caso la concentración de hidrocarburos fue
    de 0,09 miligramos por litro.
    Sin embargo, ambas muestras -tomadas el día 28 de abril, tres jornadas
    después de que la depuradora detectase el inicio del vertido- sí tendrían los
    niveles permitidos para el agua del tipo A2, es decir, aquella que precisa de un
    tratamiento físico-químico para poder ser consumida por humanos. En ese caso
    el límite está en los 0,2 miligramos por litro.
    Sumidero y talleres
    Si los niveles de hidrocarburos son altos en las aguas recogidas del Miño, más
    aún lo son en la muestra tomada en el sumidero desde el que la planta de
    tratamiento de Reza vierte las aguas después de pasar por el correspondiente
    proceso de depuración. En ese lugar la concentración de hidrocarburos fue de
    0,40 miligramos por litro. En este caso es importante decir que el líquido fue
    recogido el día 30 de abril, es decir, ya cinco días después de que los
    responsables de la depuradora detectasen la entrada de gasoil.
    La presencia de combustible es todavía mayor en las muestras de tierra
    recogidas en los talleres de ADIF en O Peliquín, donde se encuentra el tanque
    del que partió el vertido de gasoil. «A mostra de terra contaminada con 19.800
    miligramos por quilogramo é moi elocuente. Case vinte gramos por quilo, é
    dicir, un 2% de terra é hidrocarburo», dice el informe.

    mais informacion en
    http://www.adega.info

  3. Teño 22 anos e vivo no Rañadoiro dende que nacín. O monte da Caritaina é un fermoso monte cunhas fermosas vistas, onde tódolos nenos xogamos dende cativos, tamén hai un cerrado onde se están a criar coelliños para soltalos no monte, debido ós incendios.
    Para informarvos un pouco da nosa situación, voume remontar a unha das últimas reunións que se celebrou en Pontesampaio. A xente de Rañadoiro é e foi dende sempre para Pontesampaio “xente da aldea” ou mesmo uns “paletiños” o que eles non recordan e que meus antepasados e moitos veciños lles mataron a fame. Pero iso non importa agora. Como ía dicindo, nunha desas reunións que se celebraron hai dous meses, reuníronse na “Casa da Cultura” de Pontesampaio os veciños de Rañadoiro, Vilar, Acevedo e Pontesampaio (creo que Canicouva tamén). Fíxose unha votación a man alzada para votar sobre o tema do escombro, cal foi a miña sorpresa cando vexo varios casos de 4 ou 5 persoas da mesma casa votando a favor de que nos enchan o monte de pedras e escombro.
    Os veciños de Rañadoiro plantexaban que eses escombros se vaciaran nunha canteira que hai abandoada pouco mais de 800 metros do monte da Caritaina, na carretera que vai dende Rañadoiro hacia Xustñans, pero como somos uns paletos aldeanos… Temos que agachar a cabeciña.
    Polo que escoitei tamén nos van pechar o tramo de estrada que vai dende Pontesampaio ata Rañadoiro, así que nos teremos que desviar ou ben por Acevedo ou ben polo Vilar. ¿que vos parece?
    Creo que a autovía é algo necesario para todos nos, claro que sí; nembargantes, penso que tamén se poden tomar outro tipo de alternativas (xa que as hai) para evitar danar o noso monte.
    É verdade que os políticos son políticos, pero eles non gañan nada facendo do noso monte unha escombreira, perden moitos votos.
    Ogallá se tome outra alternativa. Sería todo mais doado se as 45 casas que forman o Rañadoiro tivesen o apoio dos veciños, sobretodo de Pontesampaio.
    O peor é para nós, e se temos que tirarnos na carretera para defender o noso monte, TIRARÉMONOS!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.