Verdegaia Presenta alegacións ó procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica das DOT

O pasado día 17 de novembro, verdegaia remitiu ás Consellerías de Política Territorial, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable e Presidencia, ás alegacións ó procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica das Directrices de ordenación do Territorio de Galicia nas que solicita a retirada do documento por incumplira a lei 9/2006 de Avalaición Ambiental EstratéxicaPara esta asociación a elaboración deste documento supón un paso importante paso adiante porque estamos ante un proxecto, de análise da realidade, e de busca das mellores opcións de desenvolvemento territorial, a través da articulación de canles de mellora social, ambiental e económica, dentro da rexión galega.

Verdegaia considera que a elaboración das DOT debe partir coa finalidade de conseguir que a ordenación proposta sexa:

* Equilibrada
* Xusta

  • Xusta dende o punto de vista social, é dicir, que parta da busca de localizacións de actividades ambientalmente conflitivas, en lugares que eviten desigualdade social e/ou territorial.
  • Xusta dende o punto de vista espacial, é dicir, que plantexe a distribución de custes (incluídos os ambientais), dende o obxectivo dun reparto igualitario no territorio.
  • Xusta dende o punto de vista ambiental, é dicir, que busque evitar o impacto desigual e desproporcionado das ameazas socioambientis sobre os grupos de poboación máis desaventaxados e, polo tanto, máis vulnerables.1

Verdegaia, considera que este documento, debe conformar o marco referencial para todas aquelas políticas sectoriais que supoñan un impacto para o territorio, e ser unha aposta por un desenvolvemento sostible real para Galicia. Porén, hoxe por hoxe, unha boa parte destes planos sectoriais están xa redactados e en distintas fases de tramitación, dos procesos administrativos, das distintas consellerías. Esta realidade, réstalle credibilidade ás DOT, pero o que é máis importante, réstalle capacidade de actuación, e polo tanto calcifícaas como ineficaces.

O feito de ser un documento de referencia require, para o seu deseño buscar un amplo consenso social, no que a participación cidadá vaia máis aló dun proceso consultivo, coma o que se puxo en marcha ata o día 15 de setembro de 2008, data a partir da que a Consellería de Política Territorial, decidiu cortar este mínimo proceso de consulta, desmembrando o procedemento administrativo da Avaliación Ambiental Estratéxica, xurdido tras a entrada en vigor da Lei 9/2006.

Esta feito leva a Verdegaia a remitir un documento de solicitude de información á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, á Consellería de Política Territorial e a Consellería de Presidencia, do que só recibiu contestación da primeira.

Así, a asociación Ecoloxista Verdegaia solicita:

1.

Á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que actúe de oficio, dado que o seu Documento de Referencia ó respecto das DOT, está emitido o 16 de setembro de 2008, un día despois á da aprobación inicial por parte da Consellería de Política Territorial, tal e como explica a propia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, na contestación emitida, da antedita solicitude de información de Verdegaia.

A contestación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sustentable, ven a reflectir que o Informe de Sustentabilidade Ambiental, necesario para a aprobación inicial das DOT, emitiuse por parte da Consellería de Política Territorial, ó marxe dos criterios e nivel de detalle requiridos polo Documento de Referencia da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, motivo polo que, o procedemento administrativo das DOT recae nun vicio procedimental que anularía a devandita aprobación inicial.

2.

Por outra banda, solicita información á Consellería de Política Territorial sobre o cumprimento da tramitación establecida para o documento de avance das DOT, que estivo sometido a un proceso de alegacións, que boa parte delas seguen aínda sen resposta, segundo información recibida por esta asociación, polo que, parece, que este novo documento de DOT non conta cunha fase de avance aprobada.

3.

Solicita a anulación do procedemento e propón que o documento das DOT, sirva como base de traballo, a partir do que xerar un proceso de participación real, artellado no territorio galego, que analice verdadeiramente as demandas e as necesidades, integrando criterios de xustiza social, espacial e ambiental.

4.

Que unha vez sometido o novo documento de DOT (co máximo consenso e nivel de participación posible), cumprindo cos prazos establecidos pola Lei 9/2006, e acadada a aprobación definitiva, estas DOT pasen a converterse no marco referencial e vinculante do que xurdan todo o resto de planos e programas sectoriais. Desta maneira daráselle senso e coherencia, credibilidade e practicidade, a un documento, que doutra forma non deixará de ser unha declaración de intencións que ocupe un espazo físico ou virtual
…PORQUE ONDE VIVIMOS, A NÓS, SI NOS IMPORTA.

1Baseado en publicacións de: Joaquín Bosque Senra, ConceptciónDíaz Castillo e Mª Ángeles Díaz Muñoz. Departamento de Xeografía da Universidade de Alcalá.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.